한국   대만   중국   일본 
Casa de Braganca - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Casa de Braganca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Casa de Braganza ≫)
Xoán IV de Portugal
Xoan IV de Portugal
Xoan IV de Portugal , fundador da dinastia de Braganca.
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanizacion : Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio arabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastia de Borgona
Crise de 1383-1385
Dinastia de Avis
Descubrimentos e Expansion Portuguesa
Imperio portugues
Crise sucesoria de 1580
Dinastia Filipina
Restauracion da Independencia
Dinastia de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolucion Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convencion de Evora-Monte
Revolucion de Setembro ,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneracion e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato britanico
Revolucion do 5 de outubro de 1910 e Proclamacion da Republica
Goberno Provisorio
I Republica
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolucion dos Caraveis
III Republica
Por topico
Historia militar
Historia diplomatica
Historia cultural
Categoria: Historia de Portugal

A dinastia de Braganca ou dinastia de Braganza foi unha das dinastias reinantes en Portugal desde o ano 1640 ata o ano 1910 .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Ten os seus inicios con Afonso de Portugal , Conde de Barcelos (nado en 1370 e finado en 1461 ), que era fillo natural de Xoan I o de Boa Memoria e de Ines Pires . No ano 1442 , Afonso V o Africano outorga o nobre titulo de 1º Duque de Braganca ao seu medio-tio Afonso. Entre os descendentes de Afonso I de Braganca atopabase Henrique I , que reina desde 1578 ata 1580 . A sua morte, houbo varios pretendentes e aspirantes ao trono portugues, pero tiveron de desistir ante a invasion e conquista de Portugal por parte do Rei Filipe II de Espana ( 1580 ). O Reino de Portugal quedou deste xeito incorporado e anexado a monarquia dos Habsburgo ata 1640 , ano en que o 8º duque, Xoan II de Braganca, e a sua esposa dona Luisa de Guzman , encabezan toda unha serie de ataques e conspiracions que culminan na revolucion en contra de Filipe IV de Espana no ano 1640 .

Xoan II de Braganca, que toma o nome de Xoan IV e e o primeiro rei Braganca (que reina desde 1640 ata 1656 ), segueo o seu fillo Afonso VI (que reina desde 1656 ata 1683 ). A morte de Afonso VI, sucedeo o seu irman Pedro II (que reina desde 1683 ata 1706 ). A morte de Pedro II, sucedeo o seu fillo Xoan V (que reina desde 1706 ata 1750 ).

No ano 1750 ascende ao trono Xose I (que reina desde 1750 ata 1777 ), cuxa filla Maria de Braganca (herdeira ao trono) casou co seu tio Pedro de Braganca (irman de Xose I), e ambos reinan conxuntamente como Maria I e Pedro III . Cando a invasion napoleonica de Portugal, Xoan VI (fillo de Maria I e Pedro III) retirouse para Brasil , regresando en 1821 . A morte de Xoan VI en 1826 , foi sucedido polo seu fillo Pedro IV , quen optou polo Imperio do Brasil e abdica ao trono de Portugal a favor da sua filla Maria II casada co nobre aleman Fernando de Saxonia-Coburgo-Gotha e Kohary (Fernando II), a que segue o seu fillo Pedro V (que reinou desde 1853 ata 1861 ). A pesar de seguir co apelido Braganca, a dinastia e unha rama da gran dinastia alema de Wettin (Casa de Braganca-Saxonia-Coburgo e Gotha). A morte de Pedro V no ano 1861, e sucedido por seu irman Lois I (quen reinou entre 1861 e 1889 ). Seguen a lina, Carlos I (que reinou desde 1889 ata que morreu asasinado 1908 ). A este seguiulle Lois Filipe de Braganza (rei por un dia). A Lois Filipe I, seguiuno o seu irman Manuel II , o ultimo dos Braganca, destronado pola revolucion republicana de 1910 . Tamen esta a filla bastarda de Carlos I, Maria Pia de Saxonia-Coburgo-Gotha e Braganca .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]