한국   대만   중국   일본 
Criminal Minds - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Criminal Minds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Criminal Minds
Formato Drama policiaco.
Creado por Jeff Davis
Interpretes Mandy Patinkin
Thomas Gibson
Lola Glaudini
Shemar Moore
Matthew Gray Gubler
A. J. Cook
Kirsten Vangsness
Paget Brewster
Joe Mantegna
Rachel Nichols
Jeanne Tripplehorn
Jennifer Love Hewitt
Pais de orixe Estados Unidos
Temporadas 16
Producion
Produtor(es)
executivo(s)
Mark Gordon
Ed Bernero
Duracion 42 minutos
Emision orixinal
Canle de orixe CBS
Formato de imaxe 1080i ( 16:9 HDTV )
Primeiro episodio 22 de setembro do 2005
Derradeiro episodio presente
Na rede
https://www.paramountplus.com/shows/criminal_minds/
IMDB: tt0452046 Allocine: 443 Rottentomatoes: tv/criminal_minds Metacritic: tv/criminal-minds TV.com: shows/criminal-minds
Facebook: CriminalMinds Twitter: CrimMinds_CBS Instagram: crimmindscbs Youtube: UC1N0_1UigMGpQ9Z2LanSa_w Netlix: 70153390Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

Criminal Minds e un serie de television estadounidense creada por Jeff Davis . Comezou a sua emision o 22 de setembro de 2005 a traves da canle CBS , e foi producida por The Mark Gordon Company , en asociacion con CBS Television Studios e ABC Studios . Criminal Minds centrase na Unidade de Analise do Comportamento do FBI de Quantico, Virxinia , e segundo o propio argumento da serie, Criminal Minds difire doutras series no enfoque que fai dos perfis dos criminais mais que do crime en si. A trama principal centrase no traballo en equipo dun grupo de creadores de perfis de criminais e nas suas vidas persoais. On 11 de maio de 2015, a CBS renevou a serie para unha onceava tempada que se estreou o 30 de setembro de 2015 . [ 1 ]

Contexto [ editar | editar a fonte ]

Cando empezou a emision da serie en setembro de 2005, as personaxes principais eran os axentes do FBI Jason Gideon , Aaron Hotchner , Elle Greenaway , Derek Morgan , Spencer Reid , Jennifer Jareau (J.J.) e Penelope Garcia . Na primeira temada, Garcia non era parte do repartimento principal, pero converteuse nun personaxe habitual despois de aparecer en varios episodios. No 2006, o comezo da segunda temapa, Lola Glaudini anunciou a sua marcha da serie, xa que non estaba feliz vivindo nos Anxeles , onde se rodaba a serie, e desexaba regresar o seu fogar de Nova York . [ 2 ] Paget Brewster substituiuna no seu papel de Emily Prentiss .

O comezo da terceira tempada, Mandy Patinkin anunciou a sua marcha da serie, xa que se sentia perturbado polo contido amosado na serie. [ 3 ] Deixou cartas de desculpa os seus companeiros explicandolles as suas razons e desexandolles sorte a todos. Joe Mantegna substituiuno interpretando o papel David Rossi , un escritor e axente do FBI que sae do seu retiro. Durante a tempada tres, A.J. Cook quedou embarazada do seu primeiro fillo. O seu embarazo foi incorporado na serie, e o seu fillo real, Mekhai Andersen, tivo un papel menor como fillo de Jennifer, Henry. O baleiro de Cook foi completado por Meta Golding , que interpretou a Jordan Todd, unha axente do FBI que traballa na Unidade Contra o Terrorismo. Na sexta temporada, Jennifer foi forzada a aceptar unha promocion no O Pentagono , tendo que deixar a Unidade de Analise de Comportamento.

Mais tarde nesa tempada, Emily e aparentemente asasinada, e malia que ela sobrevive en realidade, non fai acto de presenza no resto da tempada. Foi substituida por Rachel Nichols como Ashley Seaver , unha cadete do FBI. A decision da CBS de rematar o contrato con Cook e Brewster causou numerosas cartas de desgusto por parte dos fans para que o estudio as volvese a incorporar na serie. Como restultado, Cook e Brewster foron contratadas de novo pola CBS e recuperaron os seus papeis de Jennifer Jareau e Emily Prentiss respectivamente, o que motivou que Nichols abandonase a serie. [ 4 ] [ 5 ] En febreiro de 2012, Brewster anunciou a sua marcha despois da setima tempada, [ 6 ] e foi substituida na seguinte tempada por Jeanne Tripplehorn , que interpretou a Alex Blake , unha experta en linguistica. [ 7 ] Paget Brewster fixo unha aparicion como convidada especial na novena tempada.

Despois de duas tempadas, Tripplehorn abandonou a serie [ 8 ] [ 9 ] e Jennifer Love Hewitt uniuse o elenco como Kate Callahan, unha exaxente do FBI que se une o BAU. [ 10 ] Durante a tempada dez, a personaxe de Mandy Patinkin, Jason Gideon, foi asasinado, acabando con calquera oportunidade de Patinkin de regresar. [ 11 ] Despois do remate da decima tempada, Hewitt e Cook anunciaron o seu hiato da serie por mor dos seus embarazos. Hewitt regresara na tempada doce, [ 12 ] mentres que Cook regresou despois dos cinco primeiros episodios da tempada once. [ 13 ]

Personaxes [ editar | editar a fonte ]

Actores principais de Criminal Minds.
  • Aaron Hotchner : (interpretado por Thomas Gibson ) e o xefe da Unidade. E un dos axentes mais experimentados, pero ten unha loita interna entre a sua vida persoal e a profesional e divorciase na terceira tempada da sua esposa Haley. Ten un fillo chamado Jack.
  • Derek Morgan : (interpretado por Shemar Moore ) e un axente especial e a miudo con moito caracter. Tivo unha xuventude problematica debido a delincuencia pero un home sacouno diso, resultando despois ser pederasta que abusara de Derek na infancia. Manten unha relacion especial coa analista tecnica Penelope Garcia.
  • Jason Gideon : (interpretado por Mandy Patinkin ) e un axente especial superior, e e conecido como o mentor do equipo. Despois dunha serie de casos e o asasinato da sua amiga Sarah foi suspendido durante duas semanas polo xefe do equipo e abandonao deixandolle unha carta a Reid na sua cabana.
  • David Rossi : (interpretado por John Mantegna ) e un axente especial superior cunha ampla experiencia que traballou para o equipo anteriormente e logo retirouse para escribir libros e dar conferencias sobre analises criminais, ata regresar voluntariamente despois da marcha de Jason Gideon. Casou tres veces.
  • Jennifer “JJ” Jareau : (interpretada por A. J. Cook ) e unha axente especial que das tempadas 1 a 5, servia como portavoz para as axencias de policia locais. Ao comezo da sexta tempada vaise forzada do equipo, destinada para o Pentagono. Regresa mais tarde para axudar a buscar a Emily Prentiss.
  • Elle Greenaway : (interpretada por Lola Glaudini ) e unha axente especial experta en abusos sexuais. Sofre un trauma emocional despois de ser disparada por un desconecido. Logo, ela dispara a sangue frio a un home e Gideon e Hotchner cuestionan a sua habilidade e ela resignase dandolle a sua pistola a Hotchner.
  • Emily Prentiss : (interpretada por Paget Brewster ) e unha axente especial, filla da embaixadora Elisabeth Prentiss, e fala varias linguas como arabe ou espanol. E aparentemente asasinada na sexta tempada pero regresa na setima. Encantanlle os nenos.
  • Dr. Spencer Reid : (interpretado por Matthew Gray Gubler ) e un axente especial e un xenio licenciado en matematicas, quimica e enxeneria, asi como psicoloxia e socioloxia. Ten un coeficiente intelectual de 187, pode ler 20.000 palabras por minuto e ten memoria visual. E habitualmente presentado como o “Dr. Reid” para dar unha primeira boa impresion debido a sua idade.
  • Penelope Garcia : (interpretada por Kirsten Vangness ) e a analista tecnica do equipo e uniuse ao equipo despois de acceder ilegalmente aos seus equipos. Normalmente apoia ao equipo desde o seu laboratorio en Quantico e ocasionalmente unese a eles. Forma parte do grupo de apoio para quen sufriron algunha perda nas suas vidas.
  • Ashley Seaver : (interpretada por Rachel Nichols ) e unha cadete do FBI que adestra na cadea do FBI de Quantico, pero e introducida no equipo para axudar nunha investigacion de asasinatos. Rossi permitelle acabar o seu adestramento no equipo baixo a supervision da axente Prentiss.
  • Dr. Alex Blake : (interpretado por Jeanne Tripplehorn ) e unha experta linguista do FBI. E profesora na Universidade de Georgetown que se une ao equipo despois de que Emily Prentiss marche para a oficina de Interpol de Londres. Aparece na estrea da oitava tempada.

Videoxogo [ editar | editar a fonte ]

A CBS anunciou en outubro de 2009 que Legacy Interactive desenvolveria un videoxogo baseado na serie. O xogo precisaria xogadores para examinar escenas de crime para pistas para axudar a resolver os misterios dos asasinatos. Creouse no 2012 un xogo interactivo, pero non caracterizou ningunha das voces do casting da serie, nin o casting foi involucrado no proxecto. O 14 de marzo do 2012 , a CBS renovou Mentes Criminais para a oitava tempada, a cal se estreou o 26 de setembro do 2012 . [ 14 ] [ 15 ] [ 16 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Bibel, Sara (11 de maio de 2015). TV by the Numbers, ed. " ' The Good Wife', 'Hawaii Five-0', 'Person of Interest' & Many More Renewed by CBS" . Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2015 . Consultado o 11 de maio de 2015 .  
  2. http://criminalmindsfanatic.blogspot.com/2006/12/criminal-minds-lola-glaudini.html
  3. Witchel, Alex. The New York Times, ed. "Mandy Patinkin: 'I Behaved Abominably ' " . Consultado o 21 de agosto de 2013 .  
  4. JJ Is Back! AJ Cook Inks 2-Year Deal To Return To 'Criminal Minds'
  5. "It's Official: Criminal Minds Welcomes Back Paget Brewster, Bids Farewell to Rachel Nichols" . Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2012 . Consultado o 19 de outubro de 2015 .  
  6. Andreeva, Nellie (15 de febreiro de 2012). Deadline.com , ed. "Paget Brewster To Leave 'Criminal Minds ' " . Consultado o 15 de febreiro de 2012 .  
  7. Digital Spy (ed.). "Big Love Jeanne Tripplehorn becomes Criminal Minds series regular" . Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015 . Consultado o 18 de xuno de 2012 .  
  8. http://guardianlv.com/2014/08/criminal-minds-shares-details-on-alex-blakes-departure/
  9. http://www.tvguide.com/news/criminal-minds-finale-postmortem-exit-erica-messer-1081778/
  10. "Jennifer Love Hewitt joins 'Criminal Minds' as series regular" . Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2015 . Consultado o 19 de outubro de 2015 .  
  11. http://www.cinemablend.com/television/You-Won-t-Believe-Who-Criminal-Minds-Killed-Off-During-Last-Night-Shocking-Episode-69741.html
  12. http://www.ew.com/article/2015/05/06/jennifer-love-hewitt-exits-criminal-minds-season11
  13. Huggins, Sarah (7 de maio de 2015). "How 'Criminal Minds' Season 11 will handle A.J. Cook's pregnancy" . Arquivado dende o orixinal o 19 de xuno de 2015 . Consultado o 28 de xuno de 2015 .  
  14. "Criminal Minds Game Blog" . 1 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016 . Consultado o 28 de agosto de 2021 .  
  15. CBS Interactive, ed. (29 de outubro de 2009). "CBS Consumer Products Announces Eight New Video Games Based on Popular TV Shows" . Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2010 . Consultado o 20 de outubro de 2015 .  
  16. ShaveMagazine.com (ed.). "Interview: Thomas Gibson" . Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2020 . Consultado o 10 de maio de 2012 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]