한국   대만   중국   일본 
Daifug? - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Daifug?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Daifug?  (大富豪, Gran Millonario) ou  Daihinmin  (大貧民, Indixente Maximo) e un xogo de cartas xapones para 3 ou mais xogadores cunha baralla estandar de 52 cartas. O obxectivo deste xogo e eliminar as cartas da man tan axina como sexa posible mentres se xogan progresivamente cartas mais fortes ca as do xogador anterior. O vencedor denominase  daifug?  (gran millonario) e recibira vantaxes na seguinte rolda, e a ultima persoa chamase daihinmin  (indixente maximo). Na seguinte rolda, os ganadores intercambian unha ou mais cartas innecesarias por outras de mais valor que posuen os perdedores.

O xogo e moi semellante ao xogos chineses como o Big Two e o Zheng Shangyou, ao xogo vietnamita Tien Len, e a xogos occidentais como Presidente ou Cu. Ao igual ca outros xogos de cartas, hai moitas variantes e regras.

Regras basicas [ editar | editar a fonte ]

Velaqui as regras que se fixeron populares en Estados Unidos e no resto do mundo por Tokyopop, e que aparecen no segundo volume do manga Fruits Basket . Son regras basicas que intentan condensar o xogo nos seus elementos principais. Xa que os xogos de cartas deste estilo son ensinados e evolucionados por via oral, o xogo conta con variantes dependendo do lugar.

Titulos especiais [ editar | editar a fonte ]

Existen cinco titulos especiais para os xogadores xunto aos seus equivalentes europeos e americanos:

  • Daifug?  (gran millonario) - O ganador da rolda previa (Presidente)
  • Fug?  (millonario) - Segundo lugar na rolda previa (Vicepresidente)
  • Heimin  (comun) - Xogadores cun lugar decente na rolda previa (Neutral)
  • Hinmin  (indixente) - Penultimo na rolda previa. (Vicecu)
  • Daihinmin  (indixente maximo) - Perdedor da rolda previa (Cu)

Alguns apuntamentos:

  • Na primeira rolda, todo o mundo e  heimin . O repartidor sera decidido aleatoriamente.
  • Dependendo do numero de xogadores, moitos xogadores poden ser  heimin , ou mesmo o xogo pode non ter  heimin . Nun xogo de 3 xogadores, non hai  fug?  nin  hinmin .
  • Tras cada rolda, os xogadores deben erguerse e cambiar asentos para que o daihinmin  reparta, e todo o mundo debe sentar en sentido horario por orde dos seus titulos, co daifug?  na esquerda do repartidor e o hinmin  na dereita (variantes occidentais non seguen esta regra).

Antes do xogo [ editar | editar a fonte ]

daihinmin  mestura e distribue as cartas. Todas as cartas son repartidas ata que non quede ningunha, en sentido horario. Os comodins e outras cartas extra empreganse para asegurarse de que as cartas se reparten de forma xusta. Alternativamente, podese repartir de forma que o xogador mais "rico" tena menos cartas co fin de que sexa mais doado manter o seu dominio.

Tras seren repartidas, o  daihinmin  debe entregar as suas 2 cartas mais fortes ao  daifug? , mentres o  hinmin  debe entregar a sua carta mais forte ao  fug? . O  daifug?  e o  fug?  enton analizan as cartas recibidas e devolven as cartas (2 e 1 respectivamente) que non queren. Este proceso conecese como  zeikin  (tributacion).

O xogo [ editar | editar a fonte ]

O xogador a esquerda do repartidor comeza colocando calquera numero de cartas do mesmo valor (1-4, 5 ou mais se hai comodins). O xogador a esquerda pode xogar o mesmo numero de cartas agrupadas cun valor igual ou superior, ou tamen pode pasar. (Nalgunhas variantes, permitense colocar cartas do mesmo valor que as ultimas cartas xogadas, o cal provoca que o xogador inmediatamente seguinte non poida xogar). Observemos que se debe xogar o mesmo numero de cartas que o primeiro en xogar. Se o que comeza bota un par, so se poderan botar pares. Se empeza cun trio, so trios. Isto continua ata que todos os xogadores pasan ou ata que un ou mais 2 sexan xogados, como o 2 e o que ten o valor mais alto, nada pode derrotalo. A ultima persoa en botar carta e a que comeza liderando a seguinte xogada.

Notas do xogo:

  • A xerarquia e diferente a maioria dos xogos occidentais; o 2 e o maior valor e e invencible. O as e o seguinte mais poderoso, logo o rei etc. De xeito que o mais pequeno e o 3. Algunhas variantes permiten colocar un 2 en calquera combinacion, ainda que normalmente se requiren o mesmo numero de 2 que cartas comezaron a xogada. Outras variantes permiten que un 2 en concreto sexa superior ao resto de 2 podendo botarse por riba destes.
  • Cando un xogador pasa, isto non os limita de ningunha forma de xogar despois, mesmo na mesma xogada. Nalgunhas variantes, poren, o xogador que pasa, non pode volver xogar na mesma xogada.
  • Os xogadores poden pasar en calquera momento, mesmo se contan con cartas que poidan ser xogadas.
  • O numero de cartas que pode liderar calquera xogada so depende das cartas na man do xogador e da sua estratexia.

Final da rolda [ editar | editar a fonte ]

Cando un xogador queda sen cartas, el ou ela deixa de xogar no resto da rolda, mais os demais xogadores poden continuar para atinxir os seus titulos.

Nas regras tradicionais, unha vez que os titulos son decididos, todo o mundo debe erguerse e moverse. O  daihinmin  e o repartidor, e o resto de xogadores deben reorganizarse por orde do seu titulo no sentido horario. A meirande parte das variantes occidentais non obrigan ao cambio de sitio, malia que o xogo sempre comeza polo daifug? .

Ganar a partida [ editar | editar a fonte ]

Normalmente o ganador e quen queda de  daifug?  ao final do xogo, se ben pode empregarse un sistema de puntuacion, onde o fug?  e o  daifug?  adquiren 1 e 2 puntos respectivamente cada rolda.

Estratexia basica [ editar | editar a fonte ]

A estratexia basica do Daifug? e moi sinxela, os xogadores tentan eliminar as suas cartass mais febles primeiro de forma que ao final so lles queden na man as cartas de mais valor. Se un xogador queda cunha carta baixa, vaille resultar moi dificil poder xogala e baleirar a man. Poren, como ganar unha xogada permite ao lider botar a carta que prefira, unha carta feble pode manterse para o final.

Non obstante, cando se intenta previr que un xogador con poucas cartas libre as mans, o xogador que o precede pode intentar bloquealo xogando unha carta ou combinacion de valor alto mesmo se unha combinacion mais feble esta disponible. [ 1 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Daifug?" (en ingles ) . 2017-10-31.