Google Books

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Google Books
Desenvolvedor(es) Google
Sistema operativo Calquera (aplicacion web)
Tipo Procura de texto en lina
Sitio web books.google.com

Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print ) e un servizo en lina via web para a consulta de publicacions. A busca faise en libros e publicacions periodicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con programas de reconecemento de caracteres . O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de Frankfurt [ 1 ] .

Funcionamento [ editar | editar a fonte ]

Camara Elphel 323.

Moitos dos textos son dixitalizados empregando a camara Elphel 323, un proxecto de hardware libre e software libre [ 2 ] [ 3 ] a unha velocidade de 1.000 paxinas por hora [ 4 ] tamen empregada por Google en Google Street View .

As buscas en Google Books amosanse no buscador web de Google indicando a obra e a referencia onde aparece o termo. O resultado da busca amosa o libro e a paxina ou paxinas onde aparece referenciado. Dependendo da licenza que se empregue, dereitos reservados, cedidos ou no dominio publico , a informacion amosada sera mais ou menos explicita de xeito que dalguns libros so estan disponibles os datos basicos: nome do autor, titulo, editorial e ISBN ou dados similares, nestes casos nin se amosa a portada do libro. Outros libros estan parcialmente accesos. De xeito que os editores con acordos con Google amosan algunhas das paxinas da obra libremente mentres que outras, na maioria, non. O acordo complementase con ligazons a editoriais e distribuidoras onde se poden mercar as publicacions. Outras obras, as menos, estan completamente accesibles. Son xeralmente obras que xa estan descatalogadas ou foron feitas para ser amosadas publicamente.

Googleplex , en Mountain View , California , sede da empresa.

O texto das obras amosadas non esta acceso para a funcion copiar e pegar co rato xa que se amosa como imaxes o texto.Os usuarios rexistrados en Google tenen a posibilidade de formar unha biblioteca virtual a que engadir os titulos dos que gusten e consultalos cando desexen.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Historia de la Busqueda de libros de Google (en castelan ) .
  2. Google currently uses Elphel cameras for book scanning and for capturing street imagery in Google Maps
  3. " " Adapted firmware of Elphel 323 camera to meet needs of Google Book Search " " . Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2006 . Consultado o 31 de xullo de 2008 .  
  4. Kelly, Kevin (14-5-2006). "Scan This Book!" . New York Times Magazine . Consultado o 7-3-2008 . When Google announced in December 2004 that it would digitally scan the books of five major research libraries to make their contents searchable, the promise of a universal library was resurrected. ... From the days of Sumerian clay tablets till now, humans have "published" at least 32 million books, 750 million articles and essays, 25 million songs, 500 million images, 500,000 movies, 3 million videos, TV shows and short films and 100 billion public Web pages.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]