한국   대만   중국   일본 
Dreamcast - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Dreamcast

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sega Dreamcast

A Sega Dreamcast (en xapones : ドリ?ムキャスト) foi a ultima consola de videoxogos creada por Sega . Despois de que a Dreamcast fose descontinuada, Sega abandonou o negocio da venda de videoconsolas, dedicandose ao mundo das maquinas de arcade e ao desenvolvemento de software para plataformas doutras empresas.

Especificacions tecnicas [ editar | editar a fonte ]

  • CPU : SH-4 RISC con unidade FPU vectorial de 128 Bits (frecuencia de operacion: 206 MHz 360 MIPS/1.4 GFLOPS)
  • Motor grafico : PowerVR2DC* (PowerVR2 CLX2 modificado)
  • Memoria : RAM Principal - 16 MB, RAM Video - 8 MB, RAM Son - 2 MB
  • Tarxeta de son  : Super Intelligent ( Yamaha ) Procesador de son con CPU RISC ARM de 32-Bit (64 canles PCM/ADPCM)
  • Unidade GD-ROM : velocidade maxima 12x (cando funciona a unha velocidade angular constante) - CAV GD-ROM e un novo medio de memoria de alta densidade (capacidade = 1.2 GB)
  • Modem : Modem extraible de 56 kbit/s (33.6 kbit/s en Europa, nalgunhas rexions de Asia non foi incluido). Un adaptador de banda larga (basicamente unha tarxeta Ethernet propia baseada nun chip Realtek) conecido popularmente coma BBA, estaba disponibel por separado.
  • Saida de cor : Aproximadamente 16.77 millons de cores simultaneas (24 bit)
  • Almacenamento : " Visual Memory Unit " (VMU) 1 MB dispositivo de memoria removibel.

A maquina era capaz de debuxar uns 7 millons de poligonos por segundo, pero a cantidade de memoria de video disponibel onde almacenar a xeometria dos xogos (modelos 3D etc.) foi un factor que limitou nun principio a potencia do PowerVR2DC a 3 millons de poligonos, conseguindose chegar a 12 millons soamente nalguns titulos ( Shenmue 2...).

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

A Dreamcast foi lanzada o 27 de novembro de 1998 no Xapon , o 9 de setembro de 1999 nos Estados Unidos e o 14 de outubro dese mesmo ano en Europa, moito antes que outras maquinas da sua xeracion saisen ao mercado. Foi a primeira consola que ofreceu conexion a Internet , tanto para xogos coma navegacion por paxinas web . A Dreamcast gozou de boas vendas inicialmente e foi unha das maquinas mais acertadas de Sega. Foi un intento de reconquistar o mercado das consolas cun sistema de vindeira xeracion desenado para substituir a PlayStation de Sony e a Nintendo 64 de Nintendo , pero principalmente por culpa da desconfianza (anteriormente algunhas consolas e accesorios de Sega foron pouco acertados, coma o 32X e o Sega CD ) e a proximidade dunha saturacion do mercado pola aparicion de Nintendo GameCube , Sony PlayStation 2 , e da Microsoft Xbox SEGA deuse conta que o negocio estaba nos xogos e non nas consolas.

En xaneiro de 2001 , Sega anunciou que despois de Dreamcast non farian mais consolas para se dedicar en exclusiva ao desenvolvemento de videoxogos. O publico malinterpretou coma que o sistema fracasara (xusto no seu mellor momento), pero curiosamente a partir de enton as vendas da consola dispararonse, xa que a pirateria era sumamente sinxela (simplemente poner un disco de arranque e despois o xogo pirata, sen necesidade de instalar chip de ningun tipo) e que na xente reinaba a idea de que se non a mercaban esgotarianse as existencias. Ao expandirse tanto as vendas da consola para xogar con xogos piratas, que motivaou que mais xente descubrise o sinxelo que era xogar con xogos pirateados, os desenvolvedores de xogos para Dreamcast comezaron a cancelar proxectos (incluso estando practicamente finados, coma no caso de Half-life ) por non os considerar rentabeis. O que fixo que antes de ter competencia tivese un abandono prematuro de novidades, ainda a pesar de ter competido polo menos durante unha tempada cos novos sistemas. Esta mestura de exito e fracaso de Dreamcast fixo as cousas mais sinxelas a competencia. Os primeiros xogos da competencia ofrecian menos calidade cos xogos de Dreamcast (alguns xogos nin sequera foran superados no que e o conxunto total do xogo polos sistemas actuais, caso de Soul Calibur, xogo de lanzamento de Dreamcast), co que se seguian a vender Dreamcast para xogar a xogos piratas ainda habendo a competencia.

Dreamcast usaba un formato propietario de discos chamado GD-ROM para almacenar os xogos, intentando evitar a pirateria, pero consiguindo uns resultados pouco efectivos, xa que se descubriu que os discos continan defectos de deseno, e os piratas foron capaces de copiar os xogos. Sega culpabase en grande medida a si mesma polos altos niveis de pirateria da sua Dreamcast ? o seu uso do formato GD-ROM foi minado totalmente pola compatibilidade da consola co formato Mil-CD , o cal permitia a consola arrincar desde un CD-R estandar. A compatibilidade co Mil-CD foi eliminada da revision final da Dreamcast ao final da vida da consola.

Microsoft cooperou con Sega coa idea de promover o seu sistema operativo Windows CE para videoxogos , pero Windows CE para Dreamcast mostrou capacidades limitadas comparando co sistema operativo nativo de Dreamcast. As bibliotecas que Sega proporcionou ofertaban mais potencia final, ainda que resultaba mais dificultosa a realizacion de conversions entre consola e PC.

A Dreamcast ten unha modesta comunidade de hackers. A disponibilidade do kit de desenvolvemento de Windows CE en Internet, asi coma conversions dos Sistemas Operativos Linux e NetBSD para Dreamcast deron aos programadores unha seleccion de ferramentas de desenvolvemento para traballar. Un Sistema Operativo caseiro chamado Kallistios oferta compatibilidade coa maioria do hardware, pero non ofrece multi-tarefa, o cal e superfluo para os xogos. Moitos emuladores e outras utilidades ( mp3 , reprodutores DivX e visores de imaxes) foron portados ou programados para a consola, aproveitandose da relativa facilidade coa cal o usuario caseiro podia crear un CD capaz de arrincar nunha Dreamcast non modificada a nivel de hardware. A dia de hoxe, Dreamcast e a consola que conta con maior numero de emualdores doutras maquinas.

Sega lanzou unha placa, usando a mesma tecnoloxia que a Dreamcast, chamada Sega NAOMI para usar en xogos arcade.

Ainda que a Dreamcast foi descontinuada oficialmente en 2001, seguense desenvolvendo xogos comerciais (a maioria soamente no Xapon ). O 24 de febreiro de 2004 , Sega lanzou o seu ultimo xogo conecido para Dreamcast, chamado Puyo Puyo Fever . Un pequeno numero de xogos de third-partys seguense lanzando e alguns outros novos xogos son oficialmente comercializados por Sega Xapon. Actualmente incluso vendese unha pequena cantidade de consolas procedentes de reparacions, xa que a demanda segue a ser alta.

Perifericos para Sega Dreamcast [ editar | editar a fonte ]

  • Mando estandar (Controller)
  • Visual Memory Unit (tarxeta de memoria con pantalla, cruz direccional e botons)
  • Arcade Stick
  • Modem
  • Broadband adaptor (adaptador de banda larga)
  • Cana de pescar, usada en xogos de pesca
  • Pistola, usada en xogos de tiros
  • Maracas, usadas en Samba De Amigo e a sua continuacion, Samba De Amigo Ver. 2000
  • Teclado (Keyboard)
  • Rato (Mouse)
  • Alfombra de baile, usada en xogos de baile coma os Dance Dance Revolution ou Feet of Fury
  • Microfono, usado en Seaman e Alien Front Online. Orientado ao xogo online.
  • Vibration Pack, para dar efectos de vibracion aos mandos ou perifericos

Lista de xogos [ editar | editar a fonte ]

Competidores [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]