한국   대만   중국   일본 
Discurso do metodo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Discurso do metodo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Portada da primeira edicion

O Discurso do metodo e unha obra de Rene Descartes publicada en 1637 . O titulo orixinal e Discurso do metodo para conducir ben a propia razon e buscar a verdade nas ciencias (Discour de la methode pour bien conduire sa raison, et chercher la verite dans les sciences) e e unha obra fundamental da filosofia occidental con implicacions para o desenvolvemento da filosofia e da ciencia.

Contido [ editar | editar a fonte ]

O propio Descartes divide a sua obra en seis partes:

Primeira parte [ editar | editar a fonte ]

Constitue unha autobiografia intelectual na que Descartes pon en dubida todos os conecementos aprendidos ate o momento. Propon un novo metodo para chegar a un saber que sexa totalmente seguro e realiza unha profunda critica das ciencias e da filosofia escolastica do seu tempo. Despois diso, reconece que as matematicas e o conecemento doutras persoas, mediante viaxes, ofrecen un saber seguro pero acaba rexeitando estas viaxes xustificandoo asegurando que as diferenzas que existen entre uns pobos e outros non permiten conecer a verdade . Conclue afirmando que a unica maneira de atopar a verdade e nun mesmo.

Segunda parte [ editar | editar a fonte ]

Nesta parte, sinala que as ciencias, ao ser realizadas por diferentes autores coas suas distintas opinions, non son portadoras dun verdadeiro saber. Propon renunciar a esta diversidade de opinions e extraer outra da nosa propia razon, xa que as crenzas coas que nos educaron dependen do contorno onde naceramos e das persoas que nos educaron. Descartes aclara que a reforma non se encamina a unha reforma da ensinanza oficial, senon que explica como el levou a cabo a reforma do seu propio pensamento . Seguidamente, expon os fundamentos do seu novo metodo, que foron encontrados na loxica , na analise , na alxebra e na xeometria .

Terceira parte [ editar | editar a fonte ]

Establece a dubida metodica para poder chegar a verdade na segunda parte, pero nesta terceira explica que, mentres dubida de todo, ten que crear unha moral provisional que controle a sua vida.

Concluida a sua moral provisional, decide dedicar toda a vida a razon e avanzar no conecemento mediante o uso do metodo. Para iso, decide viaxar e falar cos homes, e faino durante nove anos, mais, pese a avanzar no conecemento da verdade, non consegue encontrar os fundamentos dunha filosofia <<mais certa que a vulgar>>. Decide viaxar aos Paises Baixos para realizar esta nova filosofia e faino durante a Guerra dos Trinta Anos , tempo suficiente para adicarse a esta tarefa.

Cuarta parte [ editar | editar a fonte ]

Este e o capitulo central do Discurso do metodo , no que crea un principio para a nova filosofia: << Penso, logo existo >>, establecendo a partir del a existencia de Deus .

A existencia de Deus demostranos, ao mesmo tempo, a existencia do mundo, xa que Deus e infinitamente bo e non pode deixar que nos enganemos ao pensar que o mundo existe e e asi como Deus garante a existencia das nosas ideas.

Pero Descartes, pese a ter en conta o dito, afirma que <<e o noso deber e non o de Deus, librarnos das ilusions e evitar os erros>>.

Quinta parte [ editar | editar a fonte ]

Rene Descartes , autor da obra, no seu escritorio

Aqui explica brevemente o contido do mundo. Explica a formacion do mundo arredor da luz : o sol producea, os ceos transmitena, a terra e os demais planetas reflictena e o home actua como espectador.

A continuacion, establece as principais funcions do ser vivo . Sosten que o corazon se dilata e se contrae grazas a calor que expulsa e tamen a que os <<espiritos animais>> son transportados aos distintos organos.

Por ultimo, diferencia o home do resto dos animais xa que non tenen pensamento ou alma racional. Explicase que os animais si tenen alma, pero e inferior dado que os animais non fan uso da razon e que a alma do home e independente do corpo e inmortal.

Sexta parte [ editar | editar a fonte ]

Neste ultimo capitulo, establece unha serie de reflexions sobre o alcance da investigacion cientifica, pensando, ademais, na publicacion das suas sopesando as razons favorables e en contra. Asi, o progreso cientifico reporta moitos beneficios materiais e morais e necesita a comunicacion das experiencias doutras persoas.

Pola contra, Descartes non se convence da publicacion da sua investigacion, xa que esta pode mesturarse co espirito relixioso dos teologos da epoca, dando lugar a algunha que outra controversia e malgastando dese modo o seu tempo.

Todas estas razons levano a publicar so o Discurso do metodo e outros pequenos ensaios. No remate da obra, afirma que se consagrara a medicina , afirmando de novo que el non quere ser importante no mundo para poder adicarse ao estudo sen obstaculos nin distraccions.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]