한국   대만   중국   일본 
Desfosforilacion - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Desfosforilacion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A desfosforilacion e a retirada dun grupo fosfato dun composto organico por hidrolise . E unha modificacion postraducional cuxo oposto e a adicion de grupos fosfato ou fosforilacion . A desfosforilacion e un proceso moi regulado, que activa e dasactiva encimas ao clivar os esteres fosforicos e anhidridos . Un exemplo importante de desfosforilacion e a conversion da ATP en ADP e fosfoato inorganico.

A desfosforilacion utiliza un tipo de encimas hidroliticos ou hidrolases , que clivan os enlaces ester. Unha importante subclase de hirolases usada nas desfoforilacions e a das fosfatases . As fosfatases retiran grupos fosfato ao hidrolizaren monoesteres de acido fosforico dando un ion fosfato libre e unha molecula cun grupo hidroxilo (OH) libre.

A reaccion de fosforilacion-desfosforilacion reversible ocorre practicamente en todos os procesos fisioloxicos, facendo que funcionen debidamente as proteinas fosfatadas necesarias para a viabilidade do organismo. Como a desfosforilacion das proteinas e un proceso clave implicado na sinalizacion celular , as protein fosfatases estan implicadas en condicions medicas como as doenzas cardiacas , diabetes , e enfermidade de Alzheimer .

Historia [ editar | editar a fonte ]

O descubrimento da desfosforilacion foi o resultado dunha serie de experimentos que estudaron o encima fosforilase illado do musculo esqueletico de coello. En 1955, Edwin Krebs e Edmond Fischer utilizaron ATP marcado radioactivamente para determinar que cando se engadia fosfato por fosforilacion ao residuo de serina da fosforilase esta convertiase da sua forma b a forma a . [ 1 ] Despois, Krebs e Fischer demostraron que esta fosforilacion forma parte dunha fervenza de quinases . Finalmente, despois de purificaren a forma fosforilada do encima, que e a fosforilase a , do figado de coello, utiizando cromatografia de intercambio ionico identificaron as fosfoprotein fosfatases I e II. [ 2 ]

Desde o descubrimento destas proteinas desfosforilantes, a natureza reversible da fosforilacion e desfsforilacion foi asociada cunha ampla gama de prteinas funcionais, principalmente encimaticas, pero tamen algunhas non encimaticas. [ 3 ] Edwin Krebs e Edmond Fischer ganaron o Premio Nobel de Medicina de 1992 polo descubrimento da fosforilacion reversible de proteinas. [ 4 ]

Funcion [ editar | editar a fonte ]

Estrutura cristalografica da PTEN ( fosfatase humana e homologo da tensina ). O centro activo mostrase en amarelo, o dominio N-terminal fosfatase en azul, e o dominio C2 C-terminal en vermello. [ 5 ]

A fosforilacion e desfosforilacion de grupos hidroxilo pertencentes a aminoacidos neutros pero polares como a serina , treonina , e tirosina de proteinas diana especificas e unha parte fundamental da regulacion dos procesos fisioloxicos. A fosforilacion implica a modificacion covalente do hidroxilo cun grupo fosfato por medio do ataque nucleofilico do fosfato alfa do ATP polo oxixeno do hidroxilo. A desfosforilacon implica quitar grupos fosfato por medio dnha reaccion de hidratacion por adicion dunha molecula de auga e a liberacion dun grupo fosfato orixinal, redxenerando o hidroxilo. Ambos os procesos son reversibles e ambos os mecanismos poden usarse para activar ou desactivar unha proteina. A fosforilacion dunha proteina produce moitos efectos bioquimicas, como cambiar a sua conformacion para alterar a sua union a un ligando especifico e incrementar ou reducir a sua actividade. A fosforilacion e desfosforilacion poden utilizarse en todos os tipos de substratos , como proteinas estruturais, encimas, canais de membrana, moleculas de sinaizacion, e outras quinases e fosfatases . A suma destes procesos denominase fosforregulacion. [ 6 ] A desregulacion da fosforilacion pode orixinar doenzas. [ 7 ]

Modificacion postraducional [ editar | editar a fonte ]

Durante a sintese de proteinas, as cadeas polipeptidicas, que se forman pola traducion nos ribosomas de ARNm , deben ser procesadas antes de asumir unha conformacion madura. A desfosforilacion de proteinas e un mecanismo para a modificacion do comportamento dunha proteina, xeralmente ao activar ou inactivar un encima. Componentes do aparato sintetico de proteinas tamen sofren fosforilacion e desfosforilacion e isto regula a velocidade de sintese proteica. [ 8 ]

Como parte das modificacions postraducionais , poden quitarse grupos fosfato da serina, treonina, ou tirosina. As vias da transducion de sinais intracelular dependen da fosforilacion e desfosforilacion secuencial dunha ampla variedade de proteinas.

ATP [ editar | editar a fonte ]

ATP
4?
 + H
2
O 
 ADP
3?
 + HPO
4
2?
 + H
+

A adenosina trifosfato , ou ATP, actua como unha "moeda" de enerxia libre en todos os organismos vivos. Esta molecula, nunha reaccion de desfosforilacion espontanea, libera 30,5 kJ/mol, que se empregan para impulsar reaccions celulares. En conxunto, as reaccions en principio non espontaneas acopladas a desfosforilacion do ATP fanse espontaneas, debido ao cambio de enerxia libre relativo da reaccion acoplada. O ATP e desfosforilado a ADP e fosfato inorganico. [ 9 ]

A nivel celular, a desfosforilacion de ATPases determina o fluxo de ions dentro e fora da celula. Os inhibidores da bomba de protons son un tipo de farmacos que actuan directamente sobre as ATPases do tracto gastrointestinal.

A desfosforilacion noutras reaccions [ editar | editar a fonte ]

Ademais do ATP, outras moleculas sofren desfosforilacions como parte doutros sistemas bioloxicos. Diferentes compostos producen diferentes cambios de enerxia libre como resultado da desfosforilacion. [ 10 ]

Molecula Cambio de enerxia libre
Acetil fosfato 47,3 kJ/mol
Glicosa 6-fosfato 13,8 kJ/mol
Fosfoenolpiruvato (PEP) -61,9 kJ/mo
Fosfocreatina 43,1 kJ/mo

A psilocibina tamen depende da desfosforilacion para ser metabolizada en psilocina e despois eliminada.

Importancia da desfosforilacion no fotosistema II [ editar | editar a fonte ]

O primeiro complexo formado por proteinas e pigmentos da fase luminosa da fotosintese denominase fotosistema II . O complexo captura fotons de luz, proporcionando electrons necesarios para que na fortosintese se produza mais tarde ATP ( fotofosforilacion ). O fotosistema II e especialmente sensible a temperatura, [ 11 ] e a desfosforilacion impulsa a plasticidade na resposta a variacions de temperatura. A desfosforilacion de proteinas acelerase a elevadas temperaturas nas proteinas do centro de reaccion do complexo do fotosistema II, o que protexe a planta. [ 12 ]

Papel da desfosforilacion en doenzas [ editar | editar a fonte ]

Patoloxia [ editar | editar a fonte ]

Unha desfosforilacion excesiva das ATPases de membrana e das bombas de protons do tracto gastrointestinal orixina unha secrecion elevada de acidos pepticos. Isto orixina ardores de estomago e esofaxite. As ulceras pepticas orixinanse polo pH extremo que orixina a desfosforilacion en combinacion cunha infeccion por Helicobacter pylori . [ 13 ]

A proteina asociada a microtubulos tau esta anormalmente hiperfosforilada cando se illa do cerebro de pacientes da enfermidade de Alzheimer . Isto debese a disfuncion dos mecanismos da desfosforilacion en aminoacidos especificos da proteina tau. A desfosforilacion de tau esta catalizada pola protein fosfatase-2A e protein fosfatase-2B. A deficiencia ou modificacion dunha ou varias proteinas pode estar implicada na fosforilacion anormal das proteinas tau no alzeimer. [ 14 ]

A desfosforilacion tamen esta ligada con doenzas cardiacas, especialmente a alteracion de interaccions actina - miosina , que son claves para proporcionar a forza necesaria para o latexo cardiaco. A desfosforilacion e unha parte fundamental da cinetica do ciclo da miosina que controla directamente as interaccions actina-miosina. Cando se interrompe o proceso de desfosforilacion, a contraccion cardiaca dependente de calcio esta alterada ou completamente inactivada. [ 15 ]

Algunhas investigacions tamen indican que as modificacions da desfosforilacion influen en procesos fisioloxicos envolvidos na diabetes mellitus . A cinetica da desfosforilacion das fosfoproteinas substrato-1/2 do receptor da insulina , Akt, e ERK1/2 esta implicada na sinalizacion do receptor da insulina, e os modelos in vitro demostran que os cambios na cinetica da desfosforilacion influen na estimulacion da insulina augas arriba e augas abaixo da fervenza de reaccions. [ 16 ]

Tratamentos [ editar | editar a fonte ]

A inhibicion da bomba de protons [ 13 ] fai diminuir significativamente a acidez do tracto gastrointestinal, reducindo os sintomas de enfermidades relacionadas coa acidez. O cambio resultante no pH fai diminuir a supervivencia da bacteria H. pylori , unha causa principal das ulceras a pepticas. Unha vez que o inhibidor da bomba de protons erradica esta bacteria do estomago (para o cal poden ser necesarios tamen tratamentos con antibioticos ), revertese o refluxo erosivo. O tratamento das enfermidades cardiacas mellorou co uso de farmacos que inhiben a AMPK por medio de desfosforilacion. [ 17 ] No tratamento do diabetes, o farmaco sulfonilurea pode estimular a desfosforilacion do transportador de glicosa GLUT4 , diminuindo asi a resistencia a insulina e aumentando a utilizacion de glicosa . [ 18 ]

Aplicacions en investigacion [ editar | editar a fonte ]

A desfosforilacion xoga un papel clave en bioloxia molecular, especialmente na clonacion usando encimas de restricion . Os extremos cortados dun vector de clonacion poden volverse a unir durante o paso de ligacion debido a fosforilacion. Pode evitarse que estes extremos se volvan a unir usando unha fosfatase desfosforilante. [ 19 ] Estas fosfatases alcalinas utilizadas proceden xeralmente do intestino de tenreira, e denominanse abreviadamente CIP ( Calf-intestinal alkaline phosphatase , fosfatase alcalina de intestino de tenreira). [ 20 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. FISCHER, EH; KREBS, EG (Sep 1955). "Conversion of phosphorylase b to phosphorylase a in muscle extracts.". The Journal of Biological Chemistry 216 (1): 121?32. PMID   13252012 .  
  2. Khandelwal, RL; Vandenheede, JR; Krebs, EG (Aug 25, 1976). "Purification, properties, and substrate specificities of phosphoprotein phosphatase(s) from rabbit liver." . The Journal of Biological Chemistry 251 (16): 4850?8. PMID   8449 .  
  3. Krebs EG, Beavo JA (1979). "Phosphorylation-dephosphorylation of enzymes" . Annu. Rev. Biochem. 48 : 923?59. PMID   38740 . doi : 10.1146/annurev.bi.48.070179.004423 .  
  4. Raju TN (June 2000). "The Nobel chronicles. 1992: Edmond H Fischer (b 1920) and Edwin G Krebs (b 1918)". Lancet 355 (9219): 2004. PMID   10859071 . doi : 10.1016/S0140-6736(05)72951-2 .  
  5. PDB 1d5r ; Lee JO, Yang H, Georgescu MM, Di Cristofano A, Maehama T, Shi Y, Dixon JE, Pandolfi P, Pavletich NP (outubro de 1999). "Crystal structure of the PTEN tumor suppressor: implications for its phosphoinositide phosphatase activity and membrane association". Cell 99 (3): 323?34. PMID   10555148 . doi : 10.1016/S0092-8674(00)81663-3 .  
  6. Beltrao P, Trinidad JC, Fiedler D; et al. (June 2009). "Evolution of phosphoregulation: comparison of phosphorylation patterns across yeast species" . PLoS Biol. 7 (6): e1000134. PMC   2691599 . PMID   19547744 . doi : 10.1371/journal.pbio.1000134 .  
  7. Bononi A, Agnoletto C, De Marchi E; et al. (2011). "Protein kinases and phosphatases in the control of cell fate" . Enzyme Res 2011 : 329098. PMC   3166778 . PMID   21904669 . doi : 10.4061/2011/329098 .  
  8. Celis JE, Madsen P, Ryazanov AG (June 1990). "Increased phosphorylation of elongation factor 2 during mitosis in transformed human amnion cells correlates with a decreased rate of protein synthesis" . Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 87 (11): 4231?5. PMC   54082 . PMID   2349232 . doi : 10.1073/pnas.87.11.4231 .  
  9. Casiday, Rachel. "Energy for the Body: Oxidative Phosphorylation" . Consultado o 5 April 2013 .  
  10. Casiday, Rachel. "Oxidation-Reduction Reactions Experiment" . Energy for the Body: Oxidative Phosphorylation . Department of Chemistry, Washington University . Consultado o 24 April 2013 .  
  11. Yamauchi, Yasuo (29 July 2011). "Plants switch photosystem at high temperature to protect photosystem II". Plant Biology .  
  12. Rokka, A; Aro, EM; Herrmann, RG; Andersson, B; Vener, AV (Aug 2000). "Dephosphorylation of photosystem II reaction center proteins in plant photosynthetic membranes as an immediate response to abrupt elevation of temperature." . Plant physiology 123 (4): 1525?36. PMID   10938368 . doi : 10.1104/pp.123.4.1525 .  
  13. 13,0 13,1 Robinson, M (Jun 2005). "Proton pump inhibitors: update on their role in acid-related gastrointestinal diseases.". International journal of clinical practice 59 (6): 709?15. PMID   15924600 . doi : 10.1111/j.1368-5031.2005.00517.x .  
  14. Gong CX, Grundke-Iqbal I, Iqbal K (August 1994). "Dephosphorylation of Alzheimer's disease abnormally phosphorylated tau by protein phosphatase-2A" . Neuroscience 61 (4): 765?72. PMID   7838376 . doi : 10.1016/0306-4522(94)90400-6 .  
  15. Sheikh F, Ouyang K, Campbell SG; et al. (April 2012). "Mouse and computational models link Mlc2v dephosphorylation to altered myosin kinetics in early cardiac disease" . J. Clin. Invest. 122 (4): 1209?21. PMC   3314469 . PMID   22426213 . doi : 10.1172/JCI61134 .  
  16. Zhande R, Zhang W, Zheng Y; et al. (December 2006). "Dephosphorylation by default, a potential mechanism for regulation of insulin receptor substrate-1/2, Akt, and ERK1/2". J. Biol. Chem. 281 (51): 39071?80. PMID   17068339 . doi : 10.1074/jbc.M605251200 .  
  17. Hutchinson, DS; Summers, RJ; Bengtsson, T (Sep 2008). "Regulation of AMP-activated protein kinase activity by G-protein coupled receptors: potential utility in treatment of diabetes and heart disease.". Pharmacology & therapeutics 119 (3): 291?310. PMID   18606183 . doi : 10.1016/j.pharmthera.2008.05.008 .  
  18. Muller, G; Wied, S (Dec 1993). "The sulfonylurea drug, glimepiride, stimulates glucose transport, glucose transporter translocation, and dephosphorylation in insulin-resistant rat adipocytes in vitro." . Diabetes 42 (12): 1852?67. PMID   8243832 . doi : 10.2337/diabetes.42.12.1852 .  
  19. Sambrook, J; Fritsch, E.F.; Maniatis, T. (1989). Molecular Cloning: A Laboratory Manual (2nd ed.). Cold Spring Harbor Laboratory Press.  
  20. Makovets S, Blackburn EH (November 2009). "DNA damage signalling prevents deleterious telomere addition at DNA breaks" . Nat. Cell Biol. 11 (11): 1383?6. PMC   2806817 . PMID   19838171 . doi : 10.1038/ncb1985 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]