Fundido (transicion audiovisual)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O fundido e un tipo de transicion audiovisual pola cal a imaxe e/ou o son van perdendo intensidade ate quedar unicamente a cor de fondo que se elixiu (por exemplo fundido a negro cando o frame ou fotograma pasa a ser un totalmente escuro) ou o silencio no caso do fundido de son ( fade en ingles). Xunto co fundido encadeado ( fondu enchaine en frances, xa usado no seu dia por Georges Melies e os irmans Lumiere ) e un dos recursos narrativos mais antigos do cine e posteriormente da television e da montaxe de cine e a edicion de video . Tamen resulta un dos mais sinxelos e mais duradeiros porque so precisa unha fonte e non se albisca a sua desaparicion.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Esta transicion proven do mundo cinematografico onde o director ou o montador mandaba a pelicula ao laboratorio indicando a transicion que debia realizarse. Este, pola sua banda, entregaba unha nova copia con ela xa incluida. [ 1 ] E das mais sinxelas, pero non a que mais (esta posicion correspondelle ao corte, que inicialmente consistia en cortar fisicamente a pelicula).

Ate a entrada definitiva da cor, o fundido adoitaba realizarse terminando nunha pantalla branca ou nunha negra, de ai as expresions "fundir a branco", "fundir a negro". Tamen existia e existe a opcion inversa, e dicir, "fundir desde branco" ou "fundir desde negro" ainda que a chegada da edicion dixital non lineal fixo que todo o proceso fose computerizado, mesmo para os formatos cinematograficos mais grandes e pesados como o 8k, esta opcion segue existindo nos programas de edicion.

Tras o nacemento da television e o sinal electromagnetico este recurso narrativo seguiuse empregando, pero nesta ocasion utilizando un dispositivo electronico: o mesturador de video. Este aparello realizaba a transicion inmediatamente, na television non existe o proceso de revelado, e tamen creaba outras cortinillas cada vez mais sofisticadas. Coa invencion dos magnetoscopios na decada dos 50s, as posteriores mesas de mesturas foron equipadas con este tipo de dispositivo para crear o efecto, xa non desde unha camara, senon desde un reprodutor fonte. [ 1 ] Pero este recurso, ou mellor dito a sua duracion, foi un dos problemas que a edicion en duas salas, unha online e outra offline , non foi capaz de solucionar porque non se incluia na lista de decisions de edicion, ainda que dita lista estivese gravada nun disco magnetico. Por tanto habia que volvelas crear co consecuente gasto de tempo nunha casa cuxo alugueiro podia resultar moi caro. [ 1 ]

Coa edicion dixital o recurso non desapareceu e non parece que vaia desaparecer nun futuro proximo polo significado tan rotundo que transmite de chegar a un punto e aparte na narracion.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]