한국   대만   중국   일본 
Guaguanco - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Guaguanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O guaguanco e un tipo de rumba orixinaria de Cuba , de cando o tempo da abolicion da escravitude na illa, contra o 1886 . O guaguanco representa unha fusion de varios rituais profanos afro-cubanos conecidos como rumbas.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Boa parte dos guaguancos eran composicions anonimas. As mais antigas datan de finais da era colonial espanola na illa e conecense como " rumbas do tempo de Espana ". A pesar dos seus ritmos netamente africanos, o guaguanco revela certas influencias espanolas, especialmente nas suas manifestacions flamencas e das decimas campesinas nos textos.

Baile [ editar | editar a fonte ]

Os bailadores do guaguanco movense ao ritmo dos instrumentos de percusion rodeados dun coro dirixido por un solista , realizando unha coreografia altamente erotica. O home vai na procura da muller con fortes movementos pelvicos moi expresivos. Ela fai por evadilo e rexeitalo, malia que finalmente e sometida aos seus avances. O acto final da danza, significando a conquista realizada, conecese como o vacunao .