한국   대만   중국   일본 
Dimero - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Dimero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os dimeros de acidos carboxilicos poden formarse en fase de vapor.

Un dimero e unha entidade quimica que consta de duas moleculas (unidades monomeras ) estruturalmente similares unidas entre si por enlaces fortes ou febles, covalentes ou intermoleculares . As veces as duas moleculas son identicas ( homodimero ) e outras son distintas ( heterodimero ). A union das duas moleculas para formar o dimero denominase dimerizacion [ 1 ] , e o inverso da dimerizacion xeralmente se chama disociacion. Analogamente, falase de heterodimerizacion e homodimerizacion.

En bioquimica [ editar | editar a fonte ]

Modelo do dimero da galactosa-1-fosfato uridililtransferase ( GALT ) de E. coli en complexo con UDP-galactosa. Poden verse ions potasio, cinc, e ferro como esferas de cor purpura, gris e bronce.

En bioquimica , un dimero e un complexo macromolecular formado por duas moleculas, xeralmente proteinas ou acidos nucleicos , normalmente unidos de forma non covalente . As clorofilas do centro de reaccion dos fotosistemas forman tamen un dimero.

Proteinas dimeras [ editar | editar a fonte ]

Nas proteinas os dimeros son un tipo de estrutura cuaternaria . Os homodimeros estan formados por duas moleculas identicas; un exemplo e a ciclooxixenase (COX). Os heterodimeros estan formados por duas moleculas diferentes; un exemplo e a tubulina, formada por monomeros de alfa e beta tubulina .

A maioria dos dimeros en bioquimica non estan conectados por enlaces covalentes. Un exemplo de heterodimero unido de forma non covalente e o encima transcriptase inversa , que esta composto por duas cadeas polipeptidicas diferentes. [ 2 ] Os dimeros unidos covalentemente (por pontes disulfuro ) son mais raros; un exemplo e a proteina homodimera NEMO . [ 3 ]

Algunhas proteinas contenen dominios especializados que facilitan a dimerizacion, chamados dominios de dimerizacion. Un estudo atopou que as interfaces polas que se unen os homodimeros e heterodimeros son algo diferentes. Nos homodimeros hai en total mais residuos de aminoacidos e pontes de hidroxeno, ainda que a densidade de pontes de hidroxeno por residuo e maior nos heterodimeros. Nas interfaces de heterodimeros hai mais residuos cargados e hidrofilicos e nos homodimeros predominan os hidrofobicos . [ 4 ]

A dimerizacion ou a disociacion poden facer cambiar o estado funcional da proteina de activo a inactivo ou viceversa. Por exemplo a glicoxeno fosforilase existe como monomero inactivo e so se activa cando se dimeriza. [ 5 ]

Dimeros de pirimidinas [ editar | editar a fonte ]

Os dimeros de pirimidinas formanse por reaccion fotoquimica a partir de bases nitroxenadas pirimidinicas do ADN . Esta reaccion causa mutacions no ADN, que poden ser carcinoxenas e orixinar cancro de pel .

En quimica [ editar | editar a fonte ]

Dimeros non covalentes [ editar | editar a fonte ]

Os acidos carboxilicos forman dimeros por formacion de pontes de hidroxeno entre o hidroxeno acido e o oxixeno carbonilico en condicions anhidro. Por exemplo, o acido acetico forma un dimero en fase de gas, no que as unidades monomeras se unen por pontes de hidroxeno. En condicions especiais, a maioria das moleculas que contenen grupos OH forman dimeros (por exemplo o dimero de auga ).

O borano ("BH 3 ") aparece como o dimero diborano (B 2 H 6 ), debido a alta acidez de Lewis do centro de boro .

Os excimeros e exciplexos son estruturas excitadas de curta duracion. Por exemplo, os gases nobres non forman dimeros estables, pero forman os excimeros Ar 2 *, Kr 2 * e Xe 2 * en condicions de altas presions e estimulacion electrica.

Dimeros covalentes [ editar | editar a fonte ]

O dimero do ciclopentadieno ainda que pode non ser distinguible facilmente nunha inspeccion inicial.

Os dimeros moleculares formanse a miudo pola reaccion de dous compostos identicos, como por exemplo: 2A → A-A. Neste exemplo, o monomero "A" dise que se dimeriza para dar o dimero "A-A". Un exemplo real son os diaminocarbenos , que se dimerizan dando un tetraaminoetileno :

2 C(NR 2 ) 2 → (R 2 N) 2 C=C(NR 2 ) 2

Os carbenos son moi reactivos e forman enlaces doadamente.

O diciclopentadieno e un dimero asimetrico de duas moleculas de ciclopentadieno que reaccionaron pola reaccion de Diels-Alder para dar o produto. Sometido a calor sofre a reaccion inversa (retro-Diels-Alder) para dar os dous monomeros iguais:

C 10 H 12 → 2 C 5 H 6

Moitos elementos non metalicos aparecen como moleculas diatomicas e as veces falase delas denominandoas dimeros: hidroxeno , nitroxeno , oxixeno , os haloxenos ( fluor , cloro , bromo e iodo ). O mercurio parece como mercurio(I) cation (Hg 2 + ), formalmente un heterodimero.

Quimica de polimeros [ editar | editar a fonte ]

No contexto da quimica de polimeros , "dimero" tamen se refire ao grao de polimerizacion 2, en relacion coa estequiometria das reaccions de condensacion. Un exemplo serian os disacaridos , formados por dous monosacaridos . Por exemplo, a celobiosa e un dimero de glicosa , ainda que na reaccion se produce auga:

2C 6 H 12 O 6 → C 12 H 22 O 11 + H 2 O

Aqui, o dimero ten unha estequiometria diferente a do par de monomeros.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "IUPAC "Gold Book" definition" . Consultado o 2009-04-30 .  
  2. Sluis-Cremer N, Hamamouch N, San Felix A, Velazquez S, Balzarini J, Camarasa MJ (2006). "Structure-activity relationships of [2',5'-bis-O-(tert-butyldimethylsilyl)-beta-D-ribofuranosyl]- 3'-spiro-5' '-(4' '-amino-1' ',2' '-oxathiole-2' ',2' '-dioxide)thymine derivatives as inhibitors of HIV-1 reverse transcriptase dimerization". J. Med. Chem. 49 (16): 4834?41. PMID   16884295 . doi : 10.1021/jm0604575 .  
  3. Herscovitch M, Comb W, Ennis T, Coleman K, Yong S, Armstead B, Kalaitzidis D, Chandani S, Gilmore TD (2008). "Intermolecular disulfide bond formation in the NEMO dimer requires Cys54 and Cys347" . Biochem. Biophys. Res. Commun. 367 (1): 103?8. PMC   2277332 . PMID   18164680 . doi : 10.1016/j.bbrc.2007.12.123 .  
  4. Cui Zhanhua, Jacob Gah-Kok Gan, Li lei, Meena Kishore Sakharkar, and Pandjassarame Kangueane. Protein subunit interfaces: heterodimers versus homodimers Bioinformation. 2005; 1(2): 28?39. Published online 2005 August 11. PMCID: PMC1891636 [1]
  5. Browner MF, Fletterick RJ (1992). "Phosphorylase: a biological transducer". Trends in Biochemical Science 17 (2): 66?71. PMID   1566331 . doi : 10.1016/0968-0004(92)90504-3 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]