한국   대만   중국   일본 
Castelo de Himeji - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Castelo de Himeji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas : 34°50′22″N 134°41′37″L  /  34.839444444444, 134.69361111111

Castelo de Himeji
O castelo en 2015, despois dos traballos de restauracion dos muros e tellados
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Pais Xapon
Localizacion Himeji , Prefectura de Hy?go
Tipo Cultural
Criterios i, iv
Inscricion 1993 (17ª sesion)
Identificador 661

O castelo de Himeji (en xapones : Himeji-jo , ?路城), tamen conecido como Hakuroj? ou Shirasagij? debido ao seu exterior branco relucente, e un complexo palaciano de 82 edificios de madeira situado na cidade de Himeji , prefectura de Hyogo , no Xapon . [ 1 ]

Este castelo e unha das estruturas mais antigas que se conservan do periodo Sengoku , esta considerado un tesouro nacional do Xapon e foi clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en decembro de 1993 . [ 2 ] Xunto co castelo de Matsumoto e o castelo de Kumamoto , e un dos "Tres castelos famosos" do Xapon e o mais visitado do pais.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Castelo de Himeji, Xapon: plano de 1761, con detalles de caminos, tramos e a sua torre central.

O castelo foi desenado e construido durante a era Nanboku-cho do periodo Muromachi . Daquela chamabase Himeyama-jo (castelo de Himeyama). En 1331 , Akamatsu Sadanori planeou un castelo na base do monte Himeji, onde Akamatsu Norimura construira o templo Shomyoji. Despois da caida de Akamatsu durante a guerra Kakitsu, o clan Yamana asumiu brevemente os planos do castelo; a familia Akamatsu regresou despois da guerra de ?nin .

En 1580 , Toyotomi Hideyoshi tomou o control do castelo mal coidado, e Kuroda Yoshitaka construiu unha torre de tres pisos. Despois da batalla de Sekigahara en 1601 , Tokugawa Ieyasu concedeu o castelo de Himeji a Ikeda Terumasa, quen levou a cabo un proxecto de expansion de nove anos que levou o castelo a sua forma actual. "So a porta leste dunha seccion da segunda muralla" sobrevive do periodo anterior [1] . As ultimas grandes incorporacions, o Western Circle, foron completadas en 1618 .

O castelo de Himeji foi un dos ultimos dominios do tozama daimy? a finais do periodo Edo . Estivo en poder dos descendentes de Sakai Tadasumi ate a Restauracion Meiji . En 1868 , o novo Goberno do Xapon enviou ao exercito de Okayama, baixo o mando dos descendentes de Ikeda Terumasa, a orde de bombardear o castelo con cartuxos baleiros e expulsar aos seus ocupantes.

Castelo de Himeji, Xapon: un esbozo cun complexo complexo de caminos e muros, que teria causado dificultades aos sitiantes que querian penetrar dentro e collelo.

Cando o sistema Han foi abolido en 1871 , o castelo foi vendido nunha poxa por 23 iens (actualmente 153 dolares). Non obstante, o custo do desmantelamento do castelo foi insignificante e, como consecuencia, o complexo quedou abandonado.

O Decimo Rexemento de Infantaria ocupou o complexo en 1874 e o Ministerio da Guerra fixose co control do mesmo en 1879 . A torre principal foi restaurada en 1910 , a un custo de 90.000 iens tomados de fondos publicos.

A cidade de Himeji foi bombardeada en 1945 , ao final da segunda guerra mundial . Ainda que a maior parte da zona circundante foi queimada ate o chan, o castelo sobreviviu ileso, con excepcion dalguns impactos das explosions proximas.

Os esforzos para restaurar o castelo comezaron en 1956 , e durante o proceso so se utilizaron equipos e metodos tradicionais, e a restauracion completouse en 1964 .

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Torre principal. Notese o tamano dos cimentos , que tinan unha funcion defensiva.

O castelo de Himeji serve como un excelente exemplo do prototipo do castelo xapones, que conten moitas das caracteristicas arquitectonicas defensivas e militares mais asociadas a estes castelos. Os altos alicerces de pedra, os muros brancos e a organizacion interna dos edificios do complexo son elementos estandar de calquera castelo dese pais, e o monumento tamen mostra moitos outros exemplos de deseno tipico xapones, incluindo a colocacion de armas e buratos para soltar pedras.

Un dos elementos defensivos mais importantes do castelo de Himeji, e quizais o mais famoso, e o confuso labirinto de caminos que conducen a fortaleza principal. As portas, muros exteriores e outros muros do complexo estan dispostos para confundir as forzas invasoras e permitir un ataque mais rapido e eficiente. A espiral ao redor do castelo, con moitos caminos sen saida, permitia observar e atacar os enimigos desde a fortaleza ao longo do seu camino de aproximacion. con todo, o castelo de Himeji nunca foi atacado deste xeito, polo que o sistema nunca foi probado.

Seccions e portas [ editar | editar a fonte ]

Vista do castelo de Himeji
Torre principal
Vista ao solpor
Vista panoramica coa cidade de Himeji ao fondo

Nishinomaru [ editar | editar a fonte ]

E un dos tramos mais famosos, ademais da torre principal, que se atopa na ala oeste do castelo. Neste sector vivia en 1615 Senhime, a filla do shogun Tokugawa Hidetada, que foi esposa durante once anos de Honda Tadatoki, ainda que a sua morte en 1626 obrigou a Senhime a regresar a Edo, a capital do shogunato.

Ainda que a maior parte da ala esta actualmente en ruinas, hai alguns pavillons en mellor estado, como o Hyakkenroka (gran corredor) e o Kesh? yagura (pavillon das mulleres); crese que este ultimo foi o salon onde se vestia Senhime.

Aburakabe [ editar | editar a fonte ]

Neste tramo, situado despois da porta Ho, os muros non son de xeso branco senon de barro , cal e grava. Crese que esta seccion foi construida na epoca de Toyotomi Hideyoshi.

Pozo de Okiku [ editar | editar a fonte ]

Este pozo esta a caron da torre Bizenmaru. Conta a lenda que nese pozo esta a pantasma dunha criada do castelo, que foi executada cando foi acusada de roubar un prato valioso.

Xardin de Koko-en [ editar | editar a fonte ]

Este parque foi reconstruido a partir das escavacions das ruinas da gran mansion da zona Oeste. A partir do citado parque reconstruironse as ruas, casas, muros de barro, a porta de Nagayamon, a porta principal da entrada do parque e, ademais, nove xardins no seu interior.

Festividades [ editar | editar a fonte ]

Anualmente dedicanse dous dias especialmente ao castelo de Himeji :

  • O Festival Kanokai (primeiro domingo de abril), no que se celebra o hanami , ou observacion de flores de cerdeira;
  • Festival do castelo de Himeji (principios de agosto), no que todo o publico pode visitar o castelo, tanto no exterior como no interior.

Cultura popular [ editar | editar a fonte ]

O castelo de Himeji aparece con frecuencia na television xaponesa. O historico Edo-jo non dispon na actualidade de fortaleza, e por iso, cando as tramas de ficcion demandan a sua representacion, como por exemplo no Abarenbo Shogun , compre recorrer a un magnifico substituto, recorrendo os produtores ao castelo de Himeji .

O castelo de Himeji foi escenario de varias producions cinematograficas e televisivas, entre elas:

No cine [ editar | editar a fonte ]

Na television [ editar | editar a fonte ]

  • 1980 - Shogun - miniserie protagonizada por Richard Chamberlain , na que o castelo de Himeji foi usado como castelo de Osaka , sen ser visto realmente desde a auga.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Viagens: Castelo de Himeji" . Viagens . Consultado o 2022-04-11 .  
  2. Centre, UNESCO World Heritage. "Himeji-jo" . UNESCO World Heritage Centre (en ingles ) . Consultado o 2022-04-11 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]