한국   대만   중국   일본 
Federico Zamora - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Federico Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Federico Zamora Mosquera ≫)
Infotaula de personaFederico Zamora
Biografia
Nacemento 7 de agosto de 1892 Editar o valor em Wikidata
Morte 12 de agosto de 1975 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion politico Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua galega Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1411708

Federico Zamora Mosquera , nado o 7 de agosto de 1892 e finado na Coruna o 12 de agosto de 1975 [ 1 ] , foi un politico e escritor galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Emigrou sendo novo a Buenos Aires , onde ampliou os seus conecementos. Retornou e foi membro da Irmandade da Fala da Coruna , da que foi bibliotecario en 1918 e vicepresidente en 1923 . Participou na Asemblea de Lugo e Monforte . Foi promotor e fundador con Anxel Casal da primeira escola de ensinanza galega e foi comisionado para visitar as Escuelas del Mar e as Escuelas de ensinanza catala de Barcelona para ver como funcionaban. Colaborou con Leandro Carre Alvarellos na creacion da Escola Dramatica Galega . Colaborou en A Nosa Terra . Representante de calzados Senra, percorreu o pais con Victor Casas para levar a mensaxe do nacionalismo galego. Trasladado a Vigo foi fundador e presidente da ORGA viguesa e asistiu ao Pacto de Lestrobe . Retornou a Coruna en setembro de 1931 . En xuno de 1936 foi nomeado administrador do balneario Termas Pallares de Alhama de Aragon [ 2 ] . Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado por Responsabilidades Politicas e sufriu unha sancion economica. Foi membro correspondente da Real Academia Galega .

Obras [ editar | editar a fonte ]

  • Refrans e ditos populares galegos , 1972.

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Casou con Pilar Castro Iglesias en 1917.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. La Voz de Galicia , 13-8-1975, p. 30.
  2. La Voz de Galicia , 3-6-1936, p. 2.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]