한국   대만   중국   일본 
Byte - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Byte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un byte (pronunciado "bait") ou octeto e un dos tipos de datos usados en computacion para especificar o tamano ou cantidade da memoria ou da capacidade de almacenamento dun computador. Normalmente corresponde con 8 bits (vexanse detalles mais embaixo).

Significados [ editar | editar a fonte ]

A palabra byte ten varios significados, todos proximos entre si:

  • Unha secuencia contigua dun numero fixo de bits . Nos computadores modernos, un byte consta de 8 bits, ou octeto . Alguns modelos mais antigos usaron bytes de 6, 7 ou 9 bits.

Un byte e sempre atomico no sistema, o que significa que e a mais pequena unidade de memoria enderezable (a que se pode acceder directamente). Un byte de 8 bits pode conter 256 valores posibles (2 8 = 256) ? o suficiente para almacenar ben un enteiro sen sinal entre 0 e 255, ben un enteiro con sinal entre -128 e 127 ou ben un caracter de 7 bits (tal como a ASCII ) ou 8 bits.

  • Unha secuencia contigua de bits que constitue un sub-campo dunha secuencia mais longa chamada word .
  • Un tipo de dados en certas linguaxes de programacion . O C , por exemplo, define o byte como sinonimo de unsigned char ? un tipo de dados enteiro capaz de almacenar polo menos 256 valores diferentes.

Outras designacions [ editar | editar a fonte ]

O byte de 8 bits tamen se chama octeto , especialmente no contexto de redes de computadores e telecomunicacions , reflectindo a cantidade de bits que ten.

A metade dun byte (4 bits), daselle o nome de nibble ou semioctecto.

Cantidades [ editar | editar a fonte ]

Os prefixos quilo- , mega- -, xiga- etc. consideranse potencias de 1024 no canto de potencias de 1000. Isto e asi porque 1024 e a potencia de 2 (2 10 ) mais preto de 1000. Utilizase unha potencia de 2 porque se traballa nun sistema binario .

Nome Abrev. Factor Tamano no SI
quilo k 2 10 = 1024 10 3 = 1000
mega M 2 20 = 1 048 576 10 6 = 1 000 000
xiga G 2 30 = 1 073 741 824 10 9 = 1 000 000 000
tera T 2 40 = 1 099 511 627 776 10 12 = 1 000 000 000 000
peta P 2 50 = 1 125 899 906 842 624 10 15 = 1 000 000 000 000 000
hexa E 2 60 = 1 152 921 504 606 846 976 10 18 = 1 000 000 000 000 000 000
zetta Z 2 70 = 1 180 591 620 717 411 303 424 10 21 = 1 000 000 000 000 000 000 000
yotta Y 2 80 = 1 208 925 819 614 629 174 706 176 10 24 = 1 000 000 000 000 000 000 000 000
bronto B 2 90 = 1024 Yottabytes 10 27 = 1 000 000 000 000 000 000 000  000

No 1998 creouse un novo sistema de prefixos para denotar multiplos binarios pola IEC . Oficialmente, o patron IEC especifica que os prefixos do SI usaranse so para multiplos en base 10 e xamais en base 2 .

Novo patron de prefixos IEC
Nome Abrev. Factor
quibi Ki 2 10 = 1024
mebi Mi 2 20 = 1 048 576
gibi Gi 2 30 = 1 073 741 824
tebi Ti 2 40 = 1 099 511 627 776
pebi Pi 2 50 = 1 125 899 906 842 624
exbi Ei 2 60 = 1 152 921 504 606 846 976

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]