한국   대만   중국   일본 
Estado de conservacion - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Estado de conservacion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O estado de conservacion dun grupo de organismos, como poden ser unha especie, refirese en ecoloxia da conservacion a se ese grupo ainda sobrevive e se ainda ten potencial de continuar existindo nunha area ou ecosistema.

A extincion e un proceso natural. Con todo, na actualidade as especies enfrontanse a unha importante accion antropica , sexa pola agricultura intensiva, a construcion de cidades ou de estradas, centrais hidroelectricas e outras obras, que favorece as extincions.

O estudo das poboacions permite conecer o seu estado de conservacion, ainda que a proteccion delas depende de medidas de preservacion que son tomadas polos poderes publicos ou, as veces, por particulares.

Categorias [ editar | editar a fonte ]

A Union Internacional para a Conservacion da Natureza e dos Recursos Naturais (IUCN) clasifica cada poboacion nunha das seguintes nove categorias (a abreviatura que segue e, por convencion, a da categoria en ingles):

* Extinta EX
* Extinta na natureza EW
* En perigo critico CR
* En perigo EN
* Vulnerabel VU
* Case ameazada NT
* Segura ou pouco preocupante LC
* Posiblemente extinta PE
* Posiblemente extinta na natureza PEW
* Datos insuficientes, DD
* Non avaliada, NE

Criterios de clasificacion [ editar | editar a fonte ]

  1. Tamano da area de distribucion : ampla en varios biomas / ampla en apenas un bioma / restrinxida a un bioma ou microrrexion / restrinxida e microendemica.
  2. Alteracions ambientais : habitat natural con pouca accion antropica / con moderada presion antropica (como maximo estradas asfaltadas) / habitat natural case totalmente destruido ou descaracterizado.
  3. Amplitude de distribucion : grande ocorrencia en ambientes secundarios / sobrevive en ambientes secundarios / ocorre en ambientes secundarios ainda que depende de poboacions en ambientes primarios / so ocorre en vexetacion primaria .
  4. Variacion poboacional do taxon : e moi frecuente ao longo da sua area de distribucion / e frecuente / e pouco frecuente / e raro.
  5. Variacion poboacional : poboadores estables ou crecentes / poboacions declinando a un ritmo lento / a un ritmo moderado / con acentuada reducion.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]