한국   대만   중국   일본 
Conquilioloxia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Conquilioloxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un posto de venda de cunchas en Tanzania .
Lamina do Museum Wormianum , ou gabinete de curiosidades de Ole Worm (1588?1654), medico e anticuario danes. No centro, no andel mais proximo ao chan, podese ver a sua coleccion de conchilliata .
Unha lamina do libro de Lister mostrando o que el chama conchas buccinis .

A conquilioloxia e o estudo cientifico das cunchas de moluscos . E unha rama da malacoloxia . Os conquiliologos poden estudar as cunchas para conseguir entender a diversa e complexa taxonomia dos moluscos ou simplemente para aprecialas polo seu valor estetico .

Esta definicion as veces se amplia (especialmente en Europa ) para incluir o estudo dos moluscos, o que tecnicamente e a malacoloxia, ao mesmo tempo que incluen outros invertebrados marinos, como os equinodermos , os cnidarios e os crustaceos .

A conquilioloxia ocupase de todas as cunchas de moluscos; poren, as luras e outros cefalopodos non tenen cunchas externas (coa excepcion dos nautilos ), xa que desenvolveron so un oso interno ou cuncha, utilizado para a flotacion ou como soporte.

Algunhas especies perderon completamente o seu esqueleto (interno ou externo), mentres que alguns substituirono por unha estrutura de soporte cartilaxinosa. Debido a isto, os conquiliologos ocupanse principalmente dos gasteropodos , os bivalvos , os poliplacoforos e os escafopodos .

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

O termo conquilioloxia deriva dos elementos conquilio- , tirado do grego antigo κογχ?λιον kogchylion /konkilion/, 'cunchina', e -loxia , do grego -λογ?α -logia , 'tratado'. [ 1 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

A recoleccion de cunchas, actividade predecesora da conquilioloxia, remontase ate aos mais afastados tempos da humanidade: desde que houbo persoas que paseaban polas praias agunhas puideron recoller cunchas debido a sua beleza e tamen e posibel que fose ao dia seguinte a buscar mais. O feito de que moita xente xa estuviera usando os moluscos como unha fonte de alimentacion, unido a sua abundancia, facilitou a sua introducion nas vidas das persoas.

Encontraronse colares de cunchas en asentamentos arqueoloxicos datados na Idade de Pedra , alguns dos cales situados en areas afastadas das costas indicando que foron obxecto dalgun tipo de comercio ou intercambio. Colares de cunchas e outras xoias encontranse na maioria das escavacions arqueoloxicas, incluindo ruinas antigas aztecas e doutos pobos amerindios , da antiga China e do val do Indo .

Durante o Renacemento , a xente comezou a ter un maior interese na beleza de obxectos naturais para incluir nos seus gabinetes de curiosidades ou cuartos de marabillas . As cunchas converteronse nunha gran parte desas coleccions.

Contra o final do seculo XVII , a xente comezou a ver as cunchas cun interese cientifico. Martin Lister entre 1685 e 1692 publicou a sua Historia Conchyliorum , que foi o primeiro libro detallado sobre cunchas, con mais de 1 000 pranchas gravadas.

Usos das cunchas [ editar | editar a fonte ]

As cunchas foron coleccionadas durante milenios, pero non seempre so pola sua beleza. A parte de que os moluscos, sobre todo os bivalvos , foron desde sempre unha importante fonte de alimentacion para moitos poboss en distintos lugares do mundo, as cunchas utilizaronse en diversas partes como:

  • Moeda (de cambio) , e dicir, como un medio de intercambio en varios lugares, incluindo America do Norte , Africa e o Caribe .
  • Ferramentas , debido a sua gran variedade de formas.
  • Nalgus pobos, as cunchas desempenan asi mesmo un papel na relixion e a espiritualidade . Por exemplo, as de Cypraea foron moitas veces consideradas como simbolos das mulleres debido a sua forma parecida a da vaxina .
  • As cunchas tamen foron (e son) empregadas como instrumentos musicais , normalmente como unha especie de trompeta ou buguina .
  • Con fins decorativos. Os "valentins" dos marineiros eran recordos decorativos fabricados no Caribe do seculo XIX . Consistian en complexos desenos de cunchas incrustadas en caixas de madeira (normalmente en forma de hexagono). Os "valentins" en forma de corazon encontrabanse entre os desenos mais populares, de ai o seu nome.
  • Asi mesmo, utilizanse alguns subprodutos das cunchas en procesos industriais.
  • Quizais os subprodutos mais significativos son as perlas "fabricadas" polas ostras .

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]