Efraim Basilio Krevey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEfraim Basilio Krevey
Biografia
Nacemento 28 de decembro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Ivai, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 3 de abril de 2012 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Curitiba, Brasil Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
10 de marzo de 1978 ? 13 de decembro de 2006
←  Jose Romao Martenetz ? Volodemer Koubetch (pt) Traducir →
Bispo titular
29 de novembro de 1971 ?
Diocese: Titular see of Caffa (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Brasil Editar o valor em Wikidata
Relixion Igrexa catolica e Igrexa catolica bizantina ucraina Editar o valor em Wikidata
Educacion Pontificia Universidade Gregoriana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion bispo catolico (1972?) , sacerdote catolico (1951?) , diacono (1951?) , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosa Orde de San Basilio Magno Editar o valor em Wikidata
Consagracion Paulo VI, papa Editar o valor em Wikidata
Premios

Efraim Basilio Krevey , nado o 12 de decembro de 1928 en Ivai ( Parana , Brasil ) e finado o 3 de abril de 2012 en Curitiba , e un eclesiastico catolico ucraino brasileiro , 2º bispo de San Xoan Bautista en Curitiba entre 1978 e 2006 .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Naceu o 12 de decembro de 1928 na colonia Saltinho, en Ivai ( Parana , Brasil ). [ 1 ] [ 2 ] En 1940 ingresou no seminario dos basilianos en Prudentopolis , facendose novizo en 1941 . [ 1 ] Estudou na Pontificia Universidade Gregoriana entre 1948 e 1952 , [ 2 ] e foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana de San Xosafat o 12 de novembro de 1951 por Ivan Buchko na igrexa dos Santos Serxio e Baco de Roma . [ 1 ] [ 2 ] Posteriormente foi reitor e profesor no seminario San Xose de Gravatai e superior do mosteiro de San Xosafat en Prudentopolis.

O 29 de novembro de 1971 foi nomeado bispo coadxutor de San Xoan Bautista en Curitiba e bispo titular de Caffa , recibindo a consagracion episcopal o 13 de febreiro de 1972 de mans do papa Paulo VI na basilica de San Pedro . [ 1 ] [ 2 ]

O 10 de marzo de 1978 sucedeu a Jose Romao Martenetz , quen presentou a renuncia por idade como bispo de Curitiba. [ 1 ] [ 2 ] Durante o seu pontificado organizou con exito a atencion pastoral aos ucrainos do Brasil, [ 2 ] e en outubro de 1998 aprobou a traducion a lingua portuguesa da liturxia ucraina, co proposito de facela mais accesible as novas xeracions de ucrainos xa nados no Brasil. [ 3 ] Realizou tamen unha importante actividade social e cultural, como a fundacion dun fogar para ancians en Marcelino Ramos , ou a construcion do Centro Relixioso-Cultural Ucraino "Poltava", en Curitiba .

En 1993 abriu o proceso de beatificacion de Anatolia Tecla Bodnar , relixiosa das Servas de Maria Inmaculada e iniciadora da sua congregacion no Brasil . [ 4 ]

Retirouse o 13 de decembro de 2006 , con 78 anos de idade. [ 1 ] Finou en Curitiba o 3 de abril de 2012 , por complicacions derivadas dun cancro de figado , [ 5 ] e foi enterrado na catedral de San Xoan Bautista . [ 1 ]

Premios e distincions [ editar | editar a fonte ]

Foi cidadan honorario de Campo Mourao . [ 6 ] O 19 de novembro de 2008 o presidente ucraino Viktor Yushchenko condecorou a Krevey coa Orde ao Merito , terceira clase, por ≪unha contribucion persoal significativa na informacion a comunidade mundial sobre a verdad do xenocidio do pobo ucraino durante o Holodomor de 1932-1933≫ . [ 7 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Arquidiocese de Olinda e Recife , ed. (3 de abril de 2012). "Falece dom Efraim Basilio Krevey" . Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2018 . Consultado o 12 de maio de 2015 .  
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Kubiiovych, Volodymyr; Huzar-Struk, Danylo, eds. (1984). Encyclopedia of Ukraine (en ingles) 2 . University of Toronto Press. p. 684. ISBN   9780802034441 .  
  3. Jung, Neiva Maria; Semechechem, Jakeline Aparecida (2009). "Eventos religiosos e suas praticas de letramento em comunidades multilingues e multiculturais". Forum Linguistico (Florianopolis) 6 (2): 33. ISSN   1984-8412 .  
  4. de Melo Camapanharo, Rosangela (12 de xuno de 2018). "Irma Anatolia, rogai por nos!" . Imaculada Rede de Educacao . Arquivado dende o orixinal o 30/12/2018 . Consultado o 19/10/2018 .  
  5. "Morre, aos 83 anos, bispo dom Efraim Basilio Krevey" . Gazeta do Povo (en portugues) . 3 de abril de 2012 . Consultado o 19/10/2018 .  
  6. Bonete, Clodoaldo (4 de abril de 2012). "Morre dom Efraim, Cidadao Honorario de CM" . Tribuna do Interior (en portugues) . Consultado o 19/10/2018 .  
  7. "УКАЗ ПРЕЗИДЕНТА УКРА?НИ № 1057/2008" . president.gov.ua (en ucraino) . 19 de novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 11/07/2014 . Consultado o 30/03/2019 . За вагомий особистий внесок у донесення до св?тово? сп?льноти правди про геноцид Укра?нського народу п?д час Голодомору 1932-1933 рок?в [...] Нагородити орденом ≪За заслуги≫ III ступеня [...] КРИВОГО ?фрема Василя - ?пископа-емерита Кур?т?бського Укра?нсько? католицько? церкви Бразил??.