Eleccions a Cortes Constituintes de 1931 en Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tras a proclamacion da Republica en Espana o 14 de abril de 1931 como consecuencia dos resultados favorables aos candidatos republicanos nas eleccions municipais do 12 de abril , o goberno provisorio convocou eleccions a Cortes Constituintes para o 28 de xuno de 1931.
O sistema electoral rexiase polo decreto do 8 de maio de 1931, que establecia un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtina o 80% dos escanos por circunscricion e reservabase para as minorias o outro 20%. As circunscricions electorais eran as provincias e as cidades con mais de 100.000 habitantes e tinan dereito ao voto con homes maiores de 25 anos. O control do proceso estaba en mans das xuntas municipais, que presidia o xuiz municipal e que formaban persoas prominentes do concello, e as xuntas provinciais do censo, que presidia o presidente da Audiencia Territorial ou da Audiencia Provincial.

A circunscricion electoral da Coruna elixia 16 deputados, a de Lugo 10 deputados, a de Ourense 9 deputados e a de Pontevedra 13 deputados, en total en Galicia elixianse 47 deputados.

Para concorreren as eleccions os principais partidos republicanos e os de esquerda coaligaronse para obteren os deputados reservados as maiorias, mentres polo bando da dereita formaban candidaturas de independentes que posteriormente acabarian integrandose na CEDA .

Resultados [ editar | editar a fonte ]

En toda Galicia a ORGA, que concorria baixo as siglas da FRG, resultou a forza vencedora con 14 escanos, o Partido Radical obtivo 11 escanos, o PSOE 8, o Partido Radical-Socialista 2, Derecha Liberal Republicana 2, Galeguistas 2, Accion Republicana 1, independentes de dereita 4 escanos, Rexionalista 1 (Manuel Portela Valladares), Partido Radical Agrario 1 e a Union Monarquica 1.

Nas Cortes a FRG, os galeguistas e algun outro deputado formaron a Minoria Gallega.

A Coruna [ editar | editar a fonte ]

Na provincia da Coruna a ORGA presentouse baixo o nome de Federacion Republicana Gallega en candidatura conxunta co PSOE e conseguiu 9 escanos e Santiago Casares Quiroga foi o candidato mais votado na provincia, mentres o PSOE obtina 3 deputados. O Partido Radical presentouse en solitario e non conseguiu deputado ningun, ao igual que Partido Radical Agrario e o PCE . A candidaturas de dereitas conseguiu os 4 escanos reservados as minorias.

Deputados electos pola provincia da Coruna [ editar | editar a fonte ]

Lugo [ editar | editar a fonte ]

Na provincia de Lugo a FRG coaligouse con Manuel Portela Valladares e elementos da dereita como o xeneral Jose Sanjurjo Sacanell , pero tras a anulacion e a repeticion das eleccions en agosto integraronse na candidatura o PSOE, o Partido Radical e a Derecha Liberal Republicana que conseguiu os 8 escanos reservados para a maioria: 3 FRG, 2 Partido Radical, 2 PSOE, 1 DLR e 1 para Manuel Portela Valladares. Os 2 escanos das minorias foron para candidatos republicanos conservadores que se integraron no Partido Radical.

Deputados electos pola provincia de Lugo [ editar | editar a fonte ]

Ourense [ editar | editar a fonte ]

Na provincia de Ourense formaronse duas candidaturas para concorreren polas maiorias, a formada polo Partido Radical e o PSOE e a outra pola FRG, o Partido Radical-Socialista e o Partido Nazonalista Republican de Ourense .
Polas maiorias o Partido Radical conseguiu 3 escanos, o Partido Radical-Socialista 2, PSOE 1, FRG 1 e o PNRO 1. Polas minorias 1 escano foi para Accion Republicana e 1 para Union Monarquica de Jose Calvo Sotelo .

Deputados electos pola provincia de Ourense [ editar | editar a fonte ]

Pontevedra [ editar | editar a fonte ]

Na provincia de Pontevedra formouse unha unica candidatura para concorrer pola maioria; formabana a FRG, o PSOE e o Partido Radical. Polas minorias concorrian o Partido Radical Agrario , a Derecha Liberal Republicana e a Candidatura Galleguista. A FRG conseguiu 4 deputados, o PSOE 4, o Partido Radical 1 e polas minorias a DLR 1 escano, PRA 1 e a Candidatura Galleguista 1 ( Castelao ).

Deputados electos pola provincia de Pontevedra [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]