한국   대만   중국   일본 
Cine - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Cinema ≫)
Antigo proxector de cinema en Utrecht .

O cinema [ 1 ] ou cine , abreviaturas de cinematografo ou de cinematografia (do grego κιν? kin? ou κ?νημα kin?ma , "movemento", e γρ?φω graph? "escribir", "gravar") e unha arte , un espectaculo e unha industria que apareceu a finais do seculo XIX froito dos avances tecnoloxicos que se desenvolveron no mundo da optica ao longo do mesmo. Foi presentado ao publico o 28 de decembro de 1895 en Paris polo cinematografo dos irmans Lumiere , un dispositivo que nos seus comezos servia de camara para o rexistro de imaxes e de proxector para unha audiencia colectiva. Ao longo de 1896 difundiuse polas cidades europeas e norteamericanas . Anos antes no laboratorio de Edison nos Estados Unidos, Edison e W. K. L. Dickson (un empregado seu) desenvolveran o quinetoscopio e o kinetografo, un proxector individual e unha camara respectivamente.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Irmans Lumiere, inventores do cinematografo.
Sala de kinetoscopios en San Francisco , contra 1894 .

A caracteristica principal do cinema no seu nacemento foi a sua capacidade para captar e reproducir a imaxe en movemento. Isto producira grande impacto nos primeiros espectadores, que se sorprenden e se asustan coa proxeccion da chegada do tren que se achega cara a eles nunha das primeiras peliculas dos irmans Lumiere (ainda que esta anecdota parece ser mais unha lenda que unha realidade).

En esencia o cinema consiste na filmacion dunha serie de imaxes fixas -fotogramas- que ao proxectarse reproducen a sensacion de movemento. No cinema mudo o numero de fotogramas oscilaba entre 15 e 18 por segundo, e no cinema sonoro pasaron a ser 24. Durante moito tempo afirmouse que iso se debia a persistencia retiniana , unha caracteristica do ollo que fai que a imaxe permaneza na retina durante unha fraccion de segundo, pero agora sospeitase que o proceso e moito mais complexo. Un dos fenomenos fisioloxicos que o explicarian seria o chamado efecto phi, segundo o cal e o cerebro , e non a retina, quen reconstrue o movemento a partir de imaxes en movemento. Sexa como for, calquera secuencia de imaxes fixas proxectadas a mais de 10-12 fotogramas por segundo (o efecto parece variar segundo a persoa e segundo a similitude das imaxes) produce no ollo a sensacion de continuidade no movemento.

Como resultado dos inventos dos Lumiere e de Edison-Dickson axina se percibiu unha importante diferenza nas peliculas que facian. Uns, os Lumiere, filmaban peliculas no exterior como La sortie des usines Lumiere de 1895 e outras moitas semellantes inspiradas na sua concepcion na fotografia. Outros, Edison-Dickson, na tecnica teatral coas peliculas filmadas no primeiro estudo cinematografico, o Black Maria , cos actores situados sobre un pano de fondo.

Outros historiadores opinan, pola contra, que esta diferenza se debe o xeito que tinan os Lumiere e Edison de explotar as suas filmacions e os seus trebellos. Edison inventara unha maquina, o kinetoscopio , de visionado individual. Cada espectador debia introducir unha moeda no aparello e vian unha breve pelicula completamente debruzados no visor do kinestoscopio. En cambio, o cinematografo dos Lumiere proxectaba a pelicula para varias persoas a un tempo (e que pagaran previamente unha entrada para accederen a estanza onde se fai a proxeccion). Isto e o que hoxe conecemos coma cine, e por iso os Lumiere son considerados os inventores do cinema, malia que Edison obtivese a sua patente. Esta diferenza tivo repercusion en como se filmaban as peliculas de Edison e as dos Lumiere. Mentres Edison custodiaba celosamente o seu kinetografo e fornecia as salas de kinetoscopios so coas suas filmacions, os Lumiere venderon cinematografos , enviaron cineastas por todo o mundo e distribuiron peliculas suas e dos seus axentes por todo o mundo.

Non obstante, nin sequera Edison puido impedir que outros inventores construisen as suas propias camaras, unhas veces de xeito independente, outras plaxiando os inventos de Edison ou de Lumiere. Decidido a impedir esta competencia, Edison fixose coa patente do cinema e tratou de impedir que se construisen camaras e se filmase peliculas sen a sua autorizacion. Durante a chamada "guerra da patente", Edison perseguiu nos tribunais e fora deles a quen pretendese filmar peliculas. O nacemento de Hollywood atribuese en parte o intento dos cineastas independentes de librarse no afastado Oeste norteamericano das insaciables gadoupas de Edison e os seus avogados . Con todo, e ben mais probable que a producion cinematografica se trasladase dende a chuvinosa Nova York e do ventoso e xelido Chicago a Hollywood por mor do clima benigno e soleado e pola gran variedade de escenarios naturais, urbanos, rurais e salvaxes.

Nacemento dunha industria [ editar | editar a fonte ]

Estudos de Edison en Nova York.
Do catalogo de Edison: combate entre os boxeadores Mike Leonard e Jack Cushing, 1894 .

A "guerra da patente" finalizou coa derrota parcial de Edison, quen aceptou compartir os dereitos da sua patente cos membros da Motion Picture Patents Company (MPPC), os que mediante o pago dunha licenza, permitia rodar. Alen da MPPC, os independentes, pese a non pagaren a licenza, seguiron rodando e distribuindo as suas obras grazas a que Eastman Kodak , principal fabricante mundial de pelicula cinematografica, se negou reiteradamente as pretensions de Edison de que so abastecese os socios da MPPC.

Finalmente, os independentes derrotan a MPPC. A principios dos anos 1920 ningun dos membros da MPPC, incluida a empresa de Edison, continuaba no negocio. Os independentes valeronse da integracion vertical para dominaren o mercado e, a partir de mediados dos anos 1920, lanzarse a conquista dos mercados mundiais por parte de Hollywood. A integracion vertical consistia en que os estudios, conecidos na epoca coma as majors , producian, distribuian a traves das suas propias redes e exhibicion nas suas propias salas de cine .

Fora deste sistema vertical so quedaron un fato de produtores independentes, as minors , que non posuian unha rede propia de cines e dependian das majors . As salas de exhibicion que non pertencian as majors estaban sometidas mediante un sistema de distribucion controlado por Hollywood mediante tecnicas escasamente competitivas como o blind-booking (contratacion as cegas, se unha sala quere contratar unha pelicula interesante acepta contratar un certo numero doutras peliculas que lle ofrece o estudo pero que non pode escoller) e o block-booking (contratacion pechada ou por bloques, se unha sala quere unha pelicula dun estudo debe contratala dentro dun grupo ou bloque con outras peliculas e non separadamente).

Este sistema de control da exhibicion derivou nun sistema de producion. As salas eran estratificadas en salas de estrea (xeralmente, nas grandes cidades), salas de reestrea (na periferia das grandes cidades e un vilas medianas) e salas de circuito e de dobre sesion (no rural e no arrabalde). As salas de estreas eran subministradas con peliculas de clase A (maior orzamento e estrelas mais rutilantes). Unha vez finalizaba a explotacion destas peliculas nas salas de estrea, pasaban as salas de reestrea e logo as de circuito. As peliculas de clase B ou C eran estreadas directamente nas salas de reestrea ou, mesmo, nas de circuito e as de dobre sesion.

Este sistema de explotacion cinematografica converteu o cinema no principal motor economico dos Estados Unidos, xunto coa industria automobilistica , e perdurou ata 1956 , cando unha sentenza do Tribunal Supremo dos Estados Unidos , en aplicacion das leis antimonopolio , obrigou as majors a desfacerse dos seus circuitos de salas. Foi, en mais dun sentido, o final do Hollywood clasico, xa moi danado polo influxo da recentemente inventada television .

Narracion e entretemento [ editar | editar a fonte ]

Charlton Heston en Xulio Cesar , 1950 .
Formato da pelicula de 35 mm con son optico.

Tras un periodo no que o cinema imitaba a outras tecnicas e/ou artes, atopou o seu camino propio, e non pasou moito ata que aparecesen os primeiros elementos narrativos nas peliculas . En L'arroseur arrose ( 1895 ) dos Lumiere xa vemos o xerme, ainda que moi esquematico, dunha historia. Nunha primeira epoca, entre 1895 e 1903 , asistimos a un momento pleno de experimentos: Le voyage dans la Lune ( 1902 ), de Georges Melies , introduce un suxerinte mundo de fantasia nas peliculas e o comezo dos efectos especiais nos filmes; The Life of a American Fireman (1902) e, sobre todo The Great Train Robbery ( 1903 ) de Edwin S. Porter , son exemplos dunha emerxente utilizacion da montaxe e amosan esbozos de narracion.

E en Francia , Reino Unido , Estados Unidos, Dinamarca e Italia onde comezan a sentar as bases dunha arte nova, primeiro asociado ao espectaculo de feira e as variedades, unha especie de "teatro dos pobres" que enseguida acada un status propio. Contra 1915 David Wark Griffith , o pioneiro cineasta norteamericano, sintetiza e estrutura en The Birth of a Nation todos os descubrimentos dos anos anteriores. Griffith comeza a superar a forma primitiva, entendida esta coma un estadio anterior do cine, e senta as bases da narrativa clasica. Na pelicula aparecen sistematizados recursos propios do modelo de narracion que reinara decadas despois: un espazo narrativo que se construe co plano de situacion, a estruturacion en torno ao eixe , o plano-contraplano, a insercion de primeiros planos, a elaboracion da continuidade na montaxe xunto coa montaxe en paralelo e a montaxe converxente.

Hoxe en dia, como pasa con outros filmes da epoca, circulan varias versions da montaxe de The Birth of aNation , unha obra que trata da guerra de secesion norteamericana. A analise da secuencia do asasinato de Abraham Lincoln constitue un exemplo significativo deste modelo de forma cinematografica. Neste fragmento conviven rastros da forma primitiva co corpus da montaxe que dara pe ao cinema clasico . Xunto co plano de situacion (un plano que define e acouta o espazo da escena), unha continuidade que prefigura o concepto de raccord , aparecen tratamentos coma o do asasino de Lincoln ( John Wilkes Booth ) que parece tomado no antigo Black Maria de Edison. O modelo esta formulandose pero ainda quedan titubeos.

En paralelo a historia das decadas dos 20 e 30 do seculo XX o cinema vive un periodo de particular fecundidade. A forma cinematografica do cinema mudo multiplicase en diversos modelos: o cinema organico americano, o cinema dialectico sovietico, o expresionismo aleman, o realismo poetico frances ademais doutros movementos vangardistas .

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

  • Cineclub Lumiere . Cineclub vigues con proxeccions habituais, para socios e non socios e con videoteca propia para o emprestamo.
  • Cineclub Compostela . Cineclub compostelan con proxeccions e ciclos habituais. Nesta paxina podes atopar informacion sobre o mesmo, mais tamen sobre os filmes que proxecta.