한국   대만   중국   일본 
Eritrea italiana - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Eritrea italiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEritrea italiana

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  15°20′N 38°55′L  /  15.33, 38.92 Coordenadas : 15°20′N 38°55′L  /  15.33, 38.92
Capital Massaua
Asmara Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 1.000 (1939) Editar o valor em Wikidata (0,01 hab./km² )
Lingua oficial lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 121.100 km² Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1890 Editar o valor em Wikidata
Disolucion 1936 Editar o valor em Wikidata

A Eritrea italiana , ou Colonia eritrea (en italiano Eritrea italiana ou Colonia eritrea ) foi a primeira das colonias do Reino de Italia en Africa .

A presenza italiana en Eritrea estendese desde 1869 (compra da cidade portuaria de Assab polos italianos) ate a ocupacion do territorio polos Estados Unidos e a Gran Bretana en 1941 .

A partir de 1936 o pais integrouse na Africa Oriental Italiana .

Polo Tratado de Paris de 1947 , Italia renunciou as suas pretensions coloniais en Eritrea, que se uniria ao imperio Etiope en 1952 .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Os primeiros pasos de Italia en Assab levanrose a cabo en 1869 , inmediatamente despois da apertura do canal de Suez , coa compra de terras polo misioneiro Giuseppe Sapeto , o que estimulou a compania navieira de Raffaele Rubattino . [ 1 ] A empresa italiana de navegacion comprou a baia de Assab a uns sultans para construir un porto para os servizos da sua frota comercial.

O 10 de marzo de 1882 , o goberno italiano adquiriu a terra de Assab da empresa italiana. [ 2 ]

O goberno exipcio protestou a esta adquisicion, e reivindicou a posesion da baia, o que orixinou unha controversia que non concluiu ate 1882 .

Pouco a pouco as forzas italianas foron conquistando a costa enteira ate ocupar a importante cidade portuaria de Massaua , abandonada polos anglo - exipcios , o 5 de febreiro de 1885 .

A cidade de Massaua converteuse na capital provisional desta posesion de ultramar, e o control italiano estendeuse no interior, a pesar da derrota na batalla de Dogali .

A ocupacion de Massaua daria como resultado a creacion da "colonia Eritrea", establecida en 1890 .

De acordo co tratado de Wuchale (en italiano, Uccialli), asinado entre o Reino de Italia e o Reino de Etiopia o 2 de maio de 1889 no campamento do rei Menelik II en Shewa , entre este e o conde Pietro Antonelli, en representacion do Reino de Italia.

Segundo a version italiana do tratado, estableciase que Etiopia estaba obrigada a tratar todos os seus asuntos de politica exterior e relacions con outras nacions estranxieras por medio das autoridades italianas, transformando asi de fetito ao reino etiope nun protectorado italiano.

Na version en amharico , en cambio, recomendabase simplemente consultar ao goberno italiano naqueles asuntos que involucraran outras nacions europeas.

A controversia entre ambos os paises, derivou na Primeira Guerra Italo-Etiope , entre 1895 e 1896 , que finalizou coa derrota italiana na batalla de Adua , e na delimitacion definitiva das fronteiras de Eritrea, polo que a expansion da colonia polas mesetas contiguas, a expensas de Etiopia , acabouse con esta derrota.

En 1893 o negus Menelik II denunciou o tratado de Wuchale.

Poren, Italia continuou a sua expansion no interior do pais ( Axum , Mekele , Adua ) e, en setembro de 1895 , produciuse a batalla de Amba Alagi entre as tropas etiopes e italianas; o 1 de marzo de 1896 os italianos foron outra vez derrotados en Adua.

Polo tratado de paz de Addis Abeba , que anulou o tratado de Wuchale, Italia reconeceu a independencia do imperio de Abisinia , e este ultimo reconeceu a colonia italiana de Eritrea.

Despois da ocupacion de Etiopia polas tropas italianas en 1936 , tras a Segunda Guerra Italo-Etiope , a colonia de Eritrea pasou a formar parte da Africa Oriental Italiana .

A partir de 1941 , no curso da segunda guerra mundial , Eritrea foi ocupada polos britanicos , que a entregaron a Etiopia en 1952 de acordo cunha decision da Organizacion das Nacions Unidas .

Fronteiras [ editar | editar a fonte ]

Division administrativa en gobernacions da Africa Oriental Italiana . Vexase a ampliacion de Eritrea (e a da Somalia italiana ) a costa de territorios etiopes.

A fronteira entre Eritrea e Etiopia definiuse por un tratado de 1908 .

A fronteira co Sudan Anglo-Exipcio regulouse polos tratados de 1887 , [ 3 ] e de 1901. [ 4 ]

E a fronteira entre Eritrea e Djibuti foi definida entre 1891 e 1901 .

Estas fronteiras mantenense na actualidade.

Poren, o territorio de Eritrea foi ampliado despois da conquista de Etiopia por Italie en 1936 .

A Gobernacion de Eritrea ( Governorato di Eritrea ), que durou seis anos, ate 1941 , comprendia algunhs territorios actualmente no norte de Etiopia.

Galeria [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Lazzarini, Vincenzo (1981): "P. Giuseppe Sapeto e la ripresa cattolica in Abissinia", Quaderni di studi etiopici , Asmara, n° 2.
  2. Ciglio, Carlo (1958-1959): "Etiopia - Mar Rosso (1857-1885)", en L'Italia en Africa , Roma serie storica, volume 1º (t. 1: texto; t. 2: documentos), Istituto della Stato .
  3. Cambio de notas sobre o limite da xurisdicion entre Italie e Ingleterra no mar Vermello, do 24-05-1887
  4. Declaracion entre Italia e Gran Bretana sobre a fronteira eritreo-sudanesa do 22-11-1901.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Antonicelli, Franco (1961): Trent'anni di storia italiana 1915-1945 . Torino: Mondadori.
  • Del Boca, Angelo (1985): Italiani in Africa Orientale: Dall'Unita alla Marcia su Roma . Bari: Laterza. ISBN 88-420-2638-7 .
  • Guazzini, Federica (1999): Le ragioni di un confine coloniale - Eritrea 1898-1908 . Torino: L’Harmattan Italia.
  • Maravigna, Pietro (1949): Come abbiamo perduto la guerra in Africa. Le nostre prime colonie in Africa. Il conflitto mondiale e le operazioni in Africa Orientale e in Libia. Testimonianze e ricordi . Roma: Tipografia L'Airone.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]