Chuvia de meteoros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chuvia de meteoros

A chuvia de meteoros , popularmente conecida como " chuvia de estrelas ", e un fenomeno astronomico que se produce cando a Terra atravesa os restos da cola dun cometa (estes restos, mentres se atopan no espazo exterior, chamanse meteoroides ), o que permite que durante uns dias se poidan ver entrando na atmosfera un gran numero de meteoros , que parecen irradiar todos dun punto chamado radiante .

Tipos e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Calquera meteoro capaz de provocar sombras ten magnitude superior a -4 (refulxir de Venus ),e denominase bolido . Estes bolidos poden sobrevivir a entrada na atmosfera, estoupar (coma en Tunguska ), ou chegar ao chan ( meteorito ). A altura habitual de vision esta entre 120 e 80 km. [ 1 ]

Calquera noite despexada e con boa visibilidade podense atopar meteoros no ceo , para diferencialos e importante determinar o radiante, esperar se aparece algun outro na mesma zona, e despois acudir as listas de chuvias de meteoros para saber se estaba identificada. De tal xeito que se non se repite a observacion nesa noite e nas sucesivas tan so seria un meteoro illado.

Algunhas estelas de cometas podense atopar divididas en grandes fragmentos debido ao paso do cometa polo influxo gravitacional de Xupiter e Saturno , podendose ver espectaculares chuvias coma as dos restos do cometa Biela do 27 de novembro de 1877 .

Principais chuvias de meteoros [ editar | editar a fonte ]

Estas son as chuvias anuais mais notables, segundo a constelacion situada na posicion de entrada dos meteoros (radiante):

Parametros que caracterizan unha chuvia de meteoros [ editar | editar a fonte ]

  • Radiante : e o punto do ceo do cal parecen sair os meteoros dunha chuvia. Midese mediante as coordenadas Alfa e Delta. Alfa e a ascension recta e Delta e a declinacion .
  • Taxa Horaria Zenital (THZ): e o numero maximo de meteoros por hora observables en condicions ideais (un ceo perfectamente claro co radiante da chuvia xusto sobre a cabeza). A taxa horaria, uha vez descartados picos por chuvias de meteoros de intensidade particular, esta entre 15 e 20 meteoros/hora. [ 1 ]
  • Indice de poboacion : relacion da distribucion de magnitudes (brillo) dunha chuvia de meteoros.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 "La camara de meteoros de la ESA captura las perseidas" . www.esa.int (en ingles ) . Consultado o 2020-08-18 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]