Canon literario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un canon literario e un conxunto de obras dotadas de autoridade dentro da literatura . Asi, cada lingua ten o seu propio canon, pero existe tamen un canon literario universal.

Historia [ editar | editar a fonte ]

O concepto ten a sua orixe no seculo IV coa Biblia , incluindo nela os libros considerados sagrados polas diversas relixions: xudia, catolica, luterana... ( canon biblico ). Con todo, xa na cultura da Grecia clasica , cara a mediados do seculo IV ANE , se consideraba como canon traxico a obra de Esquilo , Sofocles e Euripides , e nos seculos III e II ANE realizouse o canon alexandrino , realizado polos filologos Aristofanes de Bizancio e Aristarco con listas de poetas, filosofos, dramaticos, historiadores e oradores entre outros. Xa na idade media, os Padres da Igrexa crearon un canon non biblico, con autores cristians e pagans.

No renacemento , coa difusion da imprenta e as linguas vernaculas , comezaron os debates sobre a aplicacion do termo canon , aplicable as obras atribuidas lexitimamente a un autor determinado, pero tamen ao grupo de obras estimadas institucionalmente nunha determinada cultura.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Un canon literario e unha totalidade estatica pero aberta. A cononicidade dunha obra esta constituida pola sua calidade e as suas circunstancias, establecidas mediante un consenso de xeracions sucesivas de lectores e de criticos e polo grao de influencia na literatura posterior. Asi, unha determinada obra e considerada canonica se continua a ser lida e apreciada en contextos diferentes aos da sua creacion.

A hora de crear un canon literario non so intervenen circunstancias historicas como a transmision oral, os efectos da censura ou a disponibilidade das obras publicadas, senon que a formacion do canon pode estar baixo o control dunha cultura oficial. Esta oficialidade pode favorecer as obras que defenden os seus valores ideoloxicos, relixiosos ou esteticos. E por isto que os canons recibiron criticas desde certos estudos culturais e desde a critica feminista , ao entender que favorecen os homes europeos de raza branca e de clase media e alta, excluindo as escritoras e escritores doutras culturas e razas.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

  • " Canon ", definicion no Dicionario de termos literarios do CIRP .