한국   대만   중국   일본 
Chamavi - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Chamavi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Chamavi son unha tribo xermanica que, durante a maior parte da sua historia, estivo situada na ribeira norte do baixo Rin , na rexion hoxe chamada Hamaland (territorio dos Hamavi ), na provincia neerlandesa de Overijssel . No seculo I aparecen citados na Germania de Tacito .

Orixe [ editar | editar a fonte ]

Tacito di (35) que os Chamavi se desprazaran ao territorio dos Bructeri . En canto ao motivo destes xa non estaren ali, o texto latino esta redactado de tal xeitto que non revela moitos detalles:

pulsis Bructeris ac penitus excisis vicinarum consensu nationum...
expulsados os Bructeri e case destruidos por unha alianza de pobos vecinos...

como ese mesmos vecinos se converteron nos posteriores francos salios , o "consensus" mencionado e o primeiro exemplo conecido de concertacion entre eles.

Estas pasaxes de Tacito suscitan unha cuestion: se Hamaland e o antigo territorio dos Bructeri, onde estaban os Chamavi con anterioridade? Unha resposta e que ocupaban a chaira litoral no norte (os xermanos desprazaronse case invariabelmente de norte a sur). Hai moitos lugares chamados Hamm, incluindo probabelmente unha cidade moderna, Hamburg . O nome pode provir do equivalente xermanico de Chamavi.

A mellor etimoloxia deriva Ham- do Xermanico comun *haimaz, "fogar", do indoeuropeo *tkei-, "asentar", de onde o sufixo toponimico alto aleman -heim. A forma ham-, "asentamento", parece provir do Xermanico do Mar do Norte , tal como o obtemos do neerlandes e frances . O -avi, unha terminacion de adxectivo, posteriormente evolucionou a -au noutros toponimos, pero foi eliminado neste. Chamavi neste derivado poderia significar "homes dos asentamentos". Cando e en que sentido foron tal cousa e algo que se perde na prehistoria.

Movemento Rin arriba [ editar | editar a fonte ]

Os Annales de Tacito contan unha historia aparentemente contraditoria (13.55). para manteren ocupados aos soldados romanos da baixa Xermania, os seus comandantes enviaronnos ao Rin, a terras baleiras, para traballaren nunha canle. Debido a unha disputa cos comandantes romanos de Belgica , os soldados foron retirados, pero os frisios enviaron homes para ocupar o territorio. Os romanos expulsaronnos. Os Ampsivarii apoiaron a sua causa. Reclamaron a terra que fora ocupada polos Chamavi, seguidos polos Tubantes e os Usipetes . Por que estaba baleira a terra dos Chamavi? Sabemos que posteriormente estaban aqui como francos .

Tolomeo danos a resposta indirectamente. Na sua obra Geographia (2.10), contanos que os Kamauoi (latinizados como os Camavi ) estaba proximos aos Chaerusci , que en Tacito estaban na Baixa Saxonia preto de Hannover , ou quizais Turinxia e Anhalt . Aparentemente, alguns Chamavi abandonaron as suas terras para situarense rio arriba. Desconecemos as razons. Os romanos mantiveron o control militar desas terras, pero os xermanos reclamaban os seus dereitos sobre elas.

Outros dous pobos de Tolomeo portan un nome en *haimaz: os Chaemae e os Banochaemae . Non hai motivo para asumirmos que estes eran os Chamavi, ainda que a identificacion non pode ser excluida. Tolomeo trataos como pobos distintos.

Cos francos salios [ editar | editar a fonte ]

Cando aparecen os Chamavi, a historia atopaos en relacion cos salios . Nalgun momento despois de Tolomeo as terras baixas proximas e no que noutrora foi o Zuider Zee , nunha rexion agora ocupada polos neerlandeses (dos que quizais sexan os seus devanceiros), ficou ocupada por un pobo chamado os Salii ("o pobo da auga salgada"), sen dubida por medio dun simple cambio de nome. Probabelmente habia elementos tanto dos frisios como dos Chamavi, xunto a un feixe de piratas batavos . Converteronse nunha entidade politica distinta e inmediatamente empezaron a perturbar a rexion, volvendose problematicos para os romanos. Case sempre os atopamos asociados cos Chamavi.

O nome de francos asignouselles aos salios xa desde a sua entrada na historia. Os Panegyrici Latini , unha serie de doce discursos pronunciados na honra dos emperadores romanos, describe os esforzo de Constancio I Cloro , pai de Constantino I o Grande , para pacificar os francos, que eran considerados distintos dos Chamavi. Estes"Panegyrici" atribuense normalmente a Eumenio , "magister memoriae" (secretario privado) de Constancio, con nome de compromiso de pseudo-Eumenio, para a autoria da dita obra.

Conflito cos ultimos emperadores de Roma [ editar | editar a fonte ]

A finais do seculo III Constancio, tal e como nos contan os "Panegyrici", tivo que expulsar os francos de Belgica unha e outra vez, e mesmo pensou en solucions de exterminio. Deixando estar no seu sitio aos francos pacificos, deportou aos soldados capturados e aos seus familiares aos que chamaron laeti, cara a terras baldeiras na Borgona, onde traballaron a terra e serviron ao exercito romano. Sabemos que entre eles estaban os Chamavi porque conecemos un asentamento (Ch)amavorum. Estes francos ascenderon a cargos superiores, ata o punto de chegaren a dominar o exercito romano no Rin .

Alguns romanos chegaron a considerar francos aos Chamavi. Na Tabula Peutingeriana , que data nada menos que do seculo IV , hai unha breve nota escrita no espazo ao norte do Rin,

Hamavi qui et Franci
Os Hamavi, que tamen se chaman francos

Os Chamavi tamen constan no seculo V na Notitia Dignitatum como unha unidade militar romana. Moito antes, con todo, xa oimos falar deles nunha carta aos atenienses de Flavio Claudio Xuliano (Xuliano o Apostata, pois volveu do cristianismo ao paganismo ). Nela di que obrigou aos salios a pediren a paz e que tirou aos Chamavi da Galia.

A historia completa contanola Amiano Marcelino (17.8-9). As duas tribos sabian que estaban onde se supuna que non estaban, pero aparentemente esperaban non entrar en combate. Cando Xuliano se aproximou coas suas forzas, enviaron emisarios pedindo a paz a cambio de regresaren a casa e de que lles permitisen permanecer ali. Xuliano despediunos con garantias pero sen unha resposta definida e daquela seguiu en segredo aos emisarios ata a localizacion dos seus exercitos, que atacou contando co factor sorpresa. Alguns dos Chamavi resultaron mortos e outros foron encadeados; o resto fuxiu cara ao seu pais, para mais tarde enviaren emisarios a Xuliano en posicion submisa. Desta vez aceptouse a paz. Os Chamavi tiveron que pagar tributos en gran, pero probabelmente non se chegou a efectuar ningun debido aos problemas polos que despois pasaron os romanos.

O seu esvaecemento na Historia [ editar | editar a fonte ]

A vida continuou asi para os Chamavi. Temos indicios da sua lingua na Lex Salica , un corpus de leis redactado no seculo V polos mesmos salios. Nun manuscrito hai escritas glosas en antigo saxon . Gregorio de Tours tamen fai mencion dos o Chamavi como unha parte dos francos. O nome e a unidade probaron unha perdurabilidade fora do comun: a Lex Chamavorum Francorum e conecida desde o seculo IX , e foi oficial en tempos de Carlomagno . Despois disto desaparecen da sua provincia mesturandose coa nova poboacion de Holanda. A idade dos estados tribais estaba a rematar na Europa occidental.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]