한국   대만   중국   일본 
Concilio de Clermont - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Concilio de Clermont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Predica do papa Urbano II no Concilio de Clermont. Ilustracion de estilo gotico tardio, extraida do Livre des passages d'Outre-mer (cara ao 1490), conservado na BnF .
Para o anterior Concilio de Clermont vexa Concilio de Clermont (535) .

O Concilio de Clermont foi un sinodo mixto , de eclesiasticos e laicos da Igrexa catolica que tivo lugar en novembro de 1095 e que desencadeou a primeira cruzada .

En 1095 , o emperador bizantino Aleixo I Comneno enviou legados a Occidente solicitando axuda militar contra os selxucidas . A mensaxe foi recibida polo papa Urbano II ; este encontrabase daquelas no Concilio de Piacenza, e en novembro daquel ano convocou o Concilio de Clermont para debater o asunto. Ao convocar o concilio, Urbano pediulle aos bispos e abades que trouxeran os senores locais de importancia.

O Concilio durou desde o 18 ate o 28 de novembro de 1095 e asistiron uns 300 clerigos de toda Francia . Urbano tratou as reformas cluniacenses e confirmou a excomunon do rei frances Filipe I polo seu segundo matrimonio. O xoves 27 de novembro , Urbano falou por primeira vez dos problemas no leste e declaroulle a guerra santa ( bellum sacrum ) aos musulmans que ocupaban Terra Santa .

Segundo o cronista contemporaneo Fulquerio de Chartres , Urbano tamen falou de varios abusos da Igrexa como a simonia e do incumprimento da Tregua de Deus . Logo pediulle aos cristians occidentais, pobres e ricos, que acudisen en auxilio dos gregos no leste, pois Deus vult ('Deus quereo'), exclamacion coa que o papa terminou o seu discurso. Fulquerio recolle que Urbano prometeu a remision dos pecados para aqueles que realizaran a viaxe a Terra Santa, ainda que probablemente non se referia ao que co tempo se chamarian indulxencias .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]