한국   대만   중국   일본 
Francisco Javier Gonzalez Perez - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Francisco Javier Gonzalez Perez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Javier Gonzalez Perez
Biografia
Nacemento 14 de xullo de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Ribeira, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomes O Neno Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Altura 179 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion futbolista Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1988 Editar o valor em Wikidata - 2005 Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua galega Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportiva Espana Editar o valor em Wikidata
Deporte futbol Editar o valor em Wikidata
Posicion de xogo Centrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1987-1988 Deportivo Fabril
1988-2005 Deportivo da Coruna 550 (58) Editar o valor em Wikidata
  Seleccion nacional enllaç= enllaç=
1993-2000   Espana 16 (2) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
2016-   Seleccion de futbol de Galicia Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000 Eurocopa de 2000 Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillos Nico Gonzalez Editar o valor em Wikidata
Irmans Jose Ramon Gonzalez Perez Editar o valor em Wikidata

UEFA: 23009 Editar o valor em Wikidata

Francisco Javier Gonzalez Perez , mais conecido como Fran , nado en Carreira ( Ribeira ) o 14 de xullo de 1969 , e un ex futbolista galego . Xogaba de centrocampista e foi internacional coa seleccion espanola .

Desenvolveu toda a sua carreira como futbolista no Deportivo da Coruna , co que disputou 700 partidos oficiais, sendo o xogador con mais encontros na historia do club. [ 1 ] E ademais, xunto a Mauro Silva e Donato , un dos tres unicos futbolistas que participaron nos seis titulos ganados polo Deportivo: unha liga , duas Copas do Rei e tres Supercopas . Interior zurdo cun toque de balon excepcional e unha non menor vision de xogo, destacou sobre todo polos seus precisos centros dende a banda esquerda. E irman do tamen exfutbolista Jose Ramon .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Inicios [ editar | editar a fonte ]

Comezou xogando ao futbol sala no equipo do seu pobo e no colexio, e mais tarde pasou a xogar ao futbol nas filas do Carreira CF , ao igual que o seu irman Jose Ramon . [ 2 ] En 1986 incorporouse a canteira do Deportivo da Coruna , seguindo a seu irman, [ 2 ] e disputou a tempada 1986/87 co seu equipo xuvenil . [ 3 ] Xa antes do remate da campana, debutou co Fabril na Terceira Division , da man do adestrador Luis Rodriguez Vaz , saindo de titular nunha goleada por 4-0 sobre o Lalin en Riazor . [ 4 ]

Deportivo da Coruna [ editar | editar a fonte ]

Na Segunda Division [ editar | editar a fonte ]

Continuou no Fabril durante a tempada 1987/88 e o 17 de xaneiro de 1988 debutou co primeiro equipo en Segunda Division , de novo da man de Vaz, nun partido contra o Real Burgos en Riazor. [ 5 ] Formou aquel dia no centro do campo xunto a seu irman Jose Ramon, GIl e Fontana , nun encontro que rematou con derrota por 0-1. [ 6 ] Completou a tempada con catro partidos co primeiro equipo, tres deles como titular.

Na seguinte campana pasou a ser plenamente xogador do primeiro equipo, xa con Arsenio no banco, e fixose coa titularidade dende o primeiro momento, disputando un total de 50 partidos, 49 deles dende o once inicial, incluidos os dous encontros das semifinais de Copa do Rei ante o Valladolid , eliminatoria que se decidiu a favor do conxunto valisoletano cun gol na prorroga do galego Manolo Pena . [ 7 ]

O seu primeiro gol como deportivista chegou na tempada 1989/90 , na xornada 15, nunha vitoria a domicilio sobre o Atletico Madrileno (1?3). Fran marcou o primeiro dos tantos branquiazuis, nun partido no que tamen anotou un gol seu irman. O equipo rematou cuarto e disputou a promocion de ascenso contra o Tenerife , sendo Fran titular tanto na ida como na volta. A eliminatoria resolveuse a favor do equipo canario grazas a un solitario gol de Eduardo Ramos . [ 8 ]

No veran de 1990 , despois de ser elixido mellor xogador da 45ª edicion do Trofeo Teresa Herrera , recibiu a sua primeira oferta do FC Barcelona , nunha reunion con Johan Cruyff e Carles Rexach , pero decidiu continuar na Coruna . [ 9 ] [ 10 ] Na tempada 1990/91 foi titular en todolos partidos de liga e foi un dos principais artifices do historico ascenso a Primeira. [ 11 ]

Nacemento do Super Depor [ editar | editar a fonte ]

Debutou na Primeira Division na primeira xornada da tempada 1991/92 e foi titular durante todolos encontros da competicion, incluidos os dous da fase de permanencia, nos que o Deportivo conseguiu a salvacion superando ao Betis . Na campana 1992/93 deu comezo a epoca do chamado Super Depor , na que o Deportivo se converteu nun dos mellores equipos de Espana e Fran nun dos maiores simbolos do club. Despois dun terceiro posto esa tempada, na seguinte o Deportivo mantivose lider durante a maior parte da competicion, ata que foi superado polo Barcelona na ultima xornada, na que đuki? fallou un decisivo penalti contra o gardameta vasco Gonzalez nos ultimos instantes, que lle teria dado o titulo ao club galego. [ 12 ] Foi a maior decepcion deportiva na carreira de Fran, segundo o propio xogador. [ 13 ]

Durante esta etapa Fran estableceu unha marca nunca superada no club, ao disputar 160 partidos de liga consecutivos, dende o 25 de marzo de 1990 ata o 7 de abril de 1994 (incluindo duas promocions). En 1993 o Deportivo pagou 260 millons de pesetas ao Real Madrid para recuperar os dereitos sobre o xogador, anulando un precontrato asinado entre os dous clubs en 1992, e polo que Fran xogaria no equipo branco a partir de 1995. [ 14 ] [ 15 ]

Capitan do Deportivo e primeiros titulos [ editar | editar a fonte ]

Repetiu subcampionato de liga na tempada 1994/95 , na que o Deportivo debutou na Copa da UEFA e se alzou co primeiro titulo da sua historia, a Copa do Rei . Titular na final ante o Valencia no Santiago Bernabeu , o partido suspendeuse no minuto 79 por mor da intensa choiva que estaba a caer en Madrid . Tres dias despois xogaronse os 11 minutos restantes, nos que o equipo de Arsenio conseguiu o primeiro titulo de Copa para un equipo galego, grazas a un gol de Alfredo . [ 16 ] [ 17 ]

En 1995 sucedeu a seu irman como capitan do equipo, ainda que levaba xa tres tempadas portando habitualmente o brazalete, debido as ausencias por lesion de Jose Ramon, e a que este acostumaba cederllo cando coincidian no campo. [ 18 ] Do mesmo xeito, Fran cedeulle a seu irman a honra de levantar a Copa do Rei en 1995, a pesar de que Jose Ramon non disputou o partido e de que o brazalete o levaba Fran. Capitaneou o equipo branquiazul durante a seguinte decada, excepto no periodo que foi de marzo de 1997 a agosto de 1998, cando o adestrador brasileiro Carlos Alberto Silva lle deu o brazalete a Mauro Silva alegando que por cuestions linguisticas se entenderia mellor co seu compatriota. [ 19 ] Na sua novena tempada no primeiro equipo, superou xa a Juan Acuna como o futbolista con mais partidos na historia do club.

A tempada 1995/96 , con John Toshack no banco, comezou con Fran levantando un novo titulo, a Supercopa de Espana , despois de derrotar ao Real Madrid por un resultado global de 5-1, e cun gol do capitan corunes na ida en Riazor . O equipo baixou o seu rendemento en liga con respecto as tres tempadas anteriores, ainda que acadou as semifinais da Recopa de Europa . Con todo, Fran non puido xogar o partido de volta, onde o equipo caeu eliminado ante o Paris Saint-Germain , [ 20 ] por mor dos problemas no seu xeonllo esquerdo que levaba tempo padecendo. [ 21 ] Finalmente foi operado o 9 de maio de 1996 , intervencion que o obrigou a estar tres meses de baixa. [ 22 ]

Titulo de liga e Centenariazo [ editar | editar a fonte ]

Xa recuperado regresou a titularidade na tempada 1996/97 , na que o equipo volveu ocupar os postos altos da clasificacion, antes de volver caer ata mais abaixo da metade da taboa na 1997/98 . Os resultados recuperaronse coa chegada ao banco de Javier Irureta , e na tempada 1999/00 , o Deportivo proclamouse campion de liga por primeira e unica vez na sua historia. Fran perdeu os primeiros meses de competicion tras unha nova operacion cirurxica, desta vez nos abdutores das suas duas pernas. [ 23 ] Trala sua recuperacion volveu aos terreos de xogo entrando dende o banco en varios partidos, e logo formando dende o inicio en case todolos partidos da segunda volta. Contribuiu cun total de 22 encontros de liga, 16 deles como titular, incluido o da derradeira xornada contra o Espanyol , onde o club galego certificou o titulo, por diante do FC Barcelona . [ 24 ]

En agosto do 2000 ganou a sua segunda Supercopa de Espana , e na tempada 2001/02 foi un dos protagonistas dunha das maiores xestas da historia do club, o chamado Centenariazo . O Deportivo acadou a final da Copa do Rei por segunda vez na sua historia, e esta disputouse no estadio Santiago Bernabeu ante o Real Madrid o 6 de marzo de 2002, o dia que o club branco cumpria 100 anos de vida. [ 25 ] O Deportivo dominou o partido dende o inicio e adiantouse con dous goles de Sergio e Tristan na primeira parte. Ainda que na segunda o Real Madrid recortou distancias por medio de Raul o partido rematou con 1-2 para os coruneses e Fran levantou a Copa, estragando a festa do centenario que o club madrileno pretendia culminar con ese titulo. [ 26 ] [ 27 ] [ 28 ]

Liga de Campions e ultimos anos [ editar | editar a fonte ]

En agosto de 2002 levantou o seu sexto titulo, a Supercopa de Espana , despois de derrotar ao Valencia tanto na ida como na volta. [ 29 ] Durante eses anos o Deportivo logrou dous novos subcampionatos e dous terceiros postos, e disputou durante cinco tempadas consecutivas a Liga de Campions . Fran disputou 43 partidos na maxima competicion europea e estivo presente nos encontros mais importantes do club como as vitorias sobre o Manchester United , o Arsenal , a Juventus , o Bayern de Munic , ou as historicas remontadas ante o PSG e o Milan , anotando un dos catro goles fronte ao equipo lombardo. [ 30 ] [ 31 ]

Xogou o seu derradeiro encontro como futbolista na penultima xornada da tempada 2004/05 , o 22 de maio de 2005 , contra o Mallorca , nun partido que se saldou con derrota branquiazul (0?3) e no que tamen se despediu do futbol Mauro Silva . [ 32 ] O estadio de Riazor , no que habia ese dia unhas 26.000 persoas, tributoulles unha improvisada homenaxe aos dous capitans, e moitos dos seareiros saltaron ao terreo de xogo ao final do partido para levalos a ombreiros. [ 33 ]

Retirouse con 700 partidos oficiais co Deportivo, o que o converte no futbolista con mais encontros xogados na historia do club, con mais de 200 sobre o segundo, Manuel Pablo . [ 1 ] Marcou 62 goles co Deportivo, 44 deles na Primeira Division , e, ainda que non xogaba de dianteiro, e o quinto futbolista da historia do club con mais goles na maxima categoria, so por detras de Bebeto , Makaay , Tristan e Pahino . E ademais un dos tres unicos futbolistas (xunto a Mauro Silva e Donato ) en conquistar os seis titulos oficiais que posue o club, e exerceu como capitan nas seis conquistas.

Seleccion espanola [ editar | editar a fonte ]

Convocado coa seleccion espanola desde abril de 1992, debutou co conxunto vermello o 27 de xaneiro de 1993 , nun encontro amigable contra Mexico que rematou con empate (1?1). Disputou varios partidos coa seleccion nos meses previos a Eurocopa de 1996 , pero a sua lesion no xeonllo esquerdo e o paso polo quirofano quitaronlle calquera posibilidade de acudir ao torneo. [ 34 ]

O seu primeiro gol co conxunto nacional chegou o 27 de marzo de 1999 , marcando o ultimo tanto da historica goleada que Espana lle endosou a Austria (9?0), partido no que ademais repartiu tres asistencias para Raul e Urzaiz . [ 35 ] Foi un dos futbolistas seleccionados por Jose Antonio Camacho para disputar a Eurocopa de 2000 , torneo no que debutou no primeiro partido ante Noruega , saindo de titular na na banda esquerda a beira de Valeron , nun encontro que acabou en derrota pola minima. Foi titular tamen no terceiro encontro da fase de grupos, contra Iugoslavia , pero tivo que retirarse aos 22 minutos, despois de levar un forte golpe nunha cella. [ 36 ] Foi o seu ultimo partido na Eurocopa, na que Espana acabou caendo contra Francia nos cuartos de final, e tamen coa camiseta da seleccion espanola, pois non volveu ser convocado. [ 34 ]

Xogou un total de 16 partidos coa seleccion e marcou dous goles.

Seleccion galega [ editar | editar a fonte ]

Durante a sua carreira como futbolista, Fran foi unha das voces que pediu a recuperacion da seleccion galega, [ 37 ] e nese sentido participou co seu irman Jose Ramon na gravacion do album Seleccion Xa! da revista Bravu , cantando a cancion "Lume de biqueira" cos Diplomaticos de Monte-Alto . [ 38 ] Ambos irmans interpretaron o tema tamen no programa Luar da Television de Galicia . [ 38 ] Con todo, a recuperacion do combinado galego non chegou ata decembro de 2005, uns meses despois da retirada de Fran. O xogador adestrouse para o primeiro encontro ante o Uruguai e foi convocado por Arsenio e Fernando Vazquez , [ 39 ] sendo elixido capitan xunto a Xurxo Otero , [ 40 ] pero non chegou a debutar.

Trala retirada [ editar | editar a fonte ]

En 2013 foi vivir coa sua familia a Barcelona para acompanar o seu fillo Nico Gonzalez , que comezaba a xogar nas categorias inferiores do FC Barcelona . [ 41 ] En 2016 aceptou unha oferta de Txiki Begiristain para traballar co futbol base do Manchester City , onde tamen asistiu a Pep Guardiola nalguns adestramentos do primeiro equipo. [ 42 ] [ 43 ]

Seleccionador galego [ editar | editar a fonte ]

O 6 de maio de 2016 foi presentado, xunto con Michel Salgado , como seleccionador da seleccion galega . [ 44 ] Debutou a fronte do combinado galego o 20 de maio de 2016 , ante Venezuela no estadio de Riazor , nun empate que rematou con empate a un gol. [ 45 ]

Regreso ao Deportivo da Coruna [ editar | editar a fonte ]

En 2020 regresou ao Deportivo da Coruna para encargarse da direccion do futbol base do club, que acababa de descender a Segunda Division B . [ 46 ] Foi presentado en Riazor o 11 de agosto canda a outra lenda do deportivismo, Juan Carlos Valeron , quen tomou as rendas do Fabril. [ 1 ] Ocupou o cargo durante dous anos, ata que foi substituido por Albert Gil no veran de 2023 , nun periodo de diferentes cambios na estrutura do club. [ 47 ]

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Casou con Gema Iglesias o 22 de maio de 1998 na Colexiata de Santa Maria do Campo da Cidade Vella da Coruna . [ 48 ] A parella tivo tres fillos: Carlota, Nico e Macarena. [ 49 ] Nico e tamen futbolista e milita no FC Barcelona .

Palmares [ editar | editar a fonte ]

Deportivo

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 "El Deportivo se rearma con sus glorias e incorpora a Fran y Valeron" . El Pais (en castelan ) . 11 de agosto de 2020 . Consultado o 12 de agosto de 2020 .  
  2. 2,0 2,1 "Fran: Hay un gran talento en el futbol espanol,pero se debe trabajar mas con la cantera" . El Correo Gallego (en castelan ) . 23 de maio de 2014 . Consultado o 13 de xuno de 2022 .  
  3. "El entrenador del Deportivo juvenil pretende que su equipo juegue en la ≪Super-Liga≫". La Voz de Galicia (en castelan ) . 18 de setembro de 1986. p. 47.  
  4. "El Fabril, soberbio". La Voz de Galicia (en castelan ) . 22 de marzo de 1987. p. 46.  
  5. "Fran confirma que dejara el Deportivo el 30 de junio" . As (en castelan ) . 23 de outubro de 2004 . Consultado o 13 de xuno de 2022 .  
  6. "Al Deportivo no le sirvio de nada su dominio sobre el Burgos dada la total inoperancia de los atacantes blanquiazules: 0-1". La Voz de Galicia (en castelan ) . 18 de xaneiro de 1988. p. 20.  
  7. "Semifinal copera de hace 20 anos marco para siempre el nexo Valladolid-Depor" . Publico (en castelan ) . 10 de decembro de 2008 . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  8. "20 anos del gol de Eduardo Ramos en Riazor" (en castelan ) . 11 de xuno de 2010 . Consultado o 13 de xuno de 2022 .  
  9. Villadiego, Carlos (12 de novembro de 2020). "Fran Gonzalez, santo y sena del Depor: "Renuncie a una oferta del Dream Team " " (en castelan ) . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  10. Torras, David (11 de decembro del 2015). "Fran Gonzalez: "Me reuni con Cruyff y me dio miedo venir " " . El Periodico de Catalunya (en castelan ) . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  11. "Recordamos la temporada del inolvidable ascenso del 9 de junio de 1991" (en castelan ) . 9 de xuno de 2016 . Consultado o 12 de agosto de 2020 .  
  12. "El historico y fatidico penalti de Djukic cumple 25 anos" . Marca (en castelan ) . 14 de maio de 2019 . Consultado o 10 de xuno de 2022 .  
  13. Vasco, Miguel Angel (12 de marzo de 2021). " " Tuve roces con Toshack porque aireaba los problemas y nos exponia a los jugadores " " . As (en castelan ) . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  14. "El Deportivo y el Madrid llegan a un acuerdo sobre Fran" . El Pais (en castelan ) . 12 de febreiro de 1992 . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  15. "El Deportivo recobra los derechos sobre Fran por 260 millones". La Voz de Galicia (en castelan ) . 26 de marzo de 1993. p. 1.  
  16. Centeno, Alexandre (26 de xuno de 2020). "Bebeto, Alfredo, Manjarin y Fran reviven la conquista de la Copa de 1995" . La Voz de Galicia (en castelan ) . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  17. "#ANosaHistoria: Un cuarto de seculo do primeiro titulo branquiazul, a Copa de 1995" . Deportivo da Coruna . 27 de xuno de 2020 . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  18. "Jose Ramon, ante su retorno: ≪Podria aguantar todo el partido≫". La Voz de Galicia (en castelan ) . 25 de outubro de 1992. p. 55.  
  19. "Mauro Silva asume el mando". La Voz de Galicia (en castelan ) . 23 de marzo de 1997. p. 64.  
  20. De la Cruz, Luis (21 de marzo de 2020). "La olvidada semifinal europea del Deportivo" . As (en castelan ) . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  21. "Fran ≪El problema de mi lesion va cada vez peor≫". La Voz de Galicia (en castelan ) . 7 de abril de 1996. p. 36.  
  22. "Fran fue operado con exito". La Voz de Galicia (en castelan ) . 10 de maio de 1996. p. 49.  
  23. "Fran, operado en Barcelona de sus dos abductores". La Voz de Galicia (en castelan ) . 20 de xullo de 1999. p. 57.  
  24. "20 anos del milagro Depor: campeon de Liga 1999-2000" . As (en castelan ) . 19 de maio de 2020 . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  25. Ortuno, Ruben (10 de febreiro de 2018). "El Centenariazo: una cura de humildad al madridismo" (en castelan ) . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  26. Zarate, Oscar (7 de marzo de 2002). "La cronica" . Mundo Deportivo (en castelan ) . p. 2 . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  27. Cordovilla, Anna (6 de marzo de 2017). "Hoy se cumplen 15 anos del ‘Centenariazo’" . Mundo Deportivo (en castelan ) . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  28. "O 'Centenariazo', o ultimo titulo grande do Deportivo" . La Opinion A Coruna (en castelan ) . EFE. 5 de marzo de 2012 . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  29. Llamas, Fernando (18 de agosto de 2002). "El Depor sentencia la Supercopa" . El Mundo (en castelan ) . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  30. "La inolvidable remontada al PSG cumple la mayoria de edad" (en castelan ) . 7 de marzo de 2019 . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  31. Gil, Jordi (9 de marzo de 2021). "La historica remontada del Depor ante el Milan como referente" (en castelan ) . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  32. "El Mallorca da un portazo al ciclo de Fran y Mauro Silva" . As (en castelan ) . 23 de maio de 2005 . Consultado o 10 de xuno de 2022 .  
  33. "Fran, el ultimo 'one club man' del Deportivo" . As (en castelan ) . 11 de maio de 2020 . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  
  34. 34,0 34,1 Ponte, Borja (27 de xullo de 2012). "Una leyenda en cinco instantes: Fran" (en castelan ) . Consultado o 15 de xuno de 2022 .  
  35. Ortego, Enrique (21 de febreiro de 2020). "Los jugones de Camacho golean a Austria y se divierten" . As (en castelan ) . Consultado o 15 de xuno de 2022 .  
  36. "Fran: ≪Tras la victoria, el golpe no me duele nada≫" . La Voz de Galicia (en castelan ) . 22 de xuno de 2022 . Consultado o 15 de xuno de 2022 .  
  37. "Fran: "Llevo un ano sin hablar con Lendoiro " " . As (en castelan ) . 28 de febreiro de 2005 . Consultado o 15 de xuno de 2022 .  
  38. 38,0 38,1 Pardo, Miguel (30 de abril de 2022). " " Aghora vai o ghol!": 25 anos desde que as estrelas do futbol galego cantaron pola seleccion" . Consultado o 15 de xuno de 2022 .  
  39. Hermida, Xose (28 de decembro de 2005). "Galicia vuelve 69 anos despues" . El Pais (en castelan ) . Consultado o 15 de xuno de 2022 .  
  40. "Jorge Otero, Capitan de la seleccion gallega: "Llevo dieciocho anos esperando este partido, es el colofon a mi carrera " " . Faro de Vigo (en castelan ) . 28 de decembro de 2005 . Consultado o 15 de xuno de 2022 .  
  41. "Fran y Nico: La especie evoluciona" (en castelan ) . 14 de decembro de 2013 . Consultado o 12 de agosto de 2020 .  
  42. Centeno, Alexandre (22 de xullo de 2016). "Fran aterriza en el City" . La Voz de Galicia (en castelan ) . Consultado o 12 de agosto de 2020 .  
  43. Centeno, Alexandre (22 de maio de 2017). "El pequeno mundo ingles de Fran" . La Voz de Galicia (en castelan ) . Consultado o 12 de agosto de 2020 .  
  44. "Rafael Louzan presentou oficialmente aos novos seleccionadores galegos"
  45. Pineiro, Xesus Manuel (21 de maio de 2016). "O empate de Venezuela no ultimo minuto non desloce a brillantez da Irmandina no seu retorno" . Nos Diario . Consultado o 15 de xuno de 2022 .  
  46. "Leyendas al rescate: Fran y Valeron vuelven al Deportivo" (en castelan ) . 9 de agosto de 2020 . Consultado o 12 de agosto de 2020 .  
  47. Pineiro, Sergio (30 de xuno de 2023). "Fran deja de ser director de cantera del Deportivo y le sustituye Albert Gil" (en castelan ) . Consultado o 5 de xaneiro de 2024 .  
  48. "La Voz inicia el domingo la distribucion de pines de Peteiro" . La Voz de Galicia (en castelan ) . 22 de xaneiro de 2010 . Consultado o 26 de abril de 2021 .  
  49. Ventureira, Ruben (28 de decembro de 2008). "Los primos Gonzalez marcan y regatean" . La Voz de Galicia (en castelan ) . Consultado o 14 de xuno de 2022 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Ventureira, Ruben; Centeno, Alexandre (2005): Fran. O neno 10 . La Voz de Galicia.

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]