한국   대만   중국   일본 
Escritura italica - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Escritura italica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexa , un tipo de letra en italica.

En tipografia , as fontes italicas ou en escritura italica , son un tipo de escrita moi parecidas a cursiva , que, como esta, presenta as letras inclinadas cara a dereita e con forma aguzada. Foi de uso na Italia dos seculos XV e XVI .

Definicion [ editar | editar a fonte ]

As fontes en italica, maiormente en minusculas, estan baseadas nunha forma caligrafica estilizada. Debido a influencia da escritura a man, estes tipos inclinarse lixeiramente cara a dereita. A forma das letras difire da forma das letras romanas. As italicas verdadeiras son distintas das tipoloxias en oblicua ou cursivas, onde a letra romana esta lixeiramente inclinada. Por outra banda, as maiusculas en fontes italicas adoitan estar baseadas no deseno de maiusculas romanas, pero inclinadas.

Diferenzas entre fontes italicas e fontes romanas [ editar | editar a fonte ]

Diferenzas entre Times Italica e Romana e Arial Romana Inclinada e Romana

Unha das diferenzas perceptibeis entre as fontes romanas e as italicas consiste no feito de que as romanas son erectas (90°) e as italicas son levemente inclinadas para a dereita. Con todo, a principal diferenza e o fluxo e non a inclinacion. As fontes italicas posuen estrutura cursiva e continua, diferente das romanas. As serifas (Serif) italicas son frequentemente transitivas: son trazos na entrada e saida da letra, tendendo a inclinarse no angulo natural da escrita. [ 1 ]

Terminoloxia [ editar | editar a fonte ]

Adoitan confundirse as fontes en escritura italica coa curisva , e nalguns casos son sinonimos. Estan aceptados os termos cursiva e italica (tamen letra cursiva e letra italica ), pero rexeitase o termo "bastardina", decalco do castelan. [ 2 ] Moitas fontes tipograficas, especialmente nas suas versions para ordenador , tenen a variante en lingua inglesa script (imitando a letra manuscrita ). Algunhas italicas poden ser mais cursivas ca outras, asi como as romanas poden conter trazos caligraficos. No entanto, toda fonte italica tende ser moito mais cursiva cas romanas. [ 3 ]

As primeiras italicas producidas eran pouco inclinadas e eran desenadas para seren utilizadas con romanas maiusculas erectas. Hei exemplos de italicas manuscritas do seculo XV sen inclinacion.

Caracteres minusculos e maiusculos italicos da familia Garamond
Caracteres minusculos e maiusculos romanos da familia Garamond

Historia [ editar | editar a fonte ]

En 1501 , Francesco Griffo (1450/1518) criou o "italico tipografico": tipos en metal inspirados nas letras cursivas das chancelarias italianas para a imprenta veneciana de Aldo Manuzio . Os tipos italicos de Griffo economizaban espazo, en relacion aos tipos romanos e foran utilizados para compor, en 1501, unha obra de Virxilio no obradoiro de Manucio. O italico foi criado, naquela epoca, para ser utilizado como fonte de texto e non como fonte auxiliar, como e utilizada hoxe. [ 4 ]

Griffo traballou xunto a Manucio para desenvolver o primeiro tipo italico baseado nas letras de chancelaria. As letras minusculas da tipografia en metal italica foran proxectadas para o seu uso en libros. A idea de Manuzio era a de usar os tipos italicos para economizar espazo e manter o custo da producion baixo, grazas a economia de papel. [ 5 ]

En Portugal , e costume referirse a escritura italica por grifo . [ 6 ]

Mostra da escrita de Niccolo de' Niccoli , que deu orixe ao tipo italico

O tipo italico foi utilizado por primeira vez por Aldo Manuzo na Imprenta Aldina en 1501 na edicion de Virxilio . [ 7 ]

Baseado na escrita cursiva humanista orixinalmente desenvolvida nos anos 1420 por Niccolo de' Niccoli , [ 8 ] serviu como un tipo condensado para volumes simples e compactos. [ 9 ] As puncions para eses tipos foran cortadas por Griffo , tamen conecido por Francesco da Bologna. En 1501, Aldo Manuzio escribiu ao seu amigo Scipio:

Nos imprimimos e publicamos agora as Satiras de Juvenal e Persius nun formato moi pequeno, para que se mantena convenientemente nas mans e se aprenda de memoria (por non falar da lectura) por todos.

Diferentemente dos tipos italicos de hoxe, as letras maiusculas eran capitais romanas verticais, mais curtas que os ascendentes das letras italicas minusculas e foran producidas cerca de 65 letras con ligaduras nos libros Dante e Virgilio Aldinos de 1501.


Exemplos [ editar | editar a fonte ]

Exemplos de textos en tipos romano e italico verdadeiro:

Texto en romano e italico da familia Garamond

O mesmo exemplo en oblicuo.

Texto romano e oblicuo ou cursiva ; neste caso, inclinacion forzada do tipo romano Garamond

Usos [ editar | editar a fonte ]

Non hai ningunha regra gramatical internacional para usar o estilo de letra cursiva. A Universidade de Santiago de Compostela recolle no servizo de asesoramento do Servizo de Normalizacion Linguistica unha serie de indicacions para grafar en italica ou cursiva, resaltando que non estan apoiadas nunhas normas fixas de validez internacional, senon que foi o costume o que impuxo unha serie de usos que na actualidade son respectados de forma xeral en toda a documentacion. [ 10 ] A Galipedia ten unhas recomendacions de formato, incluindo o uso das italicas, no titorial de inicio.

No Brasil , os estandares ABNT recomendan o uso de cursiva para resaltar palabras ou frases nunha lingua estranxeira. En Portugal , as normas lexislativas do goberno apuntan ao uso da cursiva sempre que sexa necesario escribir unha palabra nunha lingua estranxeira, [ 11 ] practica reflectida no Diario da Republica . No Diario Oficial da Union Europea , a cursiva empregase en palabras, frases ou puntos nunha lingua estranxeira intercaladas no texto portugues, castelan ou nos outros idiomas oficiais. [ 12 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. [Bringhurst, Robert. Elementos do Estilo Tipografico . Sao Paulo : Ed. Cosac & Naify. 2005
  2. "bUSCatermos; cursiva, italica" . aplicacions.usc.es . Consultado o 2022-07-23 .  
  3. [Bringhurst, Robert. Elementos do Estilo Tipografico. Sao Paulo: Ed. Cosac & Naify. 2005
  4. "Francesco Griffo, (1450-1518) gravador de puncoes de Bologna, colaborador de Manutius" . www.tipografos.net (en portugues ) . Consultado o 2022-07-23 .  
  5. Clair, Kate. Manual de Tipografia; a historia, as tecnicas e a arte. Bookman, 2009. ISBN 978-85-7780-371-2
  6. "Francesco Griffo, (1450-1518) gravador de puncoes de Bologna, colaborador de Manutius" . www.tipografos.net . Consultado o 2022-07-23 .  
  7. "Eats, Shoots & Leaves" . Lynne Truss (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2022 . Consultado o 2022-07-23 .  
  8. Berthold Louis Ullman , The origin and development of humanistic script, Roma , 1960 , p. 77
  9. Updike, Daniel Berkeley (1922). Printing types, their history, forms, and use; a study in survivals . Cambridge : Harvard University Press; [etc., etc.]  
  10. "Os formatos graficos - Criterios linguisticos - USC" . www.usc.gal . Consultado o 2022-07-23 .  
  11. pdf Normas legais na elaboracion de actos normativos polo XVII Goberno Constitucional, artigo 18.º (Expresions en linguas estranxeiras)
  12. gl-5010100 .htm Codigo de Redaccion Interinstitucional. Anexo B1 Uso da cursiva

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre linguistica e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.