Dia Internacional dos Voluntarios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha alumna do Congo presenta unha escultura que conmemora o Dia Internacional do Voluntariado xunto cun dos voluntarios das Nacions Unidas.

O Dia Internacional dos Voluntarios foi decretado pola Asemblea Xeral das Nacions Unidas na sua Resolucion 40/212 o 17 de decembro de 1985 . Dende enton, os gobernos, o sistema das Nacions Unidas e as organizacions civis unironse de maneira exitosa ao voluntariado de todo o mundo para celebrar este dia o 5 de decembro . [ 1 ]

Dia Internacional dos Voluntarios de 2022 [ editar | editar a fonte ]

O 17 de decembro de 1985 a Asemblea Xeral das Nacions Unidas na Resolucion 40/212 "convida os gobernos a celebrar todos os anos, o 5 de decembro , un Dia Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Economico e Social, e exhortaos a adoptar medidas para que se cobre maior conciencia da importante achega que fai o voluntariado, o cal estimulara a mais persoas de toda condicion a ofrecer os seus servizos como persoas voluntarias, tanto nos seus paises de orixe como no estranxeiro". [ 2 ]

Dende 2006, o servizo Voluntariado en Lina do programa VNU anuncia os ganadores do Premio Voluntariado en Lina o 5 de decembro de cada ano. O premio constitue un xeito de expresar agradecemento polas achegas dos voluntarios en lina a organizacion que traballan a prol da paz e o desenvolvemento . [ 3 ] E tamen a ocasion de outorgarlle visibilidade ao traballo e os logros da organizacion asi como as boas practicas de voluntariado en lina. Os nomeados poden ser equipos de voluntariado ou persoas voluntarias soas. Os nomeamentos son examinados por un xurado internacional composto por expertos en voluntariado e cooperacion para o desenvolvemento, e os ganadores anuncianse na fase previa ao 5 de decembro, Dia Internacional do Voluntariado (DIV). [ 4 ] As historias de todos os ganadores anteriores atopanse na seccion Experiencias do sitio anterior do servizo Voluntariado en Lina.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]