한국   대만   중국   일본 
Deputado, deputada - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Deputado, deputada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado do edificio do Congreso dos Deputados de Espana en Madrid , (1843).

Deputado , integrante dun Parlamento ou dunha Camara dos Deputados . Nos sistemas bicamerais xeralmente integran a camara baixa , mentres que a camara alta esta integrada polos senadores . Representan a soberania popular.

Tenen a responsabilidade de ser os representantes do pobo e nos sistemas democraticos son elixidos polo voto libre e segredo dos cidadans.

No Reino Unido e noutros paises que seguen o seu sistema parlamentario os deputados conecense como Membros do Parlamento ( Member of Parliament en ingles, frecuentemente abreviado en MP)

Parlamento Europeo [ editar | editar a fonte ]

Os deputados da Union Europea conecense como eurodiputados . Na primeira lexislatura do Parlamento Europeo , os deputados da Union Europea do 1 de maio de 2004 con 25 paises membros, o numero de eurodiputados elevouse temporalmente a 788. Carecen de iniciativa lexislativa.

Parlamento de Galicia [ editar | editar a fonte ]

Os deputados do Parlamento de Galicia son elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Gozan de inviolabilidade polos votos e opinions que emitan no exercicio de seu cargo. Non poden ser detidos nin retidos polos actos delituosos cometidos no territorio de Galicia a non ser en situacion de flagrante delito, correspondendo decidir, en todo caso, sobre a sua inculpacion, prision, procesamento e xuizo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia . Fora de Galicia, a responsabilidade penal sera esixible nos mesmos termos perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo . Tenen xunto ao Parlamento e a Xunta de Galicia a iniciativa lexislativa.

Congreso dos Deputados de Espana [ editar | editar a fonte ]

Segundo a Constitucion de 1978 o pobo espanol esta representado polo Congreso dos Deputados e o Senado . As duas camaras forman as Cortes Xerais . As Cortes Xerais exercen o poder lexislativo do estado, aproban os orzamentos, controlan o poder executivo e exercen o resto de competencias que lles atribue a Constitucion.

Ninguen pode ser o mesmo tempo deputado e senador . O cargo de deputado e incompatible co correspondente nunha asemblea dunha comunidade autonoma. O mandato dos membros das cortes non e imperativo.

O numero de deputados pode ir de 300 a 400 e deben ser elixidos por sufraxio universal , libre, igual directo e secreto. A circunscricion electoral para a eleccion de deputados e senadores e a provincia . Ceuta e Melilla estan representadas por un deputado cada unha.

A eleccion faise en cada circunscricion segundo criterios de representacion proporcional, en concreto, en Espana aplicase o Metodo D'Hondt para distribuir os escanos entre listas electorais pechadas.

O mandato dos deputados dura, como moito, catro anos (supondo que non se disolva a camara con anterioridade). Para a eleccion e o desenvolvemento do cargo poden ser elixidos todos os espanois no uso dos seus dereitos politicos. A lei reconece o dereito de sufraxio dos espanois que se atopen fora de Espana.

Non son elixibles para o cargo de deputado: os componentes do Tribunal Constitucional , os altos cargos da Administracion do Estado (excepto os membros do Goberno) que determine a lei, o Defensor do Pobo , os maxistrados , xuices e fiscais , os militares profesionais, os membros das forzas e corpos de seguridade e os membros das Xuntas Electorais. A validez das actas de deputado e as suas credenciais estan sometidas o control xudicial nos termos que marca a lei electoral.

Os deputados gozan de inviolabilidade polas opinions que manifesten no exercicio do seu cargo. Tamen dispon de inmunidade para ser detidos, a non ser en caso de flagrante delito. Para que sexan procesados necesitase a autorizacion previa da camara. As causas contra deputados son competencia do Tribunal Supremo . O soldo dos deputados ven fixado pola propia camara.

Os deputados forman parte das comisions de Investigacion designadas pola camara. O Congreso nomea unha Deputacion Permanente cun minimo de 21 deputados.

O voto dos deputados non se pode delegar.