한국   대만   중국   일본 
Castelo de Santo Anton - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Castelo de Santo Anton

Este é un artigo bo da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Castelo de Santo Anton
ben de interese cultural

Vista exterior do castelo dende o mar.
Castelo de Santo Antón en A Coruña
Castelo de Santo Antón
Castelo de Santo Anton
Localizacion no mapa provincial.
Concello A Coruna
Provincia Provincia da Coruna
Comunidade
autonoma
Galicia
Coordenadas 43°21′57″N 8°23′16″O  /  43.365770946945, -8.387784127122 Coordenadas : 43°21′57″N 8°23′16″O  /  43.365770946945, -8.387784127122
Estilo arquitectonico
Estilo orixinal Renacemento [ 1 ] (s. XVI)
Estilo actual Renacemento
Neoclasico ( s. XVI - XVIII [ 2 ] )
Estado actual Museo arqueoloxico
Vexase tamen
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata  ]

O castelo de Santo Anton , e un castelo construido no seculo XVI [ 3 ] que formaba parte, xunto co castelo de Santa Cruz (en Lians ) e o castelo de San Diego (en Oza , hoxe desaparecido), dunha rede estratexica de castelos e baterias para a defensa da cidade da Coruna [ 4 ] . Foi declarado Monumento Historico Artistico en 1949 [ 5 ] e desde o ano 1994 pasou a ter a consideracion de Ben de Interese Cultural coa categoria de monumento [ 3 ] . Dende a sua inauguracion no ano 1968 alberga o Museo Arqueoloxico e Historico da Coruna . [ 3 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

No lugar que hoxe ocupa o castelo, e que era un illote proximo ao porto da Coruna , existia a finais da Idade Media unha capela dedicada a santo Anton e nela confinabanse os navegantes co mal conecido como lume de santo Anton (ergotismo), sendo tamen utilizado con posterioridade como lazareto . [ 6 ]

Precedentes [ editar | editar a fonte ]

Outra vista do castelo.

Na visita a Coruna de Carlos V o 14 de abril de 1520 , o Consello da cidade fixolle chegar a necesidade existente de contar cunha boa defensa para facer fronte aos ataques dos barcos ingleses e co obxecto de obter o permiso para a construcion dunha Casa de Contratacion, peticion que fora feita pola nobreza e o clero galego nese mesmo ano, xa que desde o ano 1503 o comercio con America se centralizaba na Casa de Contratacion de Sevilla .

Co regreso da expedicion de Fernao de Magalhaes e Juan Sebastian Elcano en setembro de 1522 , o Consello da Coruna fixo chegar un memorial ao emperador Carlos V, solicitando que o seu porto fose a base comercial da nova ruta aberta.

Finalmente o emperador concedeulle a Casa de Contratacion a cidade o 22 de decembro de 1522 [ 7 ] , facilitando o comercio co norte de Europa .

Construcion [ editar | editar a fonte ]

Entrada ao castelo.

No ano 1528 elixiuse a illa de Santo Anton como o lugar para a construcion dunha fortaleza. [ 8 ] Nese ano recibironse na Coruna cartas e provisions reais, nas que o emperador mandaba que se levantase unha fortificacion. [ 9 ]

O enxeneiro Fratin, inspector de fortificacions de Filipe II , referendou o lugar en 1581 [ 10 ] e o rei autorizou a sua construcion, que levou a cabo o profesor da Real Academia de Matematicas, o enxeneiro alferez Pedro Rodriguez Muniz, que se atopaba en Galicia ao servizo do capitan xeneral marques de Cerralbo . [ 8 ]

A obra iniciouse no ano 1587 , tal e como indica unha inscricion situada a caron do escudo do marques de Cerralbo da portada da fortaleza. [ 11 ]

Alxibe no interior.

Desenou un modelo italiano adaptado a unha illa. Algun documento fala do uso para a construcion de perpianos da escaleira exterior estragada da Torre de Hercules . [ 2 ] [ 8 ] A pedra da antiga muralla da cidade tamen foi utilizada para a sua construcion.

No ano 1590 o rei Filipe II ordenou ao seu arquitecto Tiburcio Spinochio que continuase e finalizase as obras do castelo que foran interrompidas polo ataque de Francis Drake . [ 6 ] Deste xeito remataron nese mesmo ano as obras, coa construcion dos aloxamentos para a tropa , o alxibe e a torre que defende a porta.

A sua construcion prolongouse desde o seculo XVI a boa parte do XVII , periodos durante os cales a cidade viu partir a Armada Invencible , tivo que facer fronte aos ataques ingleses (Drake en maio de 1589 ) e ao acoso da frota do arcebispo de Bordeos no ano 1639 .

Batallas [ editar | editar a fonte ]

Unha das pezas de artillaria .

Durante o ataque de Francis Drake a cidade foron duas companias de soldados e varias pezas de artillaria as que defenderon con eficacia o flanco sur da Cidade Vella desde o castelo sen rematar.

No ano 1639 a frota do arcebispo de Bordeos atacou a cidade. O fogo cruzado da artillaria deste castelo e a do desaparecido de San Diego xogou un importante papel na defensa. [ 6 ]

Lazareto e prision [ editar | editar a fonte ]

Dos seculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prision , e mais tarde foi empregado como lazareto para illar os marineiros que chegaban a cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa. [ 1 ] [ 12 ]

Reformas do seculo XVIII [ editar | editar a fonte ]

Plano de Antonio Lopez Sopena, 1776. [ 13 ]

A fortaleza sufriu importantes reformas a partir do ano 1777 para instalar nela o Corpo de Enxeneiros do Exercito, reformas nas que se construiron unha bateria baixa, un pequeno porto, unha capela, ameas e a casa do gobernador. Estas reformas fixeronse necesarias ao quedar obsoleta a sua capacidade defensiva xa que os buques do seculo XVIII eran mais altos que o castelo, quedando as suas plataformas desprotexidas.

Casa do Gobernador.

Prisioneiros de sona do Castelo de Santo Anton [ editar | editar a fonte ]

Desde comezos do seculo XVIII ata o seculo XX foi utilizado como prision . Durante ese tempo estiveron reclusos no penal alguns persoeiros da epoca como:

Seculo XX [ editar | editar a fonte ]

Nos anos 40 deste seculo a illa uniuse a terra por medio dunha prolongacion do peirao das Animas.

No ano 1960 foi cedido polo Ministerio do Exercito ao concello da Coruna, para albergar un museo que, despois da realizacion de obras de reforma desde 1964 dirixidas por Pons Sorolla , abriu as suas portas no ano 1968. En 1975 foi nomeado director Felipe Senen Lopez . [ 15 ]

A tematica do espazo museistico e a arqueoloxia e alberga pezas de ourivaria protohistorica , do megalitismo , da Idade de Bronce en Galicia , da cultura castrexa , da romanizacion de Galicia e outras relacionadas coa cidade. [ 12 ]

Descricion [ editar | editar a fonte ]

Entrada do castelo cos escudos.

Tratase dunha fortaleza construida no seculo XVI na entrada da baia da Coruna. [ 16 ] Os seus antecedentes formais atopanse nos castelos italianos de inicios do seculo XVI, construidos por enxeneiros as ordes de Carlos I , e co castelo de Sant'Elmo en Napoles como un dos exemplos mais achegados. [ 8 ]

E de estrutura alongada, adaptandose ao promontorio, coa entrada orientada cara ao porto.

Vista do patio de armas desde enriba.

A entrada esta defendida por santabarbaras escavadas na rocha . No seu portalon situanse os escudos do Imperio co Velaro de Ouro do gobernador marques de Cerralbo e o da Inquisicion .

Cruzando a entrada chegase a un patio de armas protexido por cortinas abovedadas laterais, e onde se situan as casamatas que acollen achados arqueoloxicos da provincia ( sartegos , esculturas , laudas, heraldica ...).

A parte alta accedese por unha ampla rampla. Neste lugar, a esquerda situase o acceso ao alxibe, lugar no que se recolle a auga da choiva por medio dun sistema de canalizacion. Tamen se atopa aqui o pozo , que accede directamente ao alxibe. O extremo orientado cara a ria estruturase nunha plataforma estrelada para a colocacion da artillaria, [ 16 ] onde se conservan canons de epoca e as garitas .

A Casa do Gobernador e produto das reformas de finais do seculo XVIII e obra do enxeneiro Antonio Lopez Sopena, [ 13 ] que desenou un palacete en estilo neoclasico . Composto de duas plantas, a inferior era a destinada a servir de cuartel e a superior estaba dividida entre duas vivendas e a capela dedicada a Virxe do Rosario , patroa da cidade. A cuberta do edificio accedese a traves dunha estreita escaleira de caracol . [ 6 ]

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 Molina Sanchez, Cesar Antonio : Viaje a la Costa da Morte 2003, ISBN 84-8374-390-6 (en castelan ) .
  2. 2,0 2,1 2,2 Ficha n.º 17 do Plan Xeral de Ordenacion Municipal de 1998 da cidade da Coruna.
  3. 3,0 3,1 3,2 Ficha do Museo Arqueoloxico - Castelo de Santo Anton na paxina do Concello da Coruna.
  4. Sarmiento , Martin (1745). Viaje a Galicia :(1745) / Fr. Martin Sarmiento ; edicion y estudio por J. L. Pensado (en castelan ) . p. 71. ISBN   8460018784 . Consultado o 5 de febreiro de 2015 . Vi desde tierra el castillo de San Anton y enfrente al mediodia esta el Castillo de San Diego, y los dos son las claves (68 r.) del puerto, y pescaderia.  
  5. Decreto de 22 de abril de 1949 sobre proteccion dos castelos espanois Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine . (en castelan )
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Castillosnet.org Arquivado 14 de febreiro de 2015 en Wayback Machine . (en castelan ) .
  7. Que foi pechada no ano 1573
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Soraluce Blond, Jose Ramon . Guia da Arquitectura Galega (1999) . Guias Galaxia, Galaxia , pax. 93 a 95. ISBN 84-8288-186-8 .
  9. 9,0 9,1 Murguia, Manuel : "El Castillo de San Anton " en El Museo Universal n.º 3, p. 22-23, Madrid , 15/2/1858 (en castelan ) .
  10. Riveira Bullon, Adelaida (2013). Reconstruccion infografica y volumetrica de las etapas constructivas del Castillo de San Anton (PDF) (en castelan ) . UDC . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2015 . Consultado o 05 de febreiro de 2015 .  
  11. Castillo , Angel del (1987) [1972]. Inventario Monumental y Artistico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artistica de Galicia) (en castelan ) (2ª ed.). A Coruna: Fundacion Pedro Barrie de la Maza . p. 261. ISBN   84-85728-62-9 .  
  12. 12,0 12,1 Turismocoruna.com Paxina web de turismo do Concello da Coruna. (en castelan )
  13. 13,0 13,1 Plano del Castillo de S. n Anton de la Plaza de la Coruna con el Proyecto que se propone executar para aloxar dentro de el la Tropa que le guarnece: Acer la capilla, Avitacion para el Governador y Capellan Arquivo Xeral de Simancas . (en castelan )
  14. "Que se'n va fer dels herois de la Guerra de Successio?" Arquivado 26 de febreiro de 2021 en Wayback Machine .: Sapiens; num. 89; marc 2010; p. 31; ed. Grup Cultura 03; ISSN 1695-2014
  15. Naya Perez, Juan et al. : artigo "Coruna, A", en Gran Enciclopedia Galega Silverio Canada ': A partir de 1975 ... empezaron os tramites para reinicia-las tarefas de limpeza e revision dos traballos de investigacion, materiais, estruturas, planimetria...
  16. 16,0 16,1 Castelo de Santo Anton en Turgalicia .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]