한국   대만   중국   일본 
Francisco Taxes - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Francisco Taxes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Taxes
Biografia
Nacemento 26 de xullo de 1940 Editar o valor em Wikidata
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 19 de febreiro de 2003 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion escritor Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1078460

Francisco Manuel Taxes Prego , nado na Coruna o 26 de xullo de 1940 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 2003 , foi un dramaturgo galego do nomeado Grupo de Ribadavia ou Grupo Abrente .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

A comezos dos anos setenta fundou -e participou nas suas anovadoras iniciativas- os colectivos coruneses de arte experimental A Caron e Galga xunto con outros escritores e artistas como Xavier Seoane , Manuel Rivas , Alberto Carpo , Xaime Cabanas ou Correa Corredoira .

En 1975 , nas III Xornadas do Cine en Ourense, o Tribunal de Orden Publico requisou a curta dirixida por Miguel Gato e baseada nun conto homonimo de Taxes, A tola , convertendoa dese xeito nun "mito iniciatico" do cinema galego.

En 1976 fixo o guion da curtametraxe O cadaleito , dirixida por Enrique Baixeras con Fernando Trueba como axudante de direccion. Baseado no relato de Anxel Fole "A caixa do morto", acadou un grande exito de critica e publico; a cinta viaxou a Italia ( festival de Pessaro ) e atinxiu o Premio Mikeldi de Prata no XVIII Certame Internacional de Cine Documental y Cortometrajes de Bilbao ( 1977 ).

En 1978, coa exitosa montaxe de O velorio (escrita en 1971 ), o grupo de teatro profesional Troula, do que Taxes foi cofundador, abriu un novo camino para o teatro galego, o da profesionalizacion.

Colaborou en revistas como Man Comun , Teima ou Luzes de Galiza e nos xornais A Nosa Terra , La Voz de Galicia e Faro de Vigo .

Traballou na radio (compre sinalar a direccion e presentacion do programa cultural O Laparo Cavileiro para Radio Catro/RNE) e television (por exemplo o magazine da Television de Galicia Bazar Fin de Semana ).

No eido da narrativa cultivou maiormente o relato curto. En 1973 ganou o primeiro premio no concurso de literatura infantil O Facho co conto "O Chonino". [ Compre referencia ]

Obra [ editar | editar a fonte ]

  • O velorio (1971; publicada en 2002 por La Voz de Galicia - Edicions Xerais de Galicia ). Representada por Troula con direccion de Antonio Simon en 1978, e polo Centro Dramatico Galego con direccion de Antonio Simon en 2003.
  • Lenta raigame (1979; publicada en 1982 por Edicios do Castro ). Representada por Andromena con direccion Eduardo Alonso en 1979.
  • Casta i Albito (1980; editada en 2004 por Biblos). Representada no marco dun acto de lembranza artellado por Biblos Clube de Lectores no primeiro cabodano do seu pasamento, con direccion de Anxela G. Abalo en 2004.
  • Caderno de bitacora. Comedia estupenda (1985). Representada polo CDG con direccion de Antonio Simon en 1985.
  • Elas (1997)

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]