한국   대만   중국   일본 
Clon - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Clon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En xenetica , un clon ( grego κλ?νο? kl?n , ‘fillo’) e un conxunto de seres xeneticamente identicos que descenden dun mesmo individuo por mecanismos de reproducion asexual. O termo foi creado en 1903 por H. J. Webber coa explicita intencion de contribuir ao desenvolvemento lexico da enton nova ciencia da xenetica , e ese uso e o unico valido na linguaxe cientifica. Respondia a necesidade de referirse a unha variedade de cultivo multiplicada exclusivamente de maneira vexetativa (mediante esgallos ou estacas), como era e e comun respecto das arbores froiteiras. Os individuos xerados asi son xeneticamente identicos, o mesmo que os que se obtenen por partenoxenese ou mesmo por mecanismos sexuais de reproducion cando a homocigose e completa e a recombinacion xenetica imposible. Pode chamarse reproducion clonal a reproducion asexual , ainda que non e un uso moi estendido.

Nos ultimos decenios foi crecendo outra acepcion, popularizada pola prensa e o cine, de acordo coa cal un clon e un individuo identico a outro obtido por tecnicas xeneticas mais ou menos imaxinarias. Os clons asi definidos non existen, na medida en que o fenotipo non depende so do xenotipo , senon de mecanismos epigeneticos e de desenvolvemento nos que intervenen outros factores. Este uso actual do termo clon pode rastrexarse ate o libro O shock do futuro ( 1970 ) do influente xornalista e activista estadounidense Alvin Toffler.

Na natureza a reproducion asexual ou clonal e moi frecuente, especialmente entre organismos unicelulares, como bacterias e moitos protistas, ainda que case sempre alternando con fases de reproducion sexual (ou parasexual), que aumentan a diversidade xenotipica da poboacion.

Clonacion [ editar | editar a fonte ]

Do uso de clon deriva o de clonacion. A clonacion e a accion de producir unha entidade bioloxica ( xene , cromosoma , celula ou organismo ) xeneticamente identica a outra a partir dunha existente. En contextos cientificos o termo usase principalmente para a reproducion identica de moleculas hereditarias ( clonacion de ADN ).

A clonacion de organismos e practicada sen conecementos tecnicos especiais na maioria das plantas vivaces, por medio de esgallos ou estacas. En animais producense novos individuos a partir de fragmentos do corpo doutros en grupos relativamente simples, como as planarias , ou con elevadas capacidades de rexeneracion espontanea, como anelidos (lombrigas de terra) ou equinodermos (estrelas de mar).

A clonacion artificial de vertebrados basease en substituir o nucleo dun ovulo sen fecundar, polo nucleo dunha celula adulta do individuo que se quere clonar. Resulta asi o equivalente a un cigoto viable. A tecnica (chamada de transferencia nuclear) aplicouse con exito a ras desde 1952 , pero non se logrou con mamiferos ate hai unha decada.

Calendario de exitos:

Na pelicula Os nenos do Brasil mostrase detalladamente o que se sabia nos anos 80 respecto diso.

Implicacions bioeticas [ editar | editar a fonte ]

A clonacion, no sentido de multiplicacion asexual, de seres humanos non debe ter a longo prazo obstaculos tecnicos insalvables, o que deu lugar a un intenso debate etico e politico sobre a forma de tratar a chamada clonacion reprodutiva. O problema etico reside nas oportunidades de instrumentalizacion da vida humana a que se presta. Alguns imaxinan un problema con respecto a identidade dos individuos nados, ainda que os xemelgos identicos (ou monocigoticos) son o resultado dun modo excepcional de multiplicacion asexual, por escision espontanea dun embrion normal. Os xemelgos identicos son un clon (ou clon o un do outro, segundo o uso popular), sen que ninguen nunca dubide da posesion por eles de identidades persoais separadas.

A lexislacion e variable entre paises, e tende a distinguir a clonacion de embriones con fins terapeuticos, da clonacion reprodutiva, tendente a formar seres humanos completos.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Mittwoch, U. (2002). "Clone": the history of a euphonious scientific term. Medical History 46(3), 381-402.
  • Silver, L. M. (2001). What are clons? They’re not what you think they are. Nature, 412(6842), 21.
  • Toffler, A. Future Shock Nova York, Random House, 1970.
  • Webber, H. J. (1903) New horticultural and agricultural terms. Science 28, 501?503.