Condado de Valois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O condado de Valois foi unha xurisdicion feudal de Francia . Mais tarde existiu o Ducado de Valois (1407-1789). A dinastia Valois , chamada asi polo ducado, reinou en Francia. A capital do condado foi primeiro Vez (en latin , Vadum) e despois Crepy-en-Valois .

Historia [ editar | editar a fonte ]

A primeira dinastia condal deriva de Carlomagno a traves do seu fillo Pipino e do seu neto Bernardo, reis de Italia. Tratase dos chamados herbertinos ou herbertidas.

O fillo de Bernardo, Pipino chamado Pipino de Peronne , foi conde no Vermandois ao redor de 840 gobernando Peronne , Saint Quintin e Senlis . Estivo casado con Rotaida de Bobbio e tiveron tres fillos: Heriberto, Pipino e Bernardo. O primeiro foi o tronco dos condes de Vermandois e o segundo dos condes de Valois e Senlis.

A lina de Valois repartiuse entre os fillos do Conde Bernardo (morte tradicionalmente fixada o 956 ): Huberto, que recibiu Senlis, Roberto que recibiu Peronne, Robhold que foi o tronco dos senores de Chantilly e logo de Huntingdon e Northampton , e Adela que casou con Walerano, antes identificado como conde de Vexin, pero que hoxe se pensa que se trataba de Walerano, conde de Arlon. O conde Gautier II librouse da vasalaxe que debia ao bispo de Amiens e esta funcion volveuse ligada a familia Condal.

Os condados non se puideron manter unidos e separaronse a morte de Gautier II, pero en 1063 Raul III unificounos de novo e mesmo os expandiu. A sua morte o seu fillo Simon, destinado a vida eclesiastica, como unico fillo tivo que aceptar a sucesion ( 1074 ) pero o dia da sua voda decidiu desenterrar a seu pai, que fora excomungado e enterrado fora de lugares santos, para ser levado a chan santo; a vista do cadaver en descomposicion impresionouno tanto que volveu a facerse monxe e morreu en 1082 . Alguns condados pasaron a outros herdeiros e o condado de Valois pasou polo matrimonio da irma de Simon, Adela, esposa do conde de Vermandois (mais tarde, en 1118, os condes de Vermandois tamen recuperaron a Amiens).

Pero esta lina de Vermandois tampouco non tina fillos varons. Adelaida casou con Hugo, senor de Crepy pero so tiveron unha filla, Isabel. Do seu segundo enlace con Renaud, conde de Clermont-en-Beavaisis, naceu Raul IV, pero o seu fillo, Raul V, morreu sen sucesion e os tres condados pasaron a irma, Isabel, que casou con Filipe de Alsacia que herdou o condado de Flandres . En 1179 fixose reconecer conde igua que a sua esposa e unico herdeiro polo rei de Francia, e a morte da sua muller en 1182 proclamouse soberano de Valois, Vermandois e Amiens; pero a irma de Isabel, Leonor, co apoio do rei de Francia, reclamou a sucesion e fianlmente en 1185 Filipe renunciou. Leonor cedeu os condados de Valois, Vermandois e Amiens a coroa francesa ( 1214 ) e retirouse a un convento.

Enton o condado de Valois foi asignado temporalmente a varias personalidades en asignacion, as veces volvendo a coroa. En 1406 o condado foi elevado a ducado. Permaneceu ata a revolucion.

Condes de Valois e Senlis [ editar | editar a fonte ]

Condes de Valois [ editar | editar a fonte ]

Condes de Senlis [ editar | editar a fonte ]

Senores de Peronne [ editar | editar a fonte ]

  • Roberto I 956-1028 (irman de Huberto de Senlis ).
  • Odon 1028-?.
  • Roger?.
  • Ives (irman, recibe a senoria de Nesle).
  • Pedro?.
  • Gauthier?.
  • Xoan I c. 1210.
  • Xoan II de Lille.
  • a Lille arredor de 1250.

Condes de Valois, Vexin e Amiens [ editar | editar a fonte ]

Casa de Vexin [ editar | editar a fonte ]

  • antes do 895 - 919 : Ermenfredo de Amiens, conde de Amiens, de Vexin e de Valois.
  • 919 - 926 : Raul I de Ostrevent (m. 926 ), conde de Amiens, Vexin e Valois. Casado con Hildegarda, probabelmente filla de Ermenfredo.
  • 926 - 943 : Raul II, conde de Amiens, Vexin e Valois, fillo do precedente. Casado con Lietgarda.
  • 943 -despois de 992 : Gautier I, conde de Amiens, Vexin e Valois, irman; casado con Adela, probabelmente filla de Fulque II de Anjou.
  • antes de 998 - despois de 1017 : Gautier II, conde de Amiens, Vexin e Valois, fillo; Casado con Adela.
  • antes de 1024 - 1038 : Raul III , conde de Valois, fillo; Casado con Alix.
  • 1038 - 1074 : Raul de Crepy, IV de Valois e III de Vexin-Amiens o Grande, conde de Valois, despois de Vexin e de Amiens, conde consorte de Bar-sur-Aube e Vitry. Fillo; Casou en primeiras nupcias con Adela de Bar-sur-Aube e Vitry, en segundas nupcias con Haquenez e en terceiras nupcias con Ana de Kiiv .
  • 1074 - 1077 : Simon ( 1048 1081 ), conde de Valois, despois de Vexin e Amiens, fillo (coa primeira muller). En 1077 Simon converteuse en monxe. Valois pasou ao seu cunado Heriberto IV de Vermandois casado con Adela ou Alix, a irma de Simon; Amiens pasou a coroa ainda que foi reintegrado mais tarde, e Vexin repartiuse entre o duque de Normandia e o rei de Francia.

Casa de Vermandois [ editar | editar a fonte ]

Condes de Valois [ editar | editar a fonte ]

Duques de Valois [ editar | editar a fonte ]

Mapa do pais de Valois cara 1620, trala desaparicion do condado. Gravado en metal.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]