한국   대만   중국   일본 
Dragon Quest - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Dragon Quest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dragon Quest (ドラゴンクエスト) e unha saga de videoxogos pertencente ao xenero dos RPGs . En America do Norte o titulo era Dragon Warrior ata a saida de Dragon Quest VIII . A sua primeira parte foi creada polo desenador de videoxogos xapones Yuji Horii para a videoconsola de Nintendo chamado Family Computer System ( NES en Europa e America ). Sairon xogos desta saga para Famicom (NES), Super Famicom (Super Nintendo), Game Boy Cor , Game Boy Advance , Nintendo DS , PlayStation e PlayStation 2 . Esperase ademais que saia esta serie para a PlayStation 3 e a Nintendo Wii para o 2007. Os primeiros Dragon Quest foron producidos pola compania Enix , ata que en 2003 esta fusionouse con Squaresoft , dando lugar a Square Enix .

Esta saga de xogos caracterizase por varios elementos:

  • Cando o protagonista se dirixe a un PNX , so aparece na fiestra de texto a resposta do PNX, non o que di o propio protagonista.
  • E comun que se poida capturar monstros e utilizalos como personaxes controlables .
  • Segue o sistema de combates consistente en mostrar imaxes frontais dos monstros e varios menus que nos permiten elixir as accions a seguir. Os protagonistas non aparecen durante o combate, xa que se asume que o combate e en primeira persoa. Este sistema de combate e identico ao do tamen RPG Phantasy Star . Isto cambiou coa saida de Dragon Quest VIII , no que se pode ver como os personaxes ou os inimigos atacan.

Creadores [ editar | editar a fonte ]

Os creadores desta serie son basicamente tres:

  • Yuji Horii entra a traballar a Enix logo de ganar un concurso e desde ese momento creou varios titulos ata que chegou o seu gran momento ao crear a serie de Dragon Quest na que segundo di queria facer unha especie de manga onde se puidese elixir que fixese o protagonista.
  • Akira Toriyama famoso por crear series como Dragon Ball . Traballaba na mesma revista que Horii e foi ai onde este lle pediu axuda na creacion dun novo proxecto; necesitaba que alguen crease os monstros e personaxes dun videoxogo. Desde ese momento encargase diso nesta serie.
  • Koichi Sugiyama e o compositor de cada un dos temas de Dragon Warrior. Moitos xogadores opinan que o seu mellor traballo desenvolveuno na terceira entrega deste xogo, ainda que reconecen que e bo en cada un dos xogos nos que participou. Ademais de traballar en videoxogos tamen participou en peliculas como as da saga de Godzilla .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]