Don Juan (personaxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Juan desenvainando a espada na opera Don Giovanni de Mozart ; cadro de Max Slevogt : Francisco d'Andrade como Don Giovanni , 1912.

Don Juan e un personaxe arquetipico literario creado por Tirso de Molina , configurado na literatura espanola e con longa descendencia na literaria europea.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Tamen chamado burlador ou libertino , tratase dun sedutor valente e afoutado ate a temeridade que non respecta lei algunha, nin divina nin humana. Nalgunhas obras arrepintese ao final dos seus dias, pero noutras non. O personaxe poderia ter raices historicas, e enlazar con Miguel de Manara , un gran pecador arrepentido. Deu pe a aparicion do personaxe Giacomo Casanova , da literatura italiana .

Ten a sua orixe na obra El burlador de Sevilla y convidado de piedra , de Tirso de Molina (1630). Con todo, hai autores que defenden que esta obra e unha refundicion doutra, conecida como Tan largo me lo fiais , atribuida a Andres de Claramonte . En calquera caso, hai no teatro do Seculo de Ouro e anterior da literatura en castelan certos antecedentes do tipo do sedutor falabarato, e nos romances , do tema do convidado de pedra , que despreza aos mortos e acepta temerariamente a invitacion dun deles.

O personaxe e a sua actitud vital, denominada xenericamente donxoanismo , inspirou a numerosos ensaistas como Ramon Perez de Ayala , Victor Said Armesto , Arturo Farinelli , Ramiro de Maeztu , Americo Castro ou Ortega y Gasset , que ven na figura do sedutor desde un inmaturo patoloxico e efeminado (proximo ao narcisismo e a homosexualidade , segundo Gregorio Maranon ), a unha figura satanica e rebelde tipicamente romantica, ou o arquetipo universal do sedutor insatisfeito.

Existencia real [ editar | editar a fonte ]

Desde o seculo XVII deuse credito a idea de que Don Juan Tenorio existiu realmente e que foi un cabaleiro malagueno. Tal idea foi recollida polo hispanista Louis Viardot no seculo XIX [ 1 ] , e posteriormente por Gregorio Maranon , que recolle a existencia dos Tenorio e da calidade de sedutor dalgun deles, pois un tal Cristobal Tenorio tivo amorios coa filla de Lope de Vega e incluso se bateu con el, ferindoo.

Especulouse que a razon da eleccion de tal apelido por Tirso de Molina puido ser pola similitude co verbo castelan tener (que induce a relacionalo co feito da posesion) e co substantivo tenor (que o relaciona coa voz masculina) [ 2 ] .

Na sua obra Don Juan , Torrente Ballester emparentao coa familia nobre procedente de Tenorio e descendente de Alonso Jofre Tenorio , a quen o rei Afonso X concedeu terras en Sevilla trala reconquista castela.

Obras inspiradas no personaxe [ editar | editar a fonte ]

Outros autores foron Azorin , Christian Grabbe , Alexandre Dumas , Carlo Goldoni , Edmond Rostand e, mais recentemente, Max Frisch . En Espana foi tradicion representar a obra de Antonio de Zamora (e despois a de Zorrilla), na festividade de Todos os Santos.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Etudes sur l’histoire des institutions, de la litterature, du theatre et de beaux arts en Espagne (1835)
  2. Marcela Aniela: "El viaje de Don Juan a traves de los siglos" Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine . Universitatea Pite?ti.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]