한국   대만   중국   일본 
Cornucopia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cornucopia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento cunha cornucopia.

Cornucopia e unha imaxe da mitoloxia grega e posteriormente incorporada a latina asociado a abundancia e fertilidade. Hogano fai referencia a agricultura e ao comercio .

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Do latin cornu copiae ou "corno copioso", de cornu ou corno e copiae ou copioso, abondoso.

Orixe [ editar | editar a fonte ]

A cornucopia foi un agasallo de Zeus a cabra (segundo outras tradicions ninfa ) Amaltea , que segundo a tradicion coidouno e o aleitou durante a sua infancia. Nunha escena de xogo de Zeus (ou Xupiter na mitoloxia latina) na sua infancia rachoulle sen intencion un corno a Amaltea e como compensacion o corno que rachara pasou a ser maxico e concederia todo o que o posuidor quixese.

Representacions [ editar | editar a fonte ]

As representacions orixinais eran o corno da cabra cheo de froitas e flores. Varias deidades, especialmente Fortuna , eran representadas co corno da abundancia . Pero e unha figura que aparece tamen en representacions mais modernas. Aparece frecuentemente nos murais do Dia de Accion de Grazas onde aparece un cesto de vimbio con forma cornada cheo de froita e verduras. Noutras representacions e simplemente un cono curvo, oco e sen fondo ainda que tamen cheo de foitas.

Escudo de Colombia coas suas cornucopias na parte superior

A imaxe aparece tamen nos escudos de Colombia (onde aparecen duas a primeira rebosante de froitas e flores exoticas tipicas do pais e a outra estrada de moedas de ouro) e Venezuela (onde aparecen tamen duas cornucopias). Asemade aparecen nos escudos de Panama e Peru ainda que unha unica e chea de moedas de ouro.

A relacion das cornucopias coa simboloxia de Suramerica non se limita a aparicion da sua figura nos escudos dalguns paises ou dalgunha provincia. Debido a forma do estado de Mexico e as suas similitudes coa cornucopia, varios foron os mapas que disimulaban a cartografia nun corno da abundancia rebosante de froitas.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]