Guanosin difosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ GDP ≫)
Guanosin difosfato
Identificadores
Numero CAS 146-91-8
PubChem 730
ChemSpider 8630
ChEBI CHEBI:17552
ChEMBL CHEMBL384759
Ligando IUPHAR 2410
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Formula molecular C 10 H 15 N 5 O 11 P 2
Masa molecular 443,200522

Se non se indica outra cousa, os datos estan tomados en condicions estandar de 25 °C e 100 kPa.

O guanosin difosfato ou difosfato de guanosina , abreviadamente GDP , e un nucleosido difosfato formado polo azucre ribosa , a base nitroxenada guanina e dous grupos fosfato en forma de pirofosfato . A ribosa e a base estan unidas por enlace N-glicosidico entre os carbonos 1' da ribosa e o nitroxeno 9 da guanina, formando o nucleosido guanosina . A guanosina esterificase no carbono 5' con dous fosfatos, foarmando o nucleotido.

O GDP e o produto da desfosforilacion do guanosin trifosfato (GTP), que poden realizar as proteinas GTPases , como as proteinas G que intervenen na transducion de sinais na celula.

O GDP convertese en GTP nas reaccions catalizadas polos encimas succinil-CoA sintetase do ciclo do acido citrico (transforma succinil-CoA en succinato ) e fosfoenolpiruvato carboxiquinase ( reaccion anaplerotica na que o fosfoenolpiruvato se converte en oxalacetato ).

Na sintese de celulosa os residuos de glicosa van unidos a nucleotidos difosfato, que varian segundo as especies. Algunhas especies usan a GDP- glicosa [ 1 ] . No metabolismo da fucosa intervenen a GDP- manosa e a GDP-fucosa [ 2 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Lehninger A. Principios de Bioquimica (1988). Omega. Paxinas 668-669
  2. Daniel J. Becker; John B. Lowe (2003). "Fucose: biosynthesis and biological function in mammals" . Glycobiology 13 (7): 41R?53R. PMID   12651883 . doi : 10.1093/glycob/cwg054 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]