한국   대만   중국   일본 
Filantropia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Filantropia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A filantropia e o amor ao xenero humano e todo o que a humanidade representa, particularmente na sua forma positiva e construtiva, expresado na axuda aos outros sen que necesariamente se precise dun intercambio ou interese ningun nunha resposta. Un concepto asociado cando se introducen connotacions relixiosas e a caridade . As denominacions correspondentes para a persoa son filantropo, filantropa (adxectivo e substantivo) e para a sua obra filantropico, filantropica (adxectivo).

Os esforzos filantropicos son realizados por parte de individuos ou grupos de individuos organizados (como Fundacions ). O normal e que posuan unha alta capacidade economica ou de influencia, e moitas veces tamen unha capacidade intelectual notable: polimatas , polifaceticos e poliglotas . Baseanse en donativos a organizacions humanitarias, persoas, comunidades , ou no traballo de cooperacion motivado por un fin humanitario, tal que o traballo de voluntario para dar apoio a institucions que tenen o proposito especifico de axudar aos seres vivos e mellorar as suas vidas.

En Galicia moitos esforzos filantropicos procederon de politicos locais que chegaban a cotas de poder a nivel estatal, ou de empresarios estranxeiros de exito instalados en Galicia, ou de indianos ou benfeitores e magnates , que dende a distancia ou o regresar beneficiaban a sua vila natal ou familiar con escolas, institutos, museos, centros de investigacion, empresas, torneos, concursos ou premios, circos (o de Benposta ), viaxes sanitarias ( expedicion da vacina ), fundacion de sociedades ou academias (a RAG ), financiamento de equipos deportivos, axuda os emigrantes etc. E por isto que en moitos casos estan asociados fortemente a unha localidade (ou institucion):

Poren, este labor de mecenado abranguia ocasionalmente eidos mais extensos. Ocasionalmente tamen se levaba a cabo por parte de relixiosos ou de mulleres, tanto como xestion dunha herdanza como do seu propio patrimonio:

O labor filantropico, caritativo e de beneficencia non sempre e completamente altruista e desinteresado, pois pode producir beneficios, vantaxes ou desgravacions fiscais a persoas fisicas ou xuridicas.