Condado de Vermandois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armas dos condes de Vermandois
Condados de Francia sobre 1030.
Condados de Francia sobre 1180.

O Condado de Vermandois foi unha xurisdicion feudal de Francia en Picardia . Os primeiros datos que se tenen deste condado son do seculo IX, eran unha terras arredor de Saint-Quentin, ao norte do reino, que estaban a cargo de cabaleiros ao servizo de Carlomagno . Os condes de Vermandois emparentaron cos reis de Francia.

Historia do condado [ editar | editar a fonte ]

Dos primeiros condes anteriores a esta linaxe, non sabemos moito. O primeiro mencionado e Guintardo que participou nunha asemblea de Carlomagno en Quierzy e morreu no sobre o 833. O conde seguinte que aparece e Adelardo, sobrino de Carlos, o Calvo pola sua esposa Ermentruda, mencionado en 845 e morto sobre 864; Neste tempo Saint Quentin foi saqueado polos normandos no 851 e o 859. O xenro de Carlos o Calvo, Balduino I Brazo de Ferro, teria recibido o condado sobre o 879, pasando despois ao Nibelunxida Tietric ou Teodorico, descendente de Khildebrand I, irman de Carlos Martel , que teria sido conde entre 879 e 893 (testemunado en 886); baixo o seu goberno, Saint Quentin foi cercado por terceira vez, e destruido polos normandos, incluida a igrexa que tina aproximadamente 59 anos. Thierry ou Teodorico Nibelung fortificou a cidade e construiu as murallas reunindo a parte vella (Augusta) e a moderna en torno a igrexa, tomando a cidade reunida o nome de Saint-Quentin.

Asi o Vermandois era propiedade de Teodorico Nibelung (Thierry). A dinastia Condal deriva de Carlomagno a traves do seu fillo Pipino e do seu neto o rei Bernardo de Italia . O fillo de Bernardo, Pipino chamado Pipino de Peronne, foi conde en Vermandois en 840 , gobernando Peronne e Sant Quentin. Pipi debia casar cunha filla (e herdeira) de Teodorico [ 1 ] e deixou tres fillos: Heriberto, Pipino e Bernardo. O primeiro foi o tronco dos condes de Vermandois e o segundo dos condes de Valois.

Heriberto I foi nomeado o 896 conde de Vermandois e en 898 de Soissons. Morreu en 902 asasinado por orde de Balduino de Flandres. Da sua primeira esposa, Riquilda ou Leutgarda (que seria filla do conde de Troyes Adalelmo [ 2 ] ) tivo ao seu sucesor Heriberto II, que tamen foi conde de Meaux polo seu casamento coa condesa Adela, e en 918 tamen aparece como conde de Mezerais. Tivo un reinado turbulento: en 922 loitou xunto ao bispo Seulfo de Reims contra os seus vasalos revoltados; En 923, apresou ao rei Carlos III de Francia en Chateau-Thierry e logo en Peronne; en 925 , cando morreu o bispo Seulfo, obtivo do rei Raul de Francia o bispado de Reims, cun gran patrimonio, polo seu segundo fillo Hugo, de so 5 anos; En 926 , cando o conde Roxerio I de Laon morreu, esixiu o condado para o seu fillo mais vello e, a pesar da oposicion do rei, ocupouno pola forza, e finalmente Raul acordou transixir para evitar que Heriberto II liberase ao rei Carlos III; No 930 ocupou o castelo de Vitry en Perthois que pertencia a Boson, irman do rei Raul e reuniu un exercito coa axuda de Hugo o Grande, o marques de Neustria e en 931 conquistaron Reims onde instalaron un novo bispo. na persoa de Artaud; logo as forzas do rei conquistaron Vitry, Laon, Chateau-Thierry e Soissons; Coa mediacion do rei Henrique de Xermania, Heriberto foi reposto nos seus dominios menos Laon e Reims, pero tivo que someterse ao rei. O rei Luis IV de ultramar deulle o condado de Laon 941 a Roxerio II, fillo do conde Roxerio I, e isto provocou unha nova revolta por Heriberto II, aliado cos duques de Nuremberg e Normandia , Hugo o Grande e Guillerme Espada Longa; Heriberto entrou en Reims, restaurou ao seu fillo Hugo como bispo e Artaud foi feito prisioneiro; A mediacion de Oton de Alemana levou a unha transaccion ( tratado de Vise , preto de Lieja , en 942 ).

Morreu o 23 de febreiro de 943 e en 946 os seus dominios foron divididos entre os seus fillos: Adalberto I o Piadoso ( 943 - 988 ) recibiu o condado de Vermandois e a Abadia de San Quintin, Heriberto III recibiu o condado de Omois e Chateau-Thierry e as terras de Marne entre o condado de Meaux e o dominio eclesiastico de Epernay (tamen foi nomeado abade laico de Saint-Medard de Soissons). O seu fillo Roberto recibiu o condado de Meaux e o fillo Hugo foi confirmado como abade de Reims que so tera por dous anos ata que foi deposto por un concilio en Ingelheim onde foi nomeado bispo no seu lugar Artaud e como conde de Reims, o conde Renaud de Roucy; outro fillo, Odon morrera antes do 946 . As fillas recibiron algunhas terras que doaron aos seus maridos (o Mezerais pasou asi a Blois ).

Adalberto faleceu o 8 de setembro de 988 e sucedeuno o seu fillo Heriberto III, que naceu no matrimonio do pai con Xerberga de Lorena. Morreu en 997 e sucedeuno o seu fillo Oton I, que faleceu o 25 de maio de 1045 . O seu fillo Heriberto IV foi o seguinte conde e casou con Hildebranda (ou Adela) de Valois cara ao 1032 . Morreu ao redor de 1080 e, como o seu fillo Oto xa falecera, a sucesion recaeu na sua filla Adelaida de Valois, que herdou este condado e outros ( Vexin , Amiens e Bar ) a morte do seu irman Simon arredor de 1082 .

Lista de condes de Vermandois [ 3 ] [ editar | editar a fonte ]

Carolinxios (herbertianos) [ editar | editar a fonte ]

Datas Condes Notas
896 - 900/907 (902 probabel) Heriberto I



(† 900/907)
Fillo de Pipino de Peronne e posibel neto ou fillo de Teodorico Nibelung. Poderia estar casado coa filla de Adalelmo, conde de Troyes .
900/907 (902) - 943 Heriberto II



(† 943)
Fillo de Heriberto I, casado con Adela, filla do marques de Nuremberg Roberto I , despois rei de Francia en 922
946-987 Alberte ou Adalberto I



(† 987)
Fillo de Heriberto II, casado con Xerberga, filla de Xisleberto, duque de Lotarinxia. Na particion da herdanza paterna de 946 so recibiron o Vermandois [ 4 ] .
987-993 / 1002 Heriberto III



(† 993/1002)
Fillo de Alberte I, casado con Ermengarda, probabelmente filla do conde Renard ou Renald de Bar-sur-Seine, e viuva do conde de Tonnerre Milo II.
993/1002 - 1015/1021 Alberte II



(† 1015/1021)
Fillo de Heriberto III, abdicou en 1010 para converterse en monxe na abadia de Homblieres. Volveu a vida secular e recuperou a posesion do seu condado en 1015.
Sobre 1021 - 1045 Odon de Vermandois [ 5 ] († 1045) Irman de Alberte II, sucedeuno por primeira vez entre 1010 e 1015 e unha segunda vez despois da sua morte, cara a 1021. Casou cunha dama chamada Pavia de orixe desconecida.
1045 - sobre 1080 Heriberto IV



(† sobre 1080)
Fillo de Oton, casou con Alix de Valois, irma do conde Simon de Valois. Este ultimo, que queria converterse en monxe, cedeulle o condado de Valois no 1077. Desherdou ao seu fillo Eudes o Insensato en beneficio da sua filla Adelaida.
sobre 1080 - 1102 Adelaida



(† 1122).
A segunda filla de Heriberto IV casou con Hugo o Grande , fillo de Henrique I , rei de Francia . Polo seu casamento, Hugo converteuse en Conde de Vermandois e Valois.

Comtes capetos de Vermandois [ 6 ] [ editar | editar a fonte ]

Datas Condes Notas
sobre 1080 - 1102 Hugo I o Grande



(† 1102).
fillo de Henrique I , rei de Francia . Casou con Adelaida, condesa de Vermandois e Valois.
1102-1152 Raul I de Vermandois dito o Bravo ou o Chosco († 1152) Fillo de Hugo I o Grande e de Adelaida de Vermandois, casou con Leonor de Blois , Petronila de Aquitania e Laureta de Alsacia .
1152 - 1167 Raul II de Vermandois



(† 1176)
Fillo de Raul I de Vermandois e Petronila de Aquitania, casou con Margarida de Alsacia , condesa de Flandres . Non tiveron descendencia e quedaron afectados pola lepra . Abdicaron a favor da sua irma Elisabet.
1167-1183 Isabel de Vermandois



(† 1183)
Filla de Raul I e Petronila de Aquitania, herdou o condado de Vermandois por abdicacion a favor do seu irman enfermo Raul II. En 1159 casou con Filipe de Alsacia , conde de Flandres, pero non tiveron descendencia.
1167-1191 Filipe de Alsacia



(† 1191)
Fillo do conde de Flandres Teodorico de Alsacia , foi conde de Vermandois por matrimonio coa condesa Isabel. A morte desta sen descendencia, conservou o condado de Vermandois e o de Valois ata o tratado de Boves en xullo de 1185 .
1192 - 1213 Leonora de Vermandois († 1213) Filla de Raul I de Vermandois e Laureta de Alsacia, tras un acordo datado en 1192 [ 7 ] co rei Filipe Augusto recuperou os condados de Vermandois e Valois, vitaliciamente, sendo incorporados a coroa de Francia a sua morte.

Condes concesionarios [ editar | editar a fonte ]

Datas Comtes Notas
1669-1683 Luis de Borbon



(† 1683)
Fillo de Lois XIV e Luisa de La Valliere.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Este matrimonio esta en discusion; de feito non se sabe seguro quen foi a sua esposa pero hoxe tendese a pensar que era da casa dos Nibelunxidas, se cadra filla de Teodorico; outra fonte di que Pipino estaba casado con Rotaida de Bobbio
  2. O nome e especulativo
  3. Os condes carolinxios de Vermandois en Medieval Lands
  4. Alexis-Francois Artaud de Montor, Encyclopedie des gens du monde: repertoire universel des Sciences, des Arts et des Lettres , 1835, tomo 5, pax. 358
  5. David Bailie Warden, Nicolas Viton de Saint-Allais, L'Art de verifier les dates - Biographie d'Otton , Moreau, imprimeur, 1818, volume 17, pax. 191
  6. Os condes capetos de Vermandois en Medieval Lands
  7. Eleonora de Vermandois en Medieval Lands

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Pierre de Guibours (Padre Anselm), Histoire genealogique de la maison royale de France , 1726.
  • Fouquier-Cholet, Histoire des Comtes Hereditaires du Vermandois , Saint-Quentin, 1832.
  • Jean Mabillon, Annales ord. Sancti Benedicti. Ticinense. Lucae, 1739.
  • Louis Moreri, Le Grand dictionnaire historique , Paris, 1743-1749

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]