한국   대만   중국   일본 
Filipico - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Filipico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFilipico

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento seculo VII Editar o valor em Wikidata
Armenia Editar o valor em Wikidata
Morte 20 de xaneiro de 714 Editar o valor em Wikidata
Dalmacia Editar o valor em Wikidata
Emperador bizantino
15 de decembro de 711 ? 7 de xuno de 713
←  Xustiniano II ? Anastasio II  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Imperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion monarca Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 42345362 Editar o valor em Wikidata

Philippikos Bardanes (Φιλιππικ?? Βαρδ?νη?), en galego Filipico Bardanes ou Filipico foi un emperador bizantino que reinou a principios do seculo VIII durante uns poucos anos e tratou de restaurar o monotelismo .

Bardanes era fillo do patricio Niceforo e converteuse nun distinguido soldado baixo o reinado de Xustiniano II . O seu nome indica unha orixe armenia . Co apoio dos monotelistas tivo algun tipo de pretension ao trono na primeira gran revolta que derrocou a Xustiniano; o emperador Tiberio III desterrouno a Cefalonia e posteriormente Xustiniano, cando recuperou o poder, deportouno a Querson, en Crimea . Aqui Bardanes, tomou o nome de Filipico e incitou con exito aos habitantes desta colonia a rebelion. Os rebeldes tomaron Constantinopla e executaron tanto a Xustiniano II como ao seu fillo e herdeiro Tiberio. Filipico foi coroado emperador en 711 .

O seu reinado ( 711 - 713 ) deu comezo a unha serie de breves reinados nos que uns xenerais foron substituindo a outros a fronte do Imperio, uns reinados que deron lugar a confusion politica, a perda de territorios e a un desprestixio da figura imperial.

Entre os seus primeiros actos, atopouse o de deponer a Ciro, o patriarca ortodoxo de Constantinopla, en favor de Xoan, un membro da seita monotelista. Filipico destacouse no campo relixioso como defensor do monotelismo , doutrina que predicaba que Cristo tina unha unica vontade e que deixaba de lado a cuestion da sua natureza e da sua enerxia. O monotelismo trataba de ser unha solucion de compromiso entre a ortodoxia cristia e o monofisitismo . A aposta de Filipico polo monotelismo entraba en contradicion coa politica dos seus predecesores que se distanciaron desta doutrina e apostara pola ortodoxia como forma de congraciarse co cristianismo occidental e o Papado . Crese que a aposta de Filipico polo monotelismo foi un intento de atraerse a poboacion armenia, maioritariamente monofisita, a orbita do Imperio.

No plano militar Filipico tivose que enfrontar, por unha banda, a perda do control bizantino sobre a rexion de Cilicia que caeu en mans dos arabes, mentres que nos Balcans , os bulgaros atacaron ao Imperio e chegaron case ata as portas de Constantinopla. Cando Filipico trataba de reorganizar as suas forzas para repeler eses ataques; foi deposto por un motin protagonizado polos soldados da thema (distrito militar) de Opsikion (rexion de Constantinopla), que o deixaron cego.. Sucedeuno ao mando do estado Artemio, un oficial do palacio que tomou o nome de Anastasio II e que derrogou todos os edictos favorecedores do monotelismo que aprobara o seu predecesor.

Imperio Bizantino

Segue a:
Xustiniano II
Filipico
( 711 - 713 )

Precede a:
Anastasio II