한국   대만   중국   일본 
Estatua de Zeus en Olimpia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Estatua de Zeus en Olimpia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado cunha reconstitucion moi errada da estatua e santuario de Zeus en Olimpia

A estatua de Zeus en Olimpia , esculpida polo escultor grego Fidias ( seculo V a.C. ) no ano 433 a.C. , na cidade de Olimpia (actual Grecia ), foi considerada unha das sete marabillas do mundo antigo. No ano 394 foi transportada a Constantinopla (actual Istambul ), onde se di que foi destruida durante un incendio.

A estatua ocupaba a totalidade do ancho do corredor do templo construido para acollela. De acordo cunha fonte contemporanea, media aproximadamente doce metros de alto. Zeus foi esculpido en marfil (ou modelado , pois na realizacion o marfil poniase a mollo nun liquido que o facia mais maleabel) e foi sentado sobre un maxestoso trono feito de madeira de cedro embutida con marfil, ouro , ebano e pedras preciosas. Sobre a man dereita de Zeus habia unha pequena estatua de Nike , a deusa grega da vitoria; e a man esquerda sostina un cetro brillante cunha aguia na punta.

O santuario de Zeus [ editar | editar a fonte ]

Na antiguidade , os gregos celebraban un dos seus festivais mais importantes, os Xogos Olimpicos na honra do rei dos deuses, Zeus . Os atletas acudian de lugares moi afastados, dende Sicilia ate Exipto e Siria , ao santuario de Zeus situado na costa occidental de Grecia, no Peloponeso e esta celebracion contribuia a unificar as cidades-estado gregas.

A sede consistia nun estadio para os xogos e un bosque sagrado, ou Altis, no que se situaban os templos. O santuario de Zeus foi simple no principio, mais, asi como os xogos ganaban en importancia, viuse a necesidade de construir un mais adecuado a divindade. A construcion iniciouse entre 470 e 460 a.C. baixo a direccion de Libon de Elis , quen o rematou en 456 a.C. O templo, de estilo dorico , erguiase sobre unha plataforma rectangular elevada. O teito apoiabase en trece grandes columnas nos lados e seis en cada extremo. O edificio culminaba en pico. Os pedimentos creados pola inclinacion do tellado cubrianse con esculturas e baixo eles, xusto por baixo das columnas, outras esculturas describian os traballos de Hercules , seis a cada lado. Encargouselle a estatua de Zeus a Fidias , que xa creara unha de Atenea de 13 m. de alto para o Partenon de Atenas e que era o autor de boa parte das esculturas do exterior dese mesmo templo.

A estatua [ editar | editar a fonte ]

Ilustracion que tenta reproducir como seria a estatua.
Moeda de Elis.

Descricion [ editar | editar a fonte ]

A estatua sentada de Zeus , media uns 12 metros de altura e ocupaba todo o ancho da nave do templo construido para albergalo. Segundo o xeografo Estrabon no seculo I a estatua "semella como se Zeus se levantase". O Zeus era unha escultura criselefantina, feita de marfil e de bronce dourado-prateado. Non sobreviviu ningunha copia en marmore ou bronce, mais atoparonse versions sobre a mesma nunhas moedas romanas e xemas gravadas atopadas preto de Elis. Unha descricion moi detallada da escultura e do trono foi rexistrada polo viaxeiro Pausanias no seculo segundo. A escultura foi adornada con ramas de oliveira traballada en ouro e sentada nun trono magnifico de madeira de cedro , con incrustacions de marfil , ouro , ebano e pedras preciosas. Na man dereita de Zeus habia unha pequena estatua de Nike coroada, deusa da vitoria, tamen criselefantina, e na sua man esquerda, un cetro con incrustacions de ouro cunha aguia. Plutarco , na sua Vida do Xeneral romano Lucio Emilio Paulo, na lembra a sua vitoria sobre os macedonios , conta que cando viu a estatua, "conmoveu a sua alma, coma estivese vendo ao deus en persoa", mentres que no seculo I o orador grego Dion Crisostomo declarou que unha pequena ollada a estatua facia que un home esquezase todolos seus problemas terreais.

Data [ editar | editar a fonte ]

A data da estatua, o terceiro cuarto do seculo V antes de Cristo , foi durante moito tempo tema de debate, e so confirmada arqueoloxicamente polo descubrimento e a escavacion do taller de Fidias . Segundo unha lenda, cando se lle preguntou que inspirou a Fidias, xa sexa se escalou o Monte Olimpo para ver a Zeus ou se Zeus baixou do Olimpo para que Fidias o vise, o artista respondeu que se inspirara no Libro Primeiro, versiculos 528 - 530, da Iliada de Homero :

? κα? κυαν??σιν ?π' ?φρ?σι νε?σε Κρον?ων
?μβρ?σιαι δ' ?ρα χα?ται ?περρ?σαντο ?νακτο?
κρατ?? ?π' ?θαν?τοιο μ?γαν δ' ?λ?λιξεν ?λυμπον.

E dicir:

Dixo o Cronion, e baixou as negras cellas en sinal de asentimento;
os divinos cabelos axitaronse na cabeza do soberano inmortal,
e ao seu influxo estremeceuse o dilatado Olimpo.

Pescudas arqueoloxicas [ editar | editar a fonte ]

Estatua de Zeus no Ermitage de San Petersburgo seguindo o estabelecido por Fidias .

As primeiras escavacions arqueoloxicas foron levadas a cabo por un equipo frances en 1829 . Localizaron os limites do templo e atoparon fragmentos dos traballos de Hercules, hoxe en dia no Museo do Louvre . En 1875 e os cinco anos seguintes, outra expedicion alema localizou a maioria dos edificios, atopou mais fragmentos das esculturas do templo e localizou os restos da poza no chan que contina os oleos para a estatua.

Na decada de 1950 , outro equipo achou o obradoiro de Fidias ao oeste do templo, baixo unha igrexa cristia . Atoparon ferramentas, un foxo para moldear o bronce , formas de arxila e mesmo fragmentos de cabeiro de elefante que se terian usado. Moitas das formas de arxila, que se empregaran para crear laminas de ouro , tinan numeros de serie que deberon ser utilizadas para indicar o lugar que habian de ocupar. O estadio foi restaurado e dos templos e pouco o que fica, a excepcion dunhas columnas e nada da estatua.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]