한국   대만   중국   일본 
Dolar presidencial - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Dolar presidencial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dolar presidencial [ 1 ] [ 2 ]
A/ : busto do presidente dos EEUU homenaxeado. Sobre el, o seu nome. Por baixo, o seu ordinal e as datas da sua presidencia (desde 2009 , precedido pola lenda IN GOD WE TRUST ). R/ : Estatua da Liberdade , co valor facial a esquerda. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA

O dolar presidencial (en ingles : presidential dollar coin ) e unha serie de moedas estadounidenses co valor facial dun dolar , emitida a partir de 2007 , caracterizada por reproducir nos seus anversos os retratos dos presidentes dos Estados Unidos falecidos e no reverso a Estatua da Liberdade .

A serie do dolar presidencial foi autorizada pola Lei publica 109-145, aprobada o 22 de decembro de 2005 . [ 3 ]

Entre 2007 e 2011 , os dolares presidenciais cunaronse para a sua posta en circulacion en grandes cantidades, o que deu lugar a acumulacion dunha importante reserva destas moedas a espera de seren utilizadas. No entanto, as emisions de dolares presidenciais de 2012 a 2016 foron destinadas unicamente ao coleccionismo numismatico , polo que as suas tiraxes son mais reducidas. [ 1 ] [ 2 ]

O 4 de decembro de 2020 emitiuse unha nova moeda da serie do dolar presidencial, na honra de George H. W. Bush , que morreu logo do pechamento inicial do programa en 2016. [ 4 ] [ 5 ]

Proceso lexislativo [ editar | editar a fonte ]

O senador por Nova Hampshire John E.Sununu, promotor da lei pola que se creou a serie do dolar presidencial.

O proxecto de lei para a creacion da serie do dolar presidencial foi presentado no Senado dos EEUU polo senador John E. Sununu o 17 de maio de 2005, contando xa co apoio de 70 senadores. [ 6 ]

O 29 de xullo de 2005 foi aprobada sen emendas pola Comision de Banca, Vivenda e Asuntos Urbanos do Senado , e esta mesma camara aprobouna por consentimento unanime o 18 de novembro , unicamente cunha emenda de caracter tecnico. [ 7 ]

Pola sua banda, a Camara de Representantes deulle a sua aprobacion o 13 de decembro . [ 8 ]

Finalmente, logo da sua aprobacion por ambas as camaras, o proxecto de lei enviouselle ao presidente George W. Bush o 15 de decembro e este asinouno con data de 22 de decembro de 2005, convertendose asi en lei. [ 9 ]

Convivencia co dolar Sacagawea [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Dolar Sacagawea .


A lei pola que se crea esta nova moeda dun dolar ten o seu fundamento no fracaso suposto pola introducion do dolar Sacagawea , que se pretendia que tivese unha ampla circulacion nos Estados Unidos. A nova lei atendia a demanda que diversos sectores sociais amosaban dunha moeda dun dolar que resultase util, e esperaba que o atractivo do cambio de deseno aumentase a sua aceptacion publica, tendo en conta, ademais, que a recepcion por parte da poboacion da serie de moedas dun cuarto de dolar conmemorativa dos 50 estados estaba a ser satisfactoria. No caso de que o exito esperado entre a poboacion non se producise finalmente, esperabase que os coleccionistas estivesen tan interesados nesta serie de dolares como o estaban a amosar coa dos cuartos de dolar dos 50 estados , que xerou 6.300 millons de dolares en senoriaxe ?e dicir, na diferenza entre o valor nominal das moedas e o custo da sua producion?, entre xaneiro de 1999 e decembro de 2008 . [ 10 ]

Mais, de xeito diferente ao que sucedia cos cuartos dos 50 estados, que substituiu o modelo anterior, a lei obrigou a Casa da Moeda dos Estados Unidos a que continuase coa producion do dolar Sacagawea en paralelo a do dolar presidencial, coa condicion de que polo menos un terzo dos dolares cunados correspondese a dolares Sacagawea, e ademais esta serie deberia continuar en producion logo de finalizado o programa do dolar presidencial. [ 11 ]

No entanto, os representantes da Reserva Federal indicaronlle ao Congreso que "se o programa do dolar presidencial non e quen de estimular unha demanda substancial de moedas dun dolar, o requisito de que a casa da moeda siga a producir dolares Sacagawea suporia un custo para os contribuintes sen ningun beneficio". Nese caso, a Reserva Federal "recomendaria encarecidamente que o Congreso volvese avaliar o requisito establecido dun terzo". [ 12 ] O devandito requisito dun terzo modificouse posteriormente a un quinto de dolares Sacagawea, mediante a Lei de moedas dun dolar "Nativos americanos" ?continuacion da serie Sacagawea?, aprobada o 20 de setembro de 2007. [ 13 ]

Algunhas versions previas desa lei, anteriores a sua version aprobada, pedian a retirada da circulacion das moedas dun dolar emitidas con anterioridade ao dolar Sacagawea, sinaladamente do dolar Susan B. Anthony , mais o texto finalmente aprobado limitase a ordenar ao secretario do Tesouro que estudase o asunto e informase o Congreso. A lei esixe aos organismos do Goberno federal ?incluido o Servizo Postal ?, as empresas que operen neses organismos e aos servizos de transporte financiados polo Goberno federal a que acepten e dispensen moedas dun dolar antes de xaneiro de 2008 , e a que exhiban carteis indicadores de que o fan. [ 2 ]

Caracterizacion da serie [ editar | editar a fonte ]

Morea de dolares presidenciais , onde se aprecia a inscricion dos seus cantos .

O programa do dolar presidencial comezou a executarse o 1 de xaneiro de 2007, en paralelo ao das moedas dun cuarto de dolar dedicadas aos 50 estados dos EEUU , coa prevision de que finalizase no momento en que fosen honrados todos os presidentes defuntos do pais. Previase a emision de catro dolares anuais con cadanseu anverso dedicado a un presidente, na orde cronoloxica do seu periodo de mandato. A condicion para formar parte deste programa era a de que o falecemento se producira polo menos dous anos antes do momento da cunaxe. [ 14 ]

O reverso das moedas desta serie e comun a todas elas e caracterizase pola reproducion da Estatua da Liberdade e a indicacion do valor facial "$1", xunto coa denominacion do pais, UNITED STATES OF AMERICA . [ 1 ] [ 2 ]

Ao longo do canto das moedas figura a indicacion do ano de cunaxe , a marca de ceca , trece estrelas e a lenda E PLURIBUS UNUM, nunha disposicion como esta: ★★★★★★★★★★  2009  D  ★★★  E PLURIBUS UNUM . Antes de 2009 , tamen se reproducia neste canto a lenda IN GOD WE TRUST , mais unha emenda aprobada en decembro de 2007 obrigou a trasladar ese lema ao anverso da moeda, onde se colocou debaixo do busto. [ 15 ] A palabra "Liberty", tan caracteristica da moeda dos Estados Unidos, non esta presente nesta serie de moedas, xa que se considerou que a inclusion da Estatua da Liberdade como motivo principal dos reversos era suficiente para transmitir esa mensaxe de liberdade. [ 1 ] [ 2 ]

No relativo a sua composicion metalica , nesta serie seguironse os mesmos parametros que na serie do dolar Sacagawea, dedicada a cultura nativa americana . [ 2 ]

A primeira moeda do dolar presidencial posta ao dispor da poboacion foi a dedicada ao presidente George Washington , o dia 15 de febreiro de 2007, na honra do "dia dos presidentes", que se celebra nos Estados Unidos o 19 de febreiro de cada ano. [ 16 ]

Almacenaxe e suspension da producion [ editar | editar a fonte ]

Grafico das cunaxes do dolar presidencial desde 2007 ata 2011 , cando finalizaron as emisions para a circulacion.

En 2011 acumulabanse 1.400 millons de moedas dun dolar ainda non postas en circulacion, [ 17 ] unha cantidade que, dispostas en horizontal, poderian cubrir a distancia entre Os Anxeles e Chicago . En 2016 , esa cantidade teria chegado aos 2.000 millons se a producion se mantivese sen cambios. [ 18 ]

A representante por California Jackie Speier emitiu unha circular titulada Dear Colleague ( "Estimado colega"), na que recomendaba que os Estados Unidos non cunasen ningunha moeda dun dolar, e tina a intencion de presentar un proxecto de lei que esixise a interrupcion inmediata de todas as moedas deste valor. [ 19 ]

A Oficina de Contabilidade do Goberno dos EEUU, pola sua banda, declarou que a supresion do billete dun dolar en favor da moeda equivalente aforraria ao Goberno uns 5.500 millons de dolares en tres decadas. [ 20 ]

O 13 de decembro de 2011, o daquela vicepresidente Joe Biden e o secretario do Tesouro, Timothy Geithner, anunciaron que se suspenderia a cunaxe das moedas dun dolar presidencial destinadas a sua posta en circulacion, [ 17 ] de xeito que as que faltaban para concluir o programa, comezando pola dedicada a Chester A. Arthur , se emitirian en cantidades moi reducidas, co fin de atender as necesidades dos coleccionistas numismaticos . [ 21 ]

Fin do programa e a sua continuidade [ editar | editar a fonte ]

A lei especifica que para que un presidente dos Estados Unidos sexa honrado dentro desta serie debe estar falecido polo menos dous antes da emision da moeda correspondente. [ 22 ] [ 23 ] Xa que logo, os expresidentes, George H. W. Bush , Jimmy Carter , Bill Clinton , George W. Bush e Barack Obama non puideron formar parte desta serie cando esta finalizou en 2016, logo de honrar a Ronald Reagan , o derradeiro presidente que cumpria as condicions, consonte a lei.

Dado que o programa estaba concluido, a producion de moedas na honra de novos presidentes falecidos requiriria a aprobacion dunha nova lei polo Congreso. [ 24 ] Asi as cousas, o 12 de febreiro de 2019 , o senador John Cornyn presentou un proxecto de lei coa intencion de autorizar un novo dolar da serie presidencial na honra de George H. W. Bush, que foi convertido en lei coa sinatura do presidente Donald Trump o 28 de xaneiro de 2020 . [ 25 ]

Erros de cunaxe [ editar | editar a fonte ]

O 8 de marzo de 2007, a US Mint anunciou que o 15 de febreiro dese ano entrou na circulacion un numero indeterminado de moedas dun dolar presidencial co busto de George Washington carente das regulamentarias inscricions nos seus cantos ?a data, a marca de ceca e os lemas IN GOD WE TRUST e E PLURIBUS UNUM ?. Ron Guth, do Professional Coin Grading Service , calcula que se cunaron aproximadamente 50.000 moedas con este erro. O primeiro exemplar que se conece no mercado do coleccionismo acadou o prezo de 600 dolares en eBay , ainda que a finais de marzo de 2007 se produciron sucesivas vendas doutros exemplares entre os 40 e os 60 dolares. [ 26 ] [ 27 ] Debido a que un dos lemas que faltan e IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos"), algunhas publicacions refirense a eles como "dolares sen Deus" ( Godless dollars ). [ 28 ] [ 29 ] No mercado do coleccionismo detectaronse tamen falsificacions destes dolares "sen Deus", producidos mediante a limadura dos seus cantos. [ 30 ] [ 31 ]

Tamen se descubriron exemplares de dolares presidenciais dedicados a John Adams cos cantos lisos. Estes son mais escasos que os anteriores e, xa que logo, resultan menos accesibles no mercado. Nesta mesma emision, conecese tamen algun especime co canto duplicado, por ter pasado duas veces pola prensa encargada do gravado do canto. [ 32 ] A maioria destes casos corresponde a dolares procedentes da Ceca de Filadelfia , e o erro apreciase en duas variantes: unha con ambas as inscricions na mesma direccion e outra coas inscricions en direccions opostas. [ 33 ] [ 34 ]

A principios de marzo de 2007, unha parella de Colorado achou unha moeda dun dolar presidencial da que so estaba cunado o canto, polo que tanto o seu anverso como o seu reverso estaban completamente lisos. [ 35 ] [ 36 ]

Polo demais, os dolares presidenciais aparecen indistintamente coas letras do canto orientadas cara ao anverso ou cara ao reverso; isto non se trata dun erro numismatico senon do resultado do propio proceso de cunaxe, que non ten en conta este factor ao situar os discos na prensa, polo que se estima que aproximadamente existe un 50 % dos exemplares con cada unha das orientacions. [ 37 ]

Especificacions dos dolares presidenciais [ editar | editar a fonte ]

Amosanse na seguinte taboa as imaxes dos dolares da serie presidencial, asi como alguns datos relevantes de cada ano de emision: [ 1 ] [ 2 ]

Presidente e periodo Anverso Data Tiraxes
Imaxe Gravado / deseno Denver Filadelfia Total
George Washington

1789 - 1797

[ 16 ] [ 38 ]

Washington dollar J. Menna 2007 163.680.000 176.680.000 340.360.000
John Adams

1797- 1801

[ 39 ] [ 40 ]

John Adams dollar C. L. Vickers / J. Iskowitz 2007 112.140.000 112.420.000 224.560.000
Thomas Jefferson

1801- 1809

[ 41 ] [ 42 ]

Jefferson dollar J. Menna 2007 102.810.000 100.800.000 203.610.000
James Madison

1809- 1817

[ 43 ] [ 44 ]

Madison dollar D. Everhart / J. Iskowitz 2007 87.780.000 84.560.000 172.340.000
James Monroe

1817- 1825

[ 45 ] [ 46 ]

Monroe dollar J. Menna 2008 60.230.000 64.260.000 124.490.000
John Quincy Adams

1825- 1829

[ 47 ] [ 48 ]

John Quincy Adams dollar D. Everhart 2008 57.720.000 57.540.000 115.260.000
Andrew Jackson

1829- 1837

[ 49 ] [ 50 ]

Jackson dollar J. Licartez / J. Iskowitz 2008 61.070.000 61.180.000 122.250.000
Martin Van Buren

1837- 1841

[ 51 ] [ 52 ]

Van Buren dollar P. Hemphill / J. Iskowitz 2008 50.960.000 51.520.000 102.480.000
William Henry Harrison

1841

[ 53 ] [ 54 ]

William Henry Harrison dollar J. Menna 2009 55.160.000 43.260.000 98.420.000
John Tyler

1841- 1845

[ 55 ] [ 56 ]

Tyler dollar P. Hemphill 2009 43.540.000 43.540.000 87.080.000
James K. Polk

1845- 1849

[ 57 ] [ 58 ]

Polk dollar C. L. Vickers / S. Gamble 2009 41.720.000 46.620.000 88.340.000
Zachary Taylor

1849- 1850

[ 59 ] [ 60 ]

Taylor dollar D. Everhart 2009 36.680.000 41.580.000 78.260.000
Millard Fillmore

1850- 1853

[ 61 ] [ 62 ]

Fillmore dollar D. Everhart 2010 36.960.000 37.520.000 74.480.000
Franklin Pierce

1853- 1857

[ 63 ]

Pierce dollar C. L. Vickers / S. Gamble 2010 38.360.000 38.220.000 76.580.000
James Buchanan

1857- 1861

[ 64 ] [ 65 ]

Buchanan dollar P. Hemphill 2010 36.540.000 36.820.000 73.360.000
Abraham Lincoln

1861- 1865

[ 66 ] [ 67 ]

Lincoln dollar D. Everhart 2010 48.020.000 49.000.000 97.020.000
Andrew Johnson

1865- 1869

[ 68 ] [ 69 ]

A. Johnson dollar D. Everhart 2011 37.100.000 35.560.000 72.660.000
Ulysses S. Grant

1869- 1877

[ 70 ] [ 71 ]

Grant dollar D. Everhart 2011 37.940.000 38.080.000 76.020.000
Rutherford B. Hayes

1877- 1881

[ 72 ] [ 73 ]

Hayes dollar D. Everhart 2011 36.820.000 37.660.000 74.480.000
James A. Garfield

1881

[ 74 ] [ 75 ]

Garfield dollar P. Hemphill 2011 37.100.000 37.100.000 74.200.000
Chester A. Arthur

1881- 1885

[ 76 ] [ 77 ]

Arthur dollar D. Everhart 2012 4.060.000 6.020.000 10.080.000
Grover Cleveland

1885- 1889

[ 78 ] [ 79 ]

Cleveland 1st Term dollar D. Everhart 2012 4.060.000 5.460.000 9.520.000
Benjamin Harrison

1889- 1893

[ 80 ] [ 81 ]

Benjamin Harrison dollar P. Hemphill 2012 4.200.000 5.640,001 9.840,001
Grover Cleveland

1893- 1897

[ 82 ] [ 83 ]

Cleveland 2nd Term dollar D. Everhart 2012 3.920.000 10.680,001 14.600,001
William McKinley

1897- 1901

[ 84 ] [ 85 ]

McKinley dollar P. Hemphill 2013 3.365,100 4.760.000 8.125,100
Theodore Roosevelt

1901- 1909

[ 86 ] [ 87 ]

Theodore Roosevelt dollar J. Menna 2013 3.920.000 5.310,700 9.230,700
William Howard Taft

1909- 1913

[ 88 ] [ 89 ]

Taft dollar M. Gaudioso / B. Fox J2013 3.360.000 4.760.000 8.120.000
Woodrow Wilson

1913- 1921

[ 90 ] [ 91 ]

Woodrow Wilson dollar D. Everhart 2013 3.360.000 4.620.000 7.980.000
Warren G. Harding

1921- 1923

[ 92 ] [ 93 ]

Warren Harding dollar M. Gaudioso 2014 3.780.000 6.160.000 9.940.000
Calvin Coolidge

1923- 1929

[ 94 ] [ 95 ]

Calvin Coolidge dollar P. Hemphill 2014 3.780.000 4.480.000 8.260.000
Herbert Hoover

1929- 1933

[ 96 ] [ 97 ]

Herbert Hoover dollar P. Hemphill 2014 3.780.000 4.480.000 8.260.000
Franklin D. Roosevelt

1933- 1945

[ 98 ] [ 99 ]

Franklin Roosevelt dollar J. Menna 2014 3.920.000 4.760.000 8.680.000
Harry S. Truman

1945- 1953

[ 100 ] [ 101 ]

Harry S. Truman dollar D. Everhart 2015 3,500.000 4,900.000 8,400.000
Dwight D. Eisenhower

1953- 1961

[ 102 ] [ 103 ]

Eisenhower Presidential dollar J. Menna 2015 3.645,998 4.900.000 8.545,998
John F. Kennedy

1961- 1963

[ 104 ] [ 105 ]

Kennedy Presidential dollar D. Everhart 2015 5.180.000 6.160.000 11.340.000
Lyndon B. Johnson

1963- 1969

[ 106 ] [ 107 ]

L. Johnson dollar M. Gaudioso 2015 4.200.000 7.840.000 12.040.000
Richard Nixon

1969- 1974

[ 108 ] [ 109 ]

Nixon dollar D. Everhart 2016 4.340.000 5.460.000 10.000.000
Gerald Ford

1974- 1977

[ 110 ] [ 111 ]

Ford dollar P. Hemphill 2016 5.040.000 5.460.000 10.500.000
Ronald Reagan

1091- 1989

[ 112 ] [ 113 ]

Ford dollar R.Masters / J. Menna 2016 5.880.000 7.140.000 13.020.000
George H. W. Bush

1989- 1993

[ 4 ] [ 5 ]

Ford dollar J. Menna / E. Hagler 2020 1.502.425 1.242.275 2.744.700

Programa de moedas do "primeiro conxuxe" [ editar | editar a fonte ]

O director da US Mint , Edmund C. Moy , e Laura Bush na presentacion da moeda dedicada a Dolley Madison como primeira dama , o 19 de novembro de 2007 .

A mesma lei pola que se creou a serie do dolar presidencial preve tamen a creacion dunha serie de moedas de ouro con valor facial de 10 dolares mediante a que se honra cada un dos conxuxes dos presidentes que forman parte da serie presidencial, na mesma orde e coa mesma cadencia que esta. Ata hoxe, todos os conxuxes das persoas que ocuparon a presidencia dos EEUU foron mulleres e, xa que logo, reciben adoito a denominacion de primeiras damas , ainda que a lei utiliza o termo "primeiro conxuxe" (en ingles: first spouse ), sen marca de xenero. [ 114 ]

No anverso das moedas desta serie figuran os retratos das esposas dos presidentes falecidos e os seus nomes, asi como as datas e o ordinal do periodo do mandato dos seus maridos. Tamen no anverso, amosanse o lema IN GOD WE TRUST e a palabra LIBERTY , xunto coa data de emision e a marca de ceca. Cada moeda ten un deseno unico para o seu reverso, cunha imaxe emblematica da vida ou da obra da esposa homenaxeada, asi como o nome do pais e o lema E PLURIBUS UNUM e indicacions sobre a lei e o peso da moeda: $10 · 1/2 OZ. · .9999 FINE GOLD . [ 115 ] [ 116 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 " Presidential Dollar Coin program ". Numista.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 " Presidential $1 Coin Program ". United States Mint .
  3. " Pub. L. 109-135 ". www.govinfo.gov
  4. 4,0 4,1 " George H. W. Bush Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  5. 5,0 5,1 " 1 Dollar George H. W. Bush ". Numista.com
  6. " S.1047 - Presidential $1 Coin Act of 2005 ". www.congress.gov
  7. " S.Amdt.2676 to S.1047 ". www.congress.gov
  8. " Final vote resultsfor Roll Call 624 ". Clerk.house.gov
  9. " All Actions S.1047 - 109th Congress (2005-2006) ". www.congress.gov
  10. " 50 State Quarters Program Earned $6.3 Billion in Seigniorage Arquivado 27 de xuno de 2022 en Wayback Machine .". En Coin Update. 1 de febreiro de 2010.
  11. " Pub. L. 109-135 ".Titulo I. Seccion 102. Paxinas 2666-2667. www.govinfo.gov
  12. " Testimony of Louise L. Roseman, Director, Division of Reserve Bank Operations and Payment Systems ". The Federal Reserve Board .
  13. " Public Law 110-82-Sept. 20, 2007 ". Govinfo.gov
  14. No momento en que acabou a serie en 2016, os expresidentes Carter, G. H. Bush, Clinton, G.W. Bush e Obama estaban vivos, polo que non estan representados nos numeros da serie.
  15. A Pub.L. 110-161 modifica o 31 U.S.C. § 5112(n)(2) para eliminar IN GOD WE TRUST do canto e engadilo no reverso.
  16. 16,0 16,1 " George Washington Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  17. 17,0 17,1 " Reducing the Surplus Dollar Coin Inventory ". Department of the Treasury . 17 de xaneiro de 2012.
  18. " Why the US keeps minting coins people hate and won't use ". En BBC News . 10 de agosto de 2010.
  19. " Bill Would Kill Dollar Coin Program ". En NPR.org . 14 de xullo de 2011.
  20. " U.S. Coins: Replacing the $1 Note with a $1 Coin Would Provide a Financial Benefit to the Government ". US Government Accountability Office . 4 de marzo de 2011.
  21. " Treasury to stop producing unneeded dollar coins Arquivado 30 de xuno de 2022 en Wayback Machine .". CNN . 13 de decembro de 2011.
  22. " 31 U.S.C. § 5112(n)(2)(E) ": Ningunha moeda emitida consonte este punto podera levar a imaxe dun expresidente nin dun presidente vivo, nin dun expresidente falecido durante o periodo de dous anos seguinte a data da ua morte .
  23. "Legislator calls for Ronald Reagan portrait on $50 FRNs". En Coin World . 51 (2606): 73.
  24. 31 U.S.C. § 5112(n)(8) : A emision de moedas en virtude deste subpunto finalizara cando se renda homenaxe a cada un dos presidentes, sen prexuizo do disposto no punto (2)(E), e non podera retomarse agas mediante unha lei do Congreso .
  25. " President Trump signs bill to honor George H.W. Bush, Barbara Bush with coins ". En 13 WDME . 28 de xaneiro de 2020.
  26. " U.S. Mint goof: Some new dollar coins missing “In God We Trust” ". En The Denver Post . 7 de marzo de 2007.
  27. " A Statement from the United States Mint ". United States Mint .
  28. Guth, R. (2007). " The ''Godless'' Presidential Dollars ". Professional Coin Grading Service . 8 de marzo.
  29. " "Godless" Dollar Coins Slip Through Mint ". En CBS News . 11 de febreiro de 2009.
  30. " Collectors report fake 'Godless' dollars ". En The Boston Globe . 22 de marzo de 2007.
  31. " Coin collectors: Beware of fake ‘Godless’ dollars ". En The Denver Post . 22 de marzo de 2007.
  32. " Presidential Error Coins: John Adams Dollar Coin ". Numismatic Guaranty Cporporation . 13 de xuno.
  33. " Presidential Error Coins: John Adams Dollar Coin ". Numismatic Guaranty Company . 13 de xuno de 2007.
  34. " John Adams Dollar Coins: First Significant Mint Error Found (Double Edge Lettering) ". Adamnash.blog . 22 de maio de 2007.
  35. " Faceless dollar coin found near Denver ". En The Boston Globe . 14 de marzo de 2007.
  36. " New George Washington Dollar Coin Error Found: Faceless Coin ". Adamnash.blog . 14 de marzo de 2007.
  37. Discusions sobre posibles erros : WashingtonDollarErrors.com . 10 de abril de 2007.
  38. " 1 Dollar George Washington ". Numista.com
  39. " John Adams Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  40. " 1 Dollar John Adams ". Numista.com
  41. " Thomas Jefferson Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  42. " 1 Dollar Thomas Jefferson ". Numista.com
  43. " James Madison Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  44. " 1 Dollar James Madison ". Numista.com
  45. " James Monroe Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  46. " 1 Dollar James Monroe ". Numista.com
  47. " John Quincy Adams Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  48. " 1 Dollar John Quincy Adams ". Numista.com
  49. " Andrew Jackson Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  50. " 1 Dollar Andrew Jackson ". Numista.com
  51. " Martin Van Buren Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  52. " 1 Dollar Martin Van Buren ". Numista.com
  53. " William Henry Harrison Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  54. " 1 Dollar William Henry Harrison ". Numista.com
  55. " John Tyler Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  56. " 1 Dollar John Tyler ". Numista.com
  57. " James K. Polk Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  58. " 1 Dollar James K. Polk ". Numista.com
  59. " Zachary Taylor Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  60. " 1 Dollar Zachary Taylor ". Numista.com
  61. " Millard Fillmore Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  62. " 1 Dollar Millard Fillmore ". Numista.com
  63. " Franklin Pierce Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  64. " James Buchanan Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  65. " 1 Dollar James Buchanan ". Numista.com
  66. " Abraham Lincoln Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  67. " 1 Dollar Abraham Lincoln ". Numista.com
  68. " Andrew Johnson Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  69. " Dollar Andrew Johnson ". Numista.com
  70. " Ulysses S. Grant Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  71. " 1 Dollar Ulysses S. Grant ". Numista.com
  72. " Rutherford B. Hayes Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  73. " 1 Dollar Rutherford B. Hayes ". Numista.com
  74. " James Garfield Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  75. " 1 Dollar James Garfield ". Numista.com
  76. " Chester Arthur Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  77. " 1 Dollar Chester Arthur ". Numista.com
  78. " Grover Cleveland Presidential $1 Coin 1st Term ". United States Mint .
  79. " 1 Dollar Grover Cleveland, first term ". Numista.com
  80. " Benjamin Harrison Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  81. " 1 Dollar Benjamin Harrison ". Numista.com
  82. " Grover Cleveland Presidential $1 Coin 2nd Term ". United States Mint .
  83. " 1 Dollar Grover Cleveland, second term ". Numista.com
  84. " William McKinley Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  85. " 1 Dollar William McKinley ". Numista.com
  86. " Theodore Roosevelt Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  87. " 1 Dollar Theodore Roosevelt ". Numista.com
  88. " William Howard Taft Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  89. " 1 Dollar William Howard Taft ". Numista.com
  90. " Woodrow Wilson Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  91. " 1 Dollar Woodrow Wilson ". Numista.com
  92. " Warren G. Harding Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  93. " 1 Dollar Warren G. Harding ". Numista.com
  94. " Calvin Coolidge Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  95. " 1 Dollar Calvin Coolidge ". Numista.com
  96. " Herbert Hoover Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  97. " 1 Dollar Herbert Hoover ". Numista.com
  98. " Franklin D. Roosevelt Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  99. " 1 Dollar Franklin D. Roosevelt ". Numista.com
  100. " Harry S. Truman Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  101. " 1 Dollar Harry S. Truman ". Numista.com
  102. " Dwight D. Eisenhower Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  103. " 1 Dollar Dwight D. Eisenhower ". Numista.com
  104. " John F. Kennedy Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  105. " 1 Dollar John F. Kennedy ". Numista.com
  106. " Lyndon B. Johnson Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  107. " 1 Dollar Lyndon B. Johnson ". Numista.com
  108. " Richard M. Nixon Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  109. " 1 Dollar Richard M. Nixon ". Numista.com
  110. " Gerald R. Ford Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  111. " 1 Dollar Gerald R. Ford ". Numista.com
  112. " Ronald Reagan Presidential $1 Coin ". United States Mint .
  113. " 1 Dollar Ronald Reagan ". Numista.com
  114. " Pub. L. 109-135 ". Titulo I. Seccion 102. Paxinas 2667-2669. www.govinfo.gov
  115. " First Spouse Gold Coin Program ". United States Mint .
  116. " First Spouse series ". Numista.com

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Predecesor:
Dolar Sacagawea

Moeda dun dolar estadounidense

2007 - 2016 , 2020
Sucesor:
Dolar Sacagawea