한국   대만   중국   일본 
Emerito, emerita - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Emerito, emerita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jose Luis Puente Dominguez . Profesor emerito da USC .
James Cronin . Profesor emerito da Universidade de Chicago .

Un emerito e aquela persoa que, despois de retirarse do cargo que ocupaba, goza de beneficios derivados dunha profesion, especialmente docente universitaria ou eclesiastica , se lle concede este titulo como reconecemento aos seus bos servizos na mesma; beneficios que poden ser de diversa natureza segundo o rango e a institucion de que se trate. [ 1 ]

Utilizase o termo tamen para directores de orquestra que serviron superlativamente a entidade que lles outorga o titulo.

Polo xeral, concedese ao emerito a potestade de participar activamente nas tarefas que lle eran propias antes do seu retiro, previa consulta ao encargado do mesmo, daselles voz en asembleas e reunions e pode asistir a outras en calidade de invitado de honor.

Na Roma antiga chamaban ?meritus (emeritos) aos lexionarios licenciados que gozaban de privilexios como recompensa recibida polos seus bos servizos. [ 2 ]

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

O termo emerito e un adxectivo tirado do latin ?meritus, -a, -um , participio do verbo ?mereo , 'merecer', e tamen 'acabar o servizo militar', derivado de ex , 'por', e meritus , 'merito': 'por merito', 'debido ao merito', [ 3 ]

Na universidade [ editar | editar a fonte ]

Nas Universidades espanolas o nomeamento de profesores emeritos esta regulado polo Real Decreto 898/1985, [ 4 ] de 30 de abril, sobre o rexime do profesorado universitario. Nel estabelecese que o profesorado emerito:

  1. Sera contratado polo Consello de Goberno de cada Universidade de entre profesores xubilados pertencentes aos corpos docentes universitarios e que prestaran servizos destacados a Universidade durante un periodo minimo de dez anos .
  2. Estara representado xunto con outros colaboradores e asociados:
    1. No Claustro da Universidade
    2. No Consello de Goberno
    3. No eleitorado do reitor .
  3. No seu contrato especificaranse as suas obrigas academicas, que sempre seran a tempo parcial e por espazo de dous anos, podendo renovarse despois.

Noutros paises [ editar | editar a fonte ]

Noutros paises as condicions para o nomeamento de profesores emeritos non difiren demasiado, sendo o periodo de dez anos de docencia unha constante. Tamen existe a posibilidade, estendida no mundo anglosaxon , de outorgar o titulo automaticamente cando se cumpran os prazos requiridos e sen entrar a valorar, por exemplo, se as publicacions cientificas son de maior ou menor importancia. [ Compre referencia ]

No caso da Universidade Nacional Autonoma de Mexico (UNAM) requirese un periodo minimo de trinta anos prestando servizos destacados a Universidade. O nomeamiento outorgao o Consello Universitario a profesores e investigadores cun labor excepcional a Universidade. [ 5 ]

Na Igrexa [ editar | editar a fonte ]

Artigos principais : Papa emerito e Bispo emerito .

Nas congregacions cristias que posuen eses postos, contemplase a transferencia dun papa , arcebispo ou bispo ao estado de emeritado , polo cal se lle rescinden todas as suas responsabilidades pastorais, pero pode seguir celebrando misa e predicando, na medida en que llo permitan as suas forzas, pois polo xeral tratase de persoas de avanzada idade.

Na Igrexa catolica , os arcebispos e bispos emeritos pasan a selo cando renuncian ao seu cargo ante o Metropolitano, ou directamente ao Sumo Pontifice , deixando asi as suas responsabilidades diocesanas, auxiliares ou calquera outra que tiveran. Cando alcanzan a idade de 75 anos, a sua renuncia e obrigatoria segundo prescribe o Dereito Canonico .

Os arcebispos e bispos emeritos non forman parte da Conferencia episcopal do seu pais, pero si poden ser chamados consultivamente pola sua experiencia e venerabilidade. Si seguen pertencendo ao Colexio episcopal . Nalguns casos, cando o Episcopado se encontra en Visita Ad Limina , un ou varios bispos emeritos representan a Conferencia episcopal en ausencia dos bispos que exercen ditos cargos dentro deste organismo.

Na monarquia [ editar | editar a fonte ]

Espana [ editar | editar a fonte ]

O rei Xoan Carlos I asinando a sua abdicacion.
Artigo principal : Abdicacion de Xoan Carlos I .

Coa abdicacion do rei Xoan Carlos I de Espana en 2014 , [ 6 ] deuse unha situacion pouco comun, como e a convivencia de dous monarcas , e non prevista na Constitucion de 1978 , xa que nela so se indica que para que se dea este caso requirese un desenvolvemento lexislativo mediante Lei Organica. Ante esta situacion, o Goberno de Mariano Rajoy emitiu un Real Decreto, [ 7 ] polo cal, o Rei e a Raina saintes, Juan Carlos e Sofia conservarian os titulos de Rei e Raina respectivamente, cos mesmos honores que ten o herdeiro da Coroa, o Principe ou a Princesa de Asturias .

Debido a que os reis saintes conservaron moitos dos privilexios que tinan como reis reinantes e para distinguilos nos medios de comunicacion dos reis titulares da coroa, engadese a continuacion do seu titulo o adxectivo emerito . [ 8 ]

Xapon [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Daij? Tenn? .

O Daij? Tenn? ( 太上天皇 ? ) , tamen denominado como J?k? ( 上皇 ? ) , e o titulo outorgado a un emperador do Xapon que abdica en favor dun sucesor. En 2019 , o titulo foi revivido trala abdicacion de Akihito , cando a Axencia da Casa Imperial deu unha traducion oficial de J?k? como ≪emperador emerito≫. [ 9 ]

Na antiga Roma [ editar | editar a fonte ]

Na Roma antiga denominaban ?meritus (emeritos), [ 10 ] os lexionarios licenciados que gozaban de privilexios en recompensa polos seus bos servizos prestados. Usualmente, a parte do botin que puideran acumular nas diversas campanas, o xeneral do momento outorgaba aos seus soldados predilectos grandes concesions de terreos expropiados nos paises conquistados, co que se fundaban verdadeiras urbes co licenciamento dos soldados tras o fin de campanas importantes.

Un exemplo deste tipo de fundacion presentao a actual Merida , capital de Estremadura , Espana , que levou o nome de Emerita Augusta cando se creou no ano 25 a. C. Para o asentamento da nova poboacion, deuselles a cidadania romana aos habitantes das xentes que vivian previamente no lugar. Asi, o emperador Cesar Augusto premiou con esta nova cidade os seus homes ao finalizar as cruentas guerras cantabras , creando unha prospera cidade na Betica ?enton englobada na Hispania Ulterior ? que mais tarde se converteria na capital da provincia de Lusitania .

Notas [ editar | editar a fonte ]