한국   대만   중국   일본 
Codigo dos Canons das Igrexas Orientais - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Codigo dos Canons das Igrexas Orientais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Codigo dos Canons das Igrexas Orientais (en latin : Codex Canonum Ecclesiarum Orientalium , abreviado como CCEO nos documentos eclesiasticas) e o conxunto organizado de leis e normas que rexen para as Igrexas catolicas orientais . Foi promulgado polo papa Xoan Paulo II o 18 de outubro de 1990 , con aplicacion dende o 1 de outubro de 1991 .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Ao mesmo tempo que notabase a necesidade dunha coleccion da lexislacion eclesiastica na Igrexa Latina , comezouse tamen a ver a necesidade dun traballo similar para a lexislacion vencellada a liturxia e discilina nas igrexas orientais. O patriarca melquita , Gregorio II Yusif solicitou, con motivo da celebracion do Concilio Vaticano I , unha revision do dereito en vigor para esas igrexas, pero non foi posible facer isto pola oposicion existente a realizacion dun codigo separado daquel da Igrexa Latina. Enton as diferentes igrexas orientais comezaron a organizar as suas propias coleccions: a Igrexa Greco-Catolica Romanesa (dende 1872 a 1900), a Igrexa Catolica Siria (1888), a Igrexa Catolica Bizantina Rutena (1891), a Igrexa Catolica Copta (1898) e a Igrexa Catolica Armenia (1911).

Dende 1926 , logo do pulo dado anteriormente por Bieito XV coa creacion da Congregacion para as Igrexas Orientais , retomouse a idea e se solicitou ao papa Pio XI a sua realizacion. El, en 1929 , formou un consello para a elaboracion de dito codigo. O mesmo ano o consello foi elevado a "comision cardenalicia", a Commissio cardinalitia pro studiis praeparatoriis Codificationis Orientalis cun grupo de expertos e consultores. En 1935 mudou o seu nome polo de Pontificia Commissio ad Redigendum Codicem Iuris Canonici Orientalis . Pio XI quen opuxose con firmeza a idea de unificar as normas legais e deixar so a parte liturxica distinta nas Igrexas orientais, malia desexar os membros da comision empregar como base o Codigo de Dereito Canonico de 1917 .

A finais da segunda guerra mundial a comision completara un esquema con 2.666 canons, dos que 1.590 foron promulgados ate 1957 . Poren, a celebracion do Concilio Vaticano II paralizou os traballos. O problema de manter un so codigo para toda a Igrexa Catolica xurdiu novamente e durou ate 1972 , cando o papa Paulo VI formou unha nova comision, a Pontificia Commissio C.I.C. Orientali recognoscendo . Esta comision foi elaborando as diversas partes do codigo, sometendoas a revision das mesmas igrexas e das universidades pontificias. Os traballos prolongaronse ate 1988 , cando a comision entregou o texto que consideraba definitivo ao papa Xoan Paulo II , quen o aprobou e promulgou en 1990.

Deselvolvementos posteriores [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Edward Farrugia (ed), Diccionario enciclopedico del Oriente cristiano , Ediciones Monte Carmelo, Burgos 2007, ISBN 978-84-8353-087-0

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]