한국   대만   중국   일본 
Cova de Altamira - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cova de Altamira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cova de Altamira
Replica do teito de Altamira no Deutches Museum, Munic
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Pais España Cantabria
Localizacion Coordenadas : 43°22′37″N 4°07′11″O  /  43.376944444444, -4.11975
Tipo Cultural
Criterios i, iii
Inscricion 1985 (sesion IX)
Rexion da UNESCO Europa e America do Norte
Identificador 310

A cova de Altamira e unha gruta de Espana , famosa polas suas pinturas rupestres da epoca do Paleolitico superior , nas que aparecen representados mamiferos salvaxes, mans humanas e signos abstractos. A cova esta situada preto de Santillana del Mar , en Cantabria , a 30 km ao oeste da cidade de Santander . A caverna foi incluida na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO no ano 1985 .

Descricion [ editar | editar a fonte ]

A cova ten 270 metros, e consiste nunha serie de corredores e camaras entrelazadas. O cubiculo principal ten unha altura variabel, que oscila entre dous e seis metros. Formouse grazas aos afundimentos provocados por fenomenos carsticos que se desenvolveron sobre a rocha calcarea dos montes Vispieres .

As escavacions arqueoloxicas efectuadas no fondo da cova sacaron a luz ricos depositos de arte do periodo solutreanoi superior (databeis arredor de 18.500 anos atras) e mais do periodo Magdaleniano inferior (entre uns 16.500 e 14.000 anos). A gruta foi utilizada so por animais salvaxes no longo periodo intermedio entre as duas ocupacions por seres humanos. O lugar achase sito nun punto estratexico para poder aproveitar a rica fauna que habitaba as valgadas das montanas circundantes. Hai uns 13.000 anos unha freita bloqueou a entrada da caverna, preservando asi o que contina ate a descuberta moderna, posibilitada pola caida dunha arbore.

A ocupacion humana estivo limitada a entrada da cova, ainda que as pinturas se realizaron en toda a extension da mesma. Os anonimos artistas usaron carbon procedente de vexetais queimados, e mais ocre ou hematita , para pintar, con frecuencia diluindo as cores para conseguir matices e crear asi efectos de clarescuro . Aproveitaron tamen os perfis naturais dos muros da cova para producir a impresion de tridimensionalidade dos corpos. O Teito Policromo e a obra mais lograda e mostra un rabano de bisontes en diferentes posicions, dous cabalos , un gran cervo e o que semella un porco bravo .

A datacion destas obras pode remontar ao Magdaleniano por canto diferenza animais e formas abstractas. As imaxes do Solutreano representan cabalos, cabras e impresions de mans humanas. Outras numerosas cavernas do norte de Espana contenen arte rupestre, pero ningunha dunha calidade e nunha cantidade comparabel a Altamira.

Decubrimento e escepticismo [ editar | editar a fonte ]

En 1879 , o arqueologo afeccionado Marcelino Sanz de Sautuola que entrou na cova coa sua filla mais vella, enton de cinco anos de idade, veu as pinturas cando a pequena llas sinalou. El non fora capaz de miralas nunha visita anterior. A gruta foi escavada por Sautuola e polo arqueologo Juan Vilanova y Piera , da Universidade de Madrid , que deron conta dos seus resultados nun estudo publicado en 1880 , no que se databan as obras no Paleolitico . Especialistas franceses, encabezados por Gabriel de Mortillet e Emile Cartailhac rexeitaron a hipotese de Sautuola e Vilanova, e ainda a tese destes foi ridiculizada no Congreso Prehistorico de Lisboa de 1880. A causa da elevada calidade artistica e do excepcional estado de conservacion das pinturas, Sautuola foi mesmo acusado de fraude.

Pero en 1902 novas descubertas contribuiron a confirmar a hipotese da grande antiguidade das pinturas. Nese mesmo ano Emile Cartailhac admitiu publicamente o erro que cometera, nun artigo titulado "Mea culpa d'une sceptique" (Mea culpa dun esceptico), publicado no xornal L'Anthropologie . Sautuola, morto 14 anos antes, xa non puido conecer o feito.

Fixeronse novas escavacions por parte de Hermilio Alcalde del Rio en 1902-04, polo aleman Hugo Obermaier en 1924-25, e por Joaquin Gonzalez Echegaray en 1981 .

A copia da cova [ editar | editar a fonte ]

Entrada ao Museo Nacional e Centro de Investigacion de Altamira.

Nos anos da decada de 1960 comprobaronse diversos danos nas pinturas polas numerosas visitas turisticas. Altamira foi, enton, pechada completamente para o publico en 1971 , e reaberta parcialmente en 1982 . Desde esta data foron aceptados so uns poucos visitantes, e era preciso anotarse e agardar nunha lista de espera de ata tres anos. Foi realizada unha copia da gruta por Manuel Franquelo e Sven Nebel , que estivo lista no ano 2000 . A copia permite observar unha vista pouco comoda das pinturas policromas da sala principal, asi como doutras obras menores. Comprende tamen algunhas esculturas de rostros humanos, que non se podian ver na cova orixinal.

Hai outras copias no Museo Arqueoloxico Nacional de Madrid , Deutsche Museum de Munic (rematada en 1964 ) e mais outra no Xapon (rematada en 1993 ).

A cova abriuse [ 1 ] de novo ao publico de xeito experimental desde o 26 de febreiro de 2014 ata agosto do mesmo ano, estando limitada a entrada a so cinco visitantes por semana, para avaliar o impacto ambiental .

Impacto cultural [ editar | editar a fonte ]

Bisontes no teito da cova.

Moitos pintores foron influenciados polas obras da gruta de Altamira. Logo dunha visita Picasso exclamou "despois de Altamira todo e decadencia".

Algunhas das pinturas policromas de Altamira son ben conecidas na cultura popular espanola. O simbolo do goberno autonomo de Cantabria, a fin de promover o turismo, representa un dos bisontes da caverna.

Bisonte , unha antiga marca espanola de cigarros , usou un dos bisontes da cova como logotipo.

A banda desenada espanola Altamiro de la Cueva , creada en 1965 , inspirase na gruta cantabra. A serie relata as aventuras dun grupo de humanos da Prehistoria, presentados como se fosen persoas actuais, mais vestidos con peles de animais.

A banda de rock Steely Dan escribiu a cancion " The Caves of Altamira " para o seu album de 1976, The Royal Scam .

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]