Hector Barbera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHector Barbera

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento (es) Hector Barbera Vall Editar o valor em Wikidata
2 de novembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Dos Aguas, Espana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion piloto de motociclismo Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela e lingua catala Editar o valor em Wikidata
Deporte Motociclismo de velocidade
Trial Editar o valor em Wikidata
Numero deportivo 8 Editar o valor em Wikidata

Facebook: hector.barbera.16 Twitter: HectorBarbera Instagram: hectorbarbera8 Editar o valor em Wikidata

Hector Barbera Vall , nado en Dos Aguas ( provincia de Valencia ) o 2 de novembro de 1986 , e un piloto de motociclismo que corre en MotoGP . Actualmente reside en Valencia , de onde e o seu pobo natal.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Herdou do seu pai a paixon polas motos e iniciou a sua traxectoria no mundo do motociclismo na modalidade de trial conseguindo en 1996 o campionato da Comunidade Valenciana e conseguindo bos resultados nas duas seguintes tempadas. En 1999 iniciase en competicions rexionais da comunidade valenciana nos circuitos conseguindo o cuarto posto na Formula Airtel e o setimo posto a copa Caja Madrid . Gana a Formual Airtel da Comunidade Valenciana en 2000 . En 2001 firma polo equipo de Julian Miralles e gana o campionato Formula de campions de 125cc e queda o 12º no campionato de Espana de 125cc.

125cc [ editar | editar a fonte ]

Co equipo Aprilia Aspar en 2002 consegue o seu primeiro grande exito ao ganar o Campionato de Espana de 125cc e tamen toma parte no campionato do mundo de 125cc quedando en 14º posicion cun cuarto posto no gran premio da Republica Checa como mellor resultado. 2003 supuxo a sua confirmacion no mundial logrando os seus duas primeiras vitorias en Donington Park e en Motegi co que terminou en terceira posicion do campionato. Para 2004 abandonou o equipo de Aspar e asinou co equipo de 125cc de Clarence Seedorf conseguindo 4 vitorias e alzandose co subcampionato de 125cc.

250cc [ editar | editar a fonte ]

A tempada 2005 supon o seu ascenso a categoria de 250cc ao asinar co equipo dirixido por Dani Amatriain, o equipo Fortuna Fonda, pilotando unha Fonda RSW250 tendo como companeiro a Jorge Lorenzo , co nunca tivo unha boa relacion, e termina en 9º posicion esa tempada.

O equipo de Amatriain abandona Fonda e pasa a ser equipo oficial de Aprilia na tempada 2006 polo que Hector pasa a pilotar a Aprilia RS250 conseguindo a sua primeira vitoria en 250cc no gran premio de China e finalizando a tempada en setima posicion.

En 2007 , cambia de equipo e ficha polo Team Toth Aprilia obtendo 3 podios e terminando en quinta posicion, o seu mellor resultado ata a data en 250cc. Para 2008 , Barbera segue no equipo Toth e pilota unha das 7 Aprilia RSA250 oficiais de 250cc e cambia o seu dorsal das ultimas tempadas , o 80, polo 21. Esa tempada asina o seu mellor evolucion carreira a carreira destacando as suas 8 saidas desde a primeira fila de grella e as suas catro podios, ata a grave lesion que se produciu durante os adestramentos do GP de Motegi que lle obrigan a dar por finalizada a sua tempada cando loitaba polos tres primeiros postos do Campionato, terminando o campionato en 6º posicion.

Para 2009 Hector cambia de equipo e recae no recentemente formado equipo dirixido por Sito Pons tendo como companeiro de equipo ao fillo de Sito Axel Pons . Dispora dunha Aprilia RSA250 oficial para disputar o campionato. Hector finaliza o ano como Subcampion do mundo de 250cc, a 22 puntos do primeiro clasificado, con 8 podios, 3 vitorias nos circuitos de Qatar, Misano e Valencia.

MotoGP [ editar | editar a fonte ]

En 2010 Hector corre con Ducati na maxima categoria, MotoGP . A finais de 2011 ficha polo equipo italiano Pramac Racing Ducati.

Resumo por tempadas [ editar | editar a fonte ]

Tempada Categoria Moto Carreiras disputadas Vitorias Podios Poles Puntos Posicion
2002 125cc Aprilia 4 0 1 0 34 14º
2003 125cc Aprilia 16 2 5 0 164
2004 125cc Aprilia 16 4 7 1 202
2005 250cc Honda 16 0 0 0 120
2006 250cc Aprilia 14 1 3 2 152
2007 250cc Aprilia 12 0 3 0 177
2008 250cc Aprilia 12 0 4 2 142
2009 250cc Aprilia 16 3 8 4 239
2010 MotoGP Ducati 18 0 0 0 90 12º
2011 MotoGP Ducati 16 0 0 0 82 11º
Total 156 10 32 9 1402

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]