Dani Guiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDani Guiza

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (es) Daniel Gonzalez Guiza Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 17 de agosto de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Xerez da Fronteira, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Altura 180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso 80 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion futbolista Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1998 Editar o valor em Wikidata -
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportiva Espana Editar o valor em Wikidata
Deporte futbol Editar o valor em Wikidata
Posicion de xogo Dianteiro Editar o valor em Wikidata
Numero deportivo 21 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Futbol Club Barcelona
1998-1999 Xerez Club Deportivo 16 (1)
1999-2000 cesion Dos Hermanas CF (en) Traducir 18 (9)
1999-2002 Real Club Deportivo Mallorca B 70 (38)
1999-2003 RCD Mallorca 7 (1)
2002-2002 cesion Recreativo de Huelva 4 (0)
2002-2003 cesion Recreativo de Huelva 4 (0)
2003-2003 cesion FC Barcelona B 13 (5)
2003-2005 Club de Futbol Ciudad de Murcia 81 (36)
2005-2007 Getafe CF 61 (20)
2007-2008 RCD Mallorca 37 (27)
2008-2011 Fenerbahce 62 (23)
2011-2013 Getafe CF 32 (3)
2012-2013 cesion Johor FC (pt) Traducir 10 (6)
2013-2015 Club Cerro Porteno 46 (15)
2015-2017 Cadiz CF
2017-2022 Atletico Sanluqueno Club de Futbol
2023- Club Deportivo Rota Editar o valor em Wikidata
  Seleccion nacional enllaç= enllaç=
2007-2010   Espana 21 (6) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2009 Copa Confederacions Surafrica 2009
xuno de 2008 Eurocopa de Futbol Austria/Suiza 2008 Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe Nuria Bermudez (?2008)
Premios

FIFA: 297328 UEFA: 54741 Editar o valor em Wikidata

Daniel Gonzalez Guiza , nado en Xerez da Fronteira ( Cadiz ) o 17 de agosto de 1980 , e un futbolista espanol . Xoga de dianteiro e o seu actual club e o Atletico Sanluqueno , da Primeira Division RFEF .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Inicios [ editar | editar a fonte ]

Nacido en 1980 , no seo dunha familia humilde, Dani Guiza pasou a sua infancia no popular barrio da Liberacion, na zona sur de Xerez da Fronteira . Tras destacar en equipos de futbol base, iniciou a sua carreira profesional nas filas do Xerez CD , por enton en Segunda Division B . Guiza declarouse seguidor do Xerez abertamente en varias ocasions ao longo da sua vida deportiva, manifestando ata que lle gustaria xogar o ultimo ano da sua carreira deportiva neste equipo. [ 1 ]

A tempada 1999?00 foi cedido ao Dos Hermanas CF , tamen na categoria de bronce, onde empezou a despuntar como goleador. A metade da tempada o Real Club Deportivo Mallorca fixose cos seus servizos por 117 millons de pesetas, un desembolso considerable para un xogador ainda en idade xuvenil.

Primeira division [ editar | editar a fonte ]

Ainda que a sua fichaxe foi para reforzar ao filial dos baleares, esa mesma campana chegou a debutar co primeiro equipo na maxima categoria. Foi nun encontro contra o RCD Espanyol , o 2 de abril de 2000 , con so 19 anos.

A pesar dos seus prometedores inicios, nas duas seguintes tempadas so disputou seis partidos co primeiro equipo, nos que marcou un gol. O seu baixo rendemento, acusando a sua atarefada vida extradeportiva, fixo que o club optase por cedelo a tempada 2002?03. Lucas Alcaraz , que fora o seu tecnico en Dos Hermanas, abriulle as portas do Recreativo de Huelva , que acababa de ascender a Primeira Division. En Huelva so disputou 4 partidos, nos que non anotou ningun gol, e terminou a tempada no filial do FC Barcelona, en Segunda B.

Rexurdir [ editar | editar a fonte ]

O veran de 2003 , coa sua carreira en claro declive a pesar dos seus 23 anos, foi traspasado ao CF Ciudad de Murcia , que ese ano debutaba en Segunda Division . No club murciano recuperou o instinto goleador (16 tantos no seu primeiro ano e 20 no segundo). Uns rexistros que lle permitiron volver a maxima categoria, tras enrolarse a filas do Getafe CF .

Na sua primeira campana no club madrileno logrou nove tantos en 32 partidos, que permitiu aos azulones manter a categoria sen apuros. Na sua segunda tempada logrou mellorar os seus numeros na liga, con once tantos, pero o seu papel mais destacado foi na Copa . Seus foron dous dos catro goles cos que o Getafe remontou un 5-2 do FC Barcelona , clasificandose para a final copeira por primeira vez na sua historia, un exito sen precedentes para o modesto club madrileno. Guiza foi titular na final, que o seu equipo acabou perdendo ante o Sevilla FC .

Explosion [ editar | editar a fonte ]

O veran de 2007 , tras rexeitar ofertas do Deportivo da Coruna e o Kazan ruso , finalmente foi traspasado ao RCD Mallorca . [ 2 ] No seu regreso ao conxunto balear protagonizou a mellor campana da sua carreira, sendo o maximo goleador da liga espanola con 27 dianas, batendo a marca anotadora dun xogador mallorquinista nunha tempada. O rexistro, ademais, permitiulle ganar a Bota de Prata como segundo mellor goleador das ligas europeas. [ 3 ] Merce a esta gran tempada, en novembro de 2007 debutou coa seleccion espanola e foi convocado para participar na Eurocopa 2008 , onde marcou dous goles, un deles en semifinais. Recibiu o premio Cidade de Xerez a deportividade .

O 15 de xullo de 2008 firma por catro anos co Fenerbahce SK a cambio de 15 millons de euros, o que lle converte na fichaxe mais cara da historia do futbol turco. [ 4 ] No club de Istambul coincide con Luis Aragones , que xa fora o seu tecnico en Mallorca e coa seleccion .

Seleccion nacional [ editar | editar a fonte ]

Foi internacional en vinte ocasions coa Seleccion de futbol de Espana . Debutou o 21 de novembro de 2007 , nun partido de clasificacion para a Eurocopa 2008 ante Irlanda do Norte , disputado no Estadio de Gran Canaria , con resultado 1-0 a favor dos espanois.

Guiza foi convocado polo seleccionador Luis Aragones para formar parte dos 23 xogadores que disputaron a Eurocopa 2008 . Guiza xogou o terceiro partido da primeira fase completo, e participou nos partidos de cuartos de final, semifinal e final. En total estivo no terreo de xogo durante aproximadamente 175 minutos de competicion. Meteu dous goles: un contra Grecia na primeira fase e outro contra Rusia na semifinal.

Palmares [ editar | editar a fonte ]

Campionatos nacionais [ editar | editar a fonte ]

Titulo Club Pais Ano
Supercopa de Turquia Fenerbahce SK Turquia 2009
Liga de Turquia Fenerbahce SK Turquia 2011

Copas internacionais [ editar | editar a fonte ]

Titulo Club Pais Ano
Eurocopa Seleccion nacional Espana 2008

Distincions individuais [ editar | editar a fonte ]

Distincion Ano
Trofeo Pichichi 2008
Bota de Prata 2008
Trofeo Zarra 2008

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]