한국   대만   중국   일본 
Elpidio Villaverde - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Elpidio Villaverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElpidio Villaverde

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 5 de novembro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcia de Arousa, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 17 de novembro de 1962 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
24 de febreiro de 1936 ? 2 de febreiro de 1939

Circunscricion electoral: Pontevedra
Deputado no Congreso dos Deputados
Alcalde de Vilagarcia de Arousa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Arxentina
Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacion politico , industrial Editar o valor em Wikidata
Partido politico Izquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Familia
Irmans Jesus Villaverde Rey Editar o valor em Wikidata

Elpidio Villaverde Rey , nado en Vilagarcia de Arousa o 5 de novembro de 1887 e finado en Buenos Aires o 17 de novembro de 1962 , foi un politico galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Fillo de Jesus Villaverde Buceta e Rosalia Rey Barreiro (natural da Arxentina), tivo nove irmans. En Vilagarcia fixo os seus primeiros estudos e traballou nos negocios paternos, a fabrica de salgado, o serradoiro e o Cine Fantasio. Marchou a Buenos Aires en 1904 coincidindo na viaxe co poeta Antonio Zapata , co que encabezou un motin contra os abusos e desatencions de que eran obxecto os emigrantes galegos por parte do capitan. Na Arxentina traballou en diversas oficinas comerciais e en 1906 regresou de novo a Galicia, onde se dedicou as tarefas comerciais da sua familia.

Actividades diversas [ editar | editar a fonte ]

Nomeado Presidente da Camara de Comercio o 24 de novembro de 1922 . Destacou polo contribucion a creacion da Xunta de Obras do Porto e pola creacion da comision administrativa do Porto ( 1923 ). Cooperou para que se executasen as obras da estrada da vila a Cornazo (1924). Tamen realizou xestions para a instalacion do servizo telefonico interurbano ( 1926 ). Puxo a primeira pedra para a Praza de Abastos (maio de 1926 ). O 17 de outubro de 1930 renunciou a presidencia da Camara.

Politica e galeguismo [ editar | editar a fonte ]

Militou nas Irmandades da Fala e posteriormente na ORGA , sendo elixido alcalde de Vilagarcia ao proclamarse a II Republica , ata que foi destituido en agosto de 1934 . No seu mandato construiuse a actual Escola de Musica e o antigo balneario. Durante o bienio negro, foi perseguido e encarcerado en Cambados . Nas eleccions xerais de 1936 foi electo deputado por Pontevedra por Izquierda Republicana na candidatura da Frente Popular , situacion na que o colleu o inicio da guerra civil .

Saiu de Galicia en barco desde A Pobra do Caraminal o 27 de xullo [ 1 ] de 1936 xunto co tenente de alcalde de Boiro Jose Martinez Virel na lancha San Jose nº 2 , dirixindose a Portugal onde o embaixador espanol Claudio Sanchez Albornoz o axudou para que puidera embarcar nun buque ingles camino de Francia , desde onde pasou a Madrid , para integrarse no bando republicano.


Predecesor:
Valentin Viqueira Torrente
 
Alcalde de Vilagarcia de Arousa
 
1931 - 1934
Sucesor:
Carlos Francisco Poyan Gonzalez

Exilio [ editar | editar a fonte ]

Rematada a Guerra Civil, exiliouse en Francia e posteriormente trasladouse a Buenos Aires , cidade na que se dedicou aos negocios, rexentando o restaurante "La Casa de la Troya".

Acompanou a Castelao a Montevideo para fundar o 15 de novembro de 1944 o Consello de Galiza , xunto a Ramon Suarez Picallo e Anton Alonso Rios . Falou no acto de constitucion representado a Galicia. Elpidio pertenceu ao Consello ata a sua morte. Acudiu as Cortes no exilio reunidas en Mexico e a toma de posesion dos Presidentes das Republicas de Chile e do Uruguai .

Tomou parte no primeiro Congreso da Emigracion Galega celebrado en Bos Aires en 1956 .

Pasamento [ editar | editar a fonte ]

Logo do seu repentino pasamento o 17 de novembro de 1962 foi velado no Centro pontevedres e soterrado no Mausoleo do Centro Gallego, do que era socio desde a sua chegada a Arxentina. As suas cinzas foron traidas a Vilagarcia en 1988 .

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Casou en outubro de 1916 con Rosina Otero. Foi o pai de Marivi Villaverde e sogro de Ramon de Valenzuela . Outra das suas fillas, Rosina Villaverde , casou con Sandalio Alonso de la Riva . O seu fillo mais novo foi Francisco Villaverde Otero.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Pereira, D. e Fernandez, E. : O movemento libertario en Galiza (1936-1976) . A Nosa Terra, 2006, paxina 13

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]