한국   대만   중국   일본 
Conde - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O tipo de coroa que ostentaban os condes.

Conde , ou Condesa en feminino, do latin comes ou comitis (companeiro), e un titulo nobiliario existente na maioria das monarquias europeas. [ 1 ] Na Idade Media , era o senor feudal , propietario dun ou varios castelos e terras denominados condados , pero posteriormente, a partir do seculo XIV , o titulo nobiliario so se utilizaba como grao de nobreza .

Orixe [ editar | editar a fonte ]

No Imperio Romano , comes converteuse nun titulo secular outorgado a cortesans de confianza, como sinal de confianza imperial. Converteuse nun rango formal, derivado dos "companeiros" de Alexandre Magno , e equivalente ao titulo de paladin para un cabaleiro do Sacro Imperio Romano Xermanico ou palatino para un funcionario papal .

Comes utilizabase na Republica Romana para designar aos que acompanaban a un maxistrado , como gobernador dunha provincia, formando parte da sua escolta e do seu consello, a sua cohors amicorum (cohorte de amigos). Na epoca imperial o termo evolucionou, utilizandose formalmente para designar aos achegados ao emperador, primeiro durante as suas viaxes e despois de forma permanente. Converteuse nun titulo cortesan e nunha dignidade, sendo a orixe do termo posterior: conde.

Condado [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Condado .

Co xurdimento do titulo xurdiu o simbolo mais poderoso do dereito, e dicir, a propiedade e a xurisdicion sobre a terra, de ai o termo de condado. O termo deriva do frances antigo conte ou cunte que denota unha xurisdicion baixo o control dun conde ou un vizconde . En frances moderno e comte , e os seus equivalentes noutras linguas son contea , contado , comtat , condado , Grafschaft , graafschap , etc.

O titulo de conde tamen era frecuentemente conferido polo monarca como titulo honorifico polos servizos prestados, sen que se conlevase a cesion dun patrimonio feudal, so un titulo, con ou sen un nome de dominio adscrito a el.

No Reino Unido , o equivalente a "Conde" tamen se pode usar como titulo de cortesia para o fillo mais vello dun duque ou marques . Nos estados italianos , pola contra, todos os fillos de certos condes eran pequenos condes ( contini ).

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Pine, L.G (1992). Titles: How the King became His Majesty (en ingles) . Priceless Books. ISBN   9781566190855 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]