DreamWorks Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DreamWorks Records
Fundado en 1996
Fundador David Geffen , Steven Spielberg e Jeffrey Katzenberg
Estado defunta
Distribuidoras Geffen Records , Polydor
Xenero(s) varios
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Localizacion Beverly Hills ( California )

DreamWorks Records foi un selo discografico estadounidense . Fundado en 1996 por David Geffen , Steven Spielberg e Jeffrey Katzenberg como unha subsidiaria de DreamWorks SKG , o selo operou ata 2003 , cando foi vendido ao Universal Music Group . A compania tamen operou unha subsidiaria baseada en Nashville, Tennessee , chamada DreamWorks Nashville, que estaba especializada en musica country e que pechou en 2005 . O logo da discografica foi desenado por Roy Lichtenstein , sendo o seu derradeiro encargo antes de que morrese en 1997 .

Historia [ editar | editar a fonte ]

En 1996 , seis anos despois de que Geffen vendese Geffen Records a MCA Music Entertainment , este uniuse a Spielberg e Katzenberg para crear DreamWorks SKG, [ 1 ] que incluia a subsidiaria DreamWorks Records. Rufus Wainwright seria o primeiro artista en asinar co novo selo a comezos de 1996 . Henry Rollins (tanto como artista en solitario como con Rollins Band ), Tamar Braxton , George Michael , Randy Newman , Morphine , Eels , Chris Rock ou Powerman 5000 entre outros tamen asinaron con DreamWorks.

O logo do selo foi o derradeiro proxecto completado polo artista Roy Lichtenstein . O distintivo deseno estreouse co disco Beautiful Freak , o primeiro album de Eels e o segundo lanzamento do selo. Geffen Records ditribuiu o material de DreamWorks ata 1999 , cando Interscope Records fixose coas tarefas de distribucion, ainda que a distrubucion internacional quedou en mans de Polydor . O selo foi presidido por Lenny Waronker e Mo Ostin, que dirixira Warner Bros. Records ata mediados dos 90.

O 11 de novembro de 2003 anunciouse que Universal Music Group (antigo MCA Music Entertainment , e nai de Interscope, Geffen e Polydor) chegara a un acordo para mercarlle DreamWorks Records a DreamWorks SKG por "uns 100 millons de dolares". [ 2 ] A compra chegou no momento no que o negocio da musica "estaba atravesando grandes cambios", xa que loitaba para "contrarrestar a caida de vendas e o impacto das vendas non oficiais de musica online". Mo Ostin, o principal executivo de DreamWorks Records, dixo: "A pesar dos retos do negocio da musica hoxe en dia, Universal esta mercando un activo morabilloso e a venda asegurara o futuro mais forte posible para os nosos artistas". [ 3 ] Baixo o novo contrato, DreamWorks Records situouse dentro do selo Interscope Geffen A&M, dirixido por of Jimmy Iovine. [ 2 ] DreamWorks integrouse en Geffen Records en 2004 .

Pola sua banda, a sua division de musica country estivo operativa ata o 29 de xaneiro de 2006 , cando foi pechada por Universal Music Group Nashville.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. King, Tom (2001). Broadway Books, ed. The Operator: David Geffen Builds, Buys, and Sells the New Hollywood . Nova York. p. 538. ISBN   978-0767907576 .  
  2. 2,0 2,1 Billboard (ed.). "UMG To Acquire DreamWorks Records" . Consultado o 9 de maio de 2017 .  
  3. BBC (ed.). "Universal buys Dreamworks Records" . Consultado o 9 de maio de 2017 .