Constitucion francesa de 1958

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Constitucion francesa de 1958 , de 4 de outubro , e o texto fundador da V Republica , vixente na actualidade. Foi adoptada por referendo o 28 de setembro de 1958 e e o decimo quinto texto fundamental (ou o vixesimo segundo se se contan os textos que non se aplicaron) de Francia dende a Revolucion Francesa .

A Constitucion e a norma suprema do sistema xuridico frances e organiza as autoridades publicas, define o seu papel e as suas relacions. Modificouse en dezanove ocasions dende a sua publicacion, ben polo Parlamento reunido en Congreso ou directamente polo pobo a traves de referendo : as normas relativas a revision da Constitucion estan previstas pola propia Constitucion.

Esta estruturada nun Preambulo e dezaseis titulos que recollen cento tres artigos, dous dos cales son disposicions transitorias. O Preambulo fai referencia directa e explicitamente a outros tres textos fundamentais: a Declaracion dos dereitos do home e do cidadan do 26 de agosto de 1789 , o Preambulo da Constitucion francesa de 1946 , do 27 de outubro (a Constitucion da IV Republica ), e a Carta do medio ambiente de 2004 . Estas normas entendense incluidas no bloque de constitucionalidade, polo que os xuices aplicanas directamente e o lexislador debe respectalas, baixo o control do xuiz constitucional.