한국   대만   중국   일본 
Era comun - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Era comun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os nomes era comun ( e. c. ) e antes da era comun ( a. e. c. ) son designacions alternativas ao emprego das expresions ≪ despois de Cristo ≫ (d. C.) e ≪ antes de Cristo ≫ (a. C.), respectivamente. Nalgunhas ocasions, en lugar de e. c. podese atopar a abreviacion e. v. (en latin, era vulgaris : ‘era comun’). [ 1 ] Existen moitos documentos en case todas as linguas onde non se utiliza a abreviatura d. C. nin e. c. (quizais considerada superflua), directamente inscribese o numero da data da era actual, ainda que se usa a.   C. ou ben a.   e.   c. se o suceso ocorreu denantes do ano 1 .

Usos [ editar | editar a fonte ]

Entre os maiores museos do mundo (como a Smithsonian Institution ) [ 2 ] tamen se popularizou a utilizacion de ≪era comun≫. Moitas guias de referencia de centros educativos e medios de comunicacion social prescriben o uso de EC. [ 3 ] Mesmo guias de igrexas cristias regulan devandito uso, como a Igrexa Episcopal nos Estados Unidos de America na diocese de Maryland . [ 4 ]

As designacions era comun e antes da era comun son usadas por cientificos e academicos laicos (agnosticos ou ateos), ou seguidores dalgunha confesion, debido a sua neutralidade, posto que os termos ≪a. C.≫ e ≪d. C.≫ posuen un matiz relixioso . [ 5 ] Intelectuais que non sublinan o aspecto relixioso das datas en areas de historia , arqueoloxia , socioloxia e antropoloxia , utilizaron en recentes decadas EC e AEC. Moitos escritores xudeus , musulmans e outros prefiren a anotacion como termo neutral, mentres alguns cristians interpretan erroneamente a abreviatura e. c. (‘era comun’) como ‘era cristia’.

Nas suas publicacions, as Testemunas de Xehova usan exclusivamente "E. C." e "A. E. C.", e explican xeralmente nos pes de paxina que o mesmo se refire a ‘era comun’ e ‘antes da era comun’. [ 6 ] Isto en consideracion da ampla difusion das suas publicacions incluindo paises non cristians, como tamen por motivos de interpretacion relixiosa. [ 7 ]

En arqueoloxia adoita utilizarse a denominacion ≪ antes do presente ≫ (AP) que por convencion refirese ao presente do ano 1950. Un datado radiocarbonico cunha antiguidade de 4000 anos AP equivale aproximadamente a expresion 2000 AEC (2000 Antes da Era Comun, que equivale a dicir ‘2000 antes de Cristo’).

Nosa era [ editar | editar a fonte ]

A denominacion ≪nosa era≫ ―do mesmo xeito que ≪era comun≫― designase a traves dela o mesmo periodo que computa os anos para partir do ano 1 (convencionalmente o ano do nacemento de Xesucristo ) mais cunha vision universal que exclue a parcialidade relixiosa.

Como alternativa a abreviatura ≪a. C.≫ (‘antes de Cristo’) proponse o uso do acronimo ANE ou a abreviatura a. n. e. (‘antes da nosa era’). Por exemplo, segundo a sua lenda fundacional, Roma fundouse no 753 a. n. e.

Como alternativa a abreviatura d. C. (‘despois de Cristo’) proponse o uso do acronimo NE ou a abreviatura n. e. (‘nosa era’). De acordo coas regras de escritura do idioma galego , as abreviaturas deben levar un espazo apos cada punto.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. TheLema101. com Arquivado 09 de setembro de 2017 en Wayback Machine . (calendario telemico, en ingles). Consultado o 11 de abril de 2021.
  2. ≪World history standards≫ Arquivado 24 de abril de 2021 en Wayback Machine . (‘estandares na historia mundial’), artigo (en ingles) do 9 de setembro de 2006 no sitio web do Smithsonian Institute.
  3. ≪Ostracon guidelines≫ (regras de presentacion de traballos para The Ostracon ), Egyptian Study Society (Sociedade de Estudos Exipcios). Ligazon inaccesibel por requirir inicio de sesion;
    Chass.ColoState-Pueblo.edu , 9 de setembro de 2006;
    Press.jhu.edu Arquivado 10 de febreiro de 2016 en Wayback Machine . (Regras de presentacion de manuscritos);
    SagePub.com ( American Journal of Philology [‘Revista estadounidense de filoloxia’], Journal for the Study of the Pseudepigrapha (‘Revista para o estudo dos pseudoepigrafos’). YorkU.ca ( Canadian Journal of Cultural Studies Style Guide : guia de estilo da Revista Canadense de Estudos Culturais ].
  4. ANG-MD.org Arquivado 29 de agosto de 2012 en Wayback Machine . (Maryland Church News Submission Guide & Style Manual, Maryland Church News, 2005-04-01).
  5. Fuentes Rodriguez, Cesar : ≪Mundo gotico≫, pax. 11.
  6. Por exemplo: ≪Nesta publicacion, no canto das abreviaturas tradicionais “d. de J. C.” e “a. de J. C.”, ou “d. C.” e “a. C.”, usanse as abreviaturas mais exactas “E. C.” (era comun) e “a. E. C.” (antes da era comun)≫. ≪A Biblia... a Palabra de Deus, ou palabra do home?≫ .
  7. "Dos nosos lectores (Como se datan os manuscritos antigos?) ? BIBLIOTECA EN LINA Watchtower" . wol.jw.org . Consultado o 11 de abril de 2021 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]